"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Facer restras de allos, cebolas ou outros bulbos facendo trenzas entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor de probable orixe francesa. Activo en Castela,   o redor de 1240 dirixiu as obras da catedral de Burgos, onde traballou na porta da Coronería e no grupo da Anunciación. Atribúenselle os trazos da catedral de León (1255?), onde esculpiu a Virxe Branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter educativo aparecida en Vigo en 1927. Cesou a súa edición en 1936. Coordinada por Apolinar Torres, incluíuse xunto ao xornal vigués El Pueblo Gallego. Contou coa colaboración de Víctor Fráiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter un terreo o seu límite con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entreventá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, integrado por unhas 35 especies de dimensións moi pequenas, con alas anteriores moi estreitas e antenas moi finas. As eirugas aliméntanse de materiais vexetais secos ou animais en descomposición. A especie E. elutella, duns 16-18 mm de envergadura e cor gris, aparece no verán no interior das casas, e a súa eiruga ataca o pan, as froitas secas e tamén o papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política demócrata cristiá que se presentou ás eleccións xerais de 1977. Nos inicios da transición política española, a democracia cristiá estivo dividida entre os partidarios de José María Gil Robles, membros da Federación Popular Democrática, e os de Joaquín Ruiz Giménez, vinculados á Izquierda Democrática. En xaneiro de 1976 celebrouse a primeira asemblea da formación en Madrid, xuntanza á que, xunto a estes dous partidos, acudiron representantes da Unión Democrática Galega, do Partido Nacionalista Vasco, da Unió Democrática do País Valencià e da Unió Democrática de Catalunya. O grupo contou co recoñecemento da Unión Europea Demócrata Cristiana. En marzo de 1977 produciuse a fusión definitiva dos grupos de Gil Robles e Ruiz Giménez e a consolidación do Equipo en todo o territorio estatal. En outubro dese mesmo ano incorporouse ao Partido Popular Galego (PPG). Posteriormente, a evolución do Equipo estivo caracterizada pola súa incapacidade para aceptar ás nacionalidades periféricas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo teatral estreado pola Escola Dramática Galega na Coruña en maio de 1982, na Sala Luís Seoane, e que chegou a realizar 33 funcións por toda Galicia. Foi creado a partir do texto de Oscar Wilde, The Importance of Being Ernest, con dirección de Miguel Pérez Romero, autor igualmente da versión para o galego. Actuaban J. Fernando Martínez, Celestino Hermida, Paco R. Campos, Elina Luaces, Carmina García, Candi García, Irene Canosa, Ana Bouza, Salvador Ramos e Teresa Castro, responsable tamén do vestiario e da escenografía. O espectáculo destacou pola axilidade das situacións e dos diálogos, segundo unha liña marcada polo propio Wilde, cun ritmo axeitado e unha acción trepidante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante de Ernesto/Ernesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos en 1594.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica. Presenta as variantes Ernestino/ Ernestina. Entre as variantes xermánicas primitivas que se recollen, cómpre destacar Ernist, Arnost, Ernest (latinizado en Ernestus) ou Ernust, a forma máis antiga (s VIII), que se identifica co substantivo común antigo altoalemán ernust ‘batalla, combate’. Santo Ernesto, abade do mosteiro de Zwiefalten (Württemburg), celébrase o 7 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e físico francés. Astrónomo no Observatorio de Bordeos (1905), foi nomeado profesor da facultade de Ciencias de Estrasburgo (1919) e director do Observatorio de París (1929). Investigou, no eido da física, as ondas infrasónicas e os campos gravitatorios, no das matemáticas, as funcións case periódicas, e, no da astronomía, a refracción atmosférica e os cometas. Ademais estudiou as condicións nas que un astronauta pode ser liberado da gravidade terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada e dirixida por Joan Bardina i Castarà para suplir as deficiencias do ensino normal oficial. Inspirada nas ideas pedagóxicas da escola nova e seguindo o plan oficial de estudios, ofreceu ademais unha educación integral ao longo dos seus anos de funcionamento (1906-1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade decenal aparecida en Ourense en 1911. Dirixida por Heliodoro Iglesias, incluía información educativa de interese para os mestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración publicada o 19 de setembro de 1868 ao inicio da Revolución Gloriosa. Redactada por Adelardo López de Ayala e asinada por J. Prim, J. B. Topete e F. Serrano, entre outros, debe a súa denominación á expresión “Viva España con honra”, citada no texto. Expúñanse os principais motivos e fins do movemento revolucionario, como a recuperación da soberanía nacional, a creación dun goberno provisional e a implantación do sufraxio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De orixe románica, da primitiva construción conserva a ábsida rectangular. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. Posúe canzorros e algúns perpiaños mostran signos lapidarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Madagascar, situado ao N, na provincia de Antsiranana, no Océano Índico.

    VER O DETALLE DO TERMO