"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Escritor. De entre as súas obras salientan o Canzoniere (Cancioneiro, 1544) e as duascentas catorce Novelle (Novas, 1554-1573), cada unha precedida por cadansúa carta dedicatoria, que permite o coñecemento de detalles da vida de personaxes da época, na liña de Bocaccio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na cidade da Coruña. Apareceu en 1855 e cesou ao ano e medio. Entre os seus redactores figuraban Abelardo Carballo, Antonio de San Martín e N. Rúa Figueroa. O seu impresor era Timoteo Pombo. Destacaba no seu formato a marca dobre holandesa con gravados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal santiagués que apareceu en 1887 baixo a dirección de Andrés Rey Varela, quen figuraba tamén como fundador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Continxente militar creado en xullo de 1936, organizado e dirixido polo comandante Barja de Quiroga. A pretensión deste continxente era a de alistar soldados na retagarda galega e, unha vez conformado o grupo, fornecer o exército sublevado que combatía a II República. En agosto do ano 1936 saíron para a fronte.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anarquista, de periodicidade bimensual, editada na Coruña entre maio e setembro de 1888. Defendía os intereses dos obreiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente nacionalista ucraíno. Foi cofundador, en 1929, da Organización de Nacionalistas Ucraínos (OUN), nos territorios ucraínos unidos a Polonia en 1919, da que se converteu en presidente. En 1936 o goberno polaco condenouno a prisión perpetua. Ao caer Polonia en 1939, puido fuxir e reorganizar as actividades do OUN e en 1941 converteuse en presidente xeral. Decidiu estender as actividades da organización polos territorios ucraínos da Unión Soviética, onde o 30 de xuño se proclamou o restablecemento da independencia. Detido pola Gestapo, negouse a colaborar cos nazis, fuxiu cara aos territorios aliados e dirixiu dende alí o Exército Ucraíno de Resistencia (UPA). Morreu asasinado polo axente da KGB Bohdan Stacinskuj.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Antonio Domínguez Banderas.
-
-
Bastón de sete a oito decímetros de longo, ornado con bandeirolas ou tiras de papel, cunha lingüeta de ferro nun extremo que os toureiros cravan de dous en dous (unha con cada man) no lombo do touro.
-
Aperitivo elaborado con ingredientes diversos (olivas sen óso e enchidas, pemento morrón, cogombros, anchoas, queixo, etc) todos eles suxeitos cun paociño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha cuadrilla taurina encargado de cravar banderillas.
-
-
Recipiente plano e algo cóncavo de formas distintas (circular, cadrado, rectangular, etc) que pode estar realizado en diversos materiais (metal, plástico, madeira prensada, etc) que se emprega no servizo de bebidas, alimentos, cartas, etc.
-
Peza plana e movible colocada en posición horizontal que serve para tapar unha cavidade e soportar obxectos.
-
Prato no que se bota a esmola nas igrexas.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘un tipo de encaixe que ten forma oval e se emprega para enfeitar mobles’.
-
Obxecto de plástico, metal ou doutros materiais que se emprega en aparellos como escáneres, impresoras ou fotocopiadoras, para introducir neles de xeito automático follas de papel ou plástico que serán reproducidas por diferentes medios ou que servirán para reproducir outros documentos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa da mitoloxía galega que intercedía nas batallas entre os celtas.
-
-
-
Condición de bandido.
-
Actuación de quen, afastándose dunha vida social normal, se dedica ao roubo, ao furto, a atentar contra as persoas e a outros actos de carácter delitivo, a miúdo formando unha banda armada cun propósito de actuación común baixo a dirección dun xefe. Os actos de bandidaxe constitúen, de xeito individual, delitos castigados polo código penal, e tamén existen lexislacións penais que castigan especificamente a bandidaxe como actuación de conxunto. Algunhas ordenacións xurídicas tipifican como tal certas actuacións con motivacións políticas ou sociais.
-
-
Acción criminal.
-
Práctica realizada polos bandidos, fuxitivos da xustiza, que eran perseguidos polo bando por actuar contra a lei e contra a comunidade. Desterrados da vila, quedaban obrigados a botarse ao monte, castigo que aparece nos expedientes de prisión xa dende o s XIII. A súa conduta violenta e criminal, que os diferenciaba dos bandoleiros, facía que a poboación os vise con malos ollos, conceptualizándoos como vulgares ladróns, sen bagaxe moral nin valores de convivencia, políticos ou relixiosos.
-
-
-
Fuxitivo da xustiza reclamado por bando.
-
Persoa que rouba, mata ou comete actos delitivos, polo xeral en lugares despoboados. SIN: bandoleiro.
-
Persoa que obra con astucia ou que se serve do engano e da estafa para aproveitarse dos demais, aínda que non o faga á marxe da lei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Die Räuben.
-
PERSOEIRO
Patriota liberal. Xunto co seu irmán Emilio (1819 - 1844), oficiais ambos da mariña austríaca, fundaron unha sociedade secreta, a Esperia, que entrou en contacto coa Giovane Italia de Mazzini. Descuberto o seu proselitismo entre os mariñeiros italianos enrolados na armada austríaca, e o intento de apoderarse dunha fragata, desertaron e dende Corfú pasaron a Italia con diversos compañeiros para alentar a revolta que estalara en Calabria. Foron aprisionados e fusilados en Calabria, onde foran para capitanear unha revolta. Este feito conmoveu a todos os medios liberais de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e doutor en Historia, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela de Lingua e Literatura latinas. Nos anos vinte escribiu varios artigos para a revista franciscana Archivo Ibero-Americano sobre temas relixiosos. O seu traballo Los Arzobispos de Santiago y la Universidad Compostelana (1926) recibiu o Premio da Federación de Estudiantes Católicos de Santiago de Compostela no ano 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Foi protexido dos Medici. Celoso de Michelangelo, en 1534 conseguiu que o seu grupo Hercules e Cacus se colocase á beira do seu David, diante do Pazo da Signoria de Florencia. Os baixorrelevos de mármore do coro do duomo florentino (1555-1557), dunha gran calidade, son a súa mellor obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Balkesir, Turquía, na beira do mar de Mármara (77.200 h [1990]). Correspóndese coa cidade grega de Cízico.
VER O DETALLE DO TERMO