"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • tetracloroetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, empresario e presidente do Real Madrid. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid, na que impartiu clase como profesor de Fundamentos físicos das técnicas. En 1979 comeza carreira política afiliándose a UCD e obtendo diversos postos no concello de Madrid e no Ministerio de Turismo, Transporte e Comunicacións. En 1993 é nomeado presidente de OCP Construcciones SA. No ano 1994 presentouse por primeira vez ás eleccións á Presidencia do Real Madrid, aínda que non o conseguiu ata xullo de 2000, cando derrotou Lorenzo Sanz e foi reelixido en 2004. Os seus obxectivos nesta etapa foron mellorar as instalacións do Santiago Bernabeu e aumentar os ingresos procedentes do estadio, converter ao Real Madrid nun dos clubes mais ricos do mundo e fichar estrelas como Figo, Zidane, Beckham, ou Ronaldo. Nesta época o equipo gañou as ligas do 2001 e 2003 e a Copa de Europa do 2002, entre outras. En febreiro do 2006 Pérez dimitiu do Real Madrid, que non gañaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi sacerdote e estudou música en Milán e Ratisbona. Mestre director da Capela Sistina (1915-1917), contribuíu á reforma da música eclesiástica decretada polo Papa Pío X (1903). Escribiu oratorios, como a Passione de Marcos (1897), e unhas 25 misas, en que mestura canto, polifonía e orquestración moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Tradutor de Astérix, de Goscinny, e de clásicos como Madame Bovary (1994), de G. Flaubert, e Vermello e negro (1996), de Stendhal, publicou Servicio feudal e trobadorismo (1982), Am’eu e trobo e servh’, a mays poder: en torno ao vocabulario feudal trobadorismo galego-portugués (1986) e Fición poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa (1987) e, en colaboración, dos manuais O realismo (2003), O movemento romántico (2003) e Simbolismo e modernismo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Piero di Cosimo, foi discípulo de Cosimo Rosselli e colaborador seu en Roma na decoración da Capela Sistina (1481). Traballou en Florencia, onde recibiu a influencia de Leonardo da Vinci, L. Signorelli, Rafael e H. van der Goes. Cultivou temas mitolóxicos (Il ritrovamento di Vulcano a Limnos, Il mito di Prometeo) e escenas relixiosas (Madonna col bambino), dun linealismo e dunha masa cromática case naifs. Os seus retratos (Giuliano da Sangallo, Simonetta Vespuci) representan a síntese do positivismo florentino e da vivacidade flamenga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección do píloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao píloro.

    2. Que se localiza na rexión do píloro.

    3. Cada un dos cegos presentes nos peixes, na rexión situada entre o estómago e o duodeno, e que poden chegar a ser moi numerosos. Ás veces este conxunto de cegos forma unha masa compacta de tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio que comunica o estómago co duodeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do píloro, que consiste en separar lonxitudinalmente, por incisión, unha estreiteza pilórica e despois practicarlle transversalmente unha sutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Catedrático de Cirurxía Oftalmolóxica no Hospital Clínico e Provincial da Universitat de Barcelona, e membro do Consello Europeo de Oftalmoloxía, exerceu como xefe do servizo de Oftalmoloxía no Hospital Xeral de Galicia. Interesado polas alteracións retinianas, foi o introdutor do láser Excimer en España, que ofreceu importantes vantaxes á cirurxía da córnea. Colaborador de diversas publicacións especializadas, é autor de Contribución personal al conocimiento de la retinopatía de la hipertensión arterial (1971) e coautor dos libros El herpes simplex ocular (1990), Ojo seco (1993), Síndrome de sequedad ocular (1993) e do Dicionario terminológico de oftalmología (1994). Membro da Real Academia de Medicina de Galicia, recibiu, entre outros, o premio extraordinario da Fundación Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Tras estudar filosofía e letras en Bos Aires e pintura, trasladouse a París (1960-1964) onde estudou historia da relixión e literatura francesa en La Sorbonne, ademais de realizar traducións e escribir poemas e críticas en varios diarios e revistas. A súa poesía xorde dunha absoluta introspección ante unha vida que a superaba; a soidade, o silencio e a linguaxe son referencias constantes na súa obra. Da súa produción destacan La tierra más ajena (1955), Los trabajos y las noches (1965), Extracción de la piedra de la locura (1968) e El infierno musical (1971), así como o seu traballo en prosa La condesa sangrienta (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia termoplástica obtida por polimerización do cloruro de vinilideno (CH2=CCl2) ou do dicloroetileno (CHCL=CHCL), que se caracteriza pola súa resistencia á calor e a súa impermeabilidade ao vapor de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina sintética que se obtén da polimerización do cloruro de vinilo. Emprégase moito porque é económico, fácil de fabricar, incombustible e resistente á humidade e aos axentes químicos. Obtense industrialmente por polimerización en suspensión do monómero, empregando como iniciador un peróxido orgánico. Emprégase na fabricación de tubos, materiais para a construción, etc, e ten como inconveniente nestas aplicacións a súa inestabilidade térmica e un elevado coeficiente de dilatación. En forma plastificada, na que carece de flexibilidade, aplícase na impermeabilización de tecidos, como illante eléctrico e na preparación de películas, láminas e escumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina sintética que se obtén por polimerización do 2-cloro-1,3-butadieno (cloropreno), empregando peróxidos como iniciadores. Está constituído por unións 1,4 e ten unha estereoquímica principalmente trans respecto ao seu dobre enlace. OBS: Coñécese comercialmente como neopreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poli(cloruro de vinilideno).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libretista veneciano. De nome Emanuele Conegliano e de orixe xudía, levou unha vida axitada e fuxiu a Viena, onde colaborou con W. A. Mozart, para quen escribiu os libretos de Le nozze de Figaro (1786), Don Giovanni (1787) e Cosi fan tutte (1790). Na capital austríaca foi poeta oficial da corte do Emperador Xosé II. Pasou a Londres e fuxiu máis tarde a Nova York (1805), onde introduciu a ópera italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘teta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Profesor emérito da Universidad Politécnica de Madrid, realizou numerosos pontes e viadutos. Das súas obras destacan as pontes e viadutos da autoestrada Villalba-Villacastín-Adanero, a ponte sobre a ría de Cubas en Santander, os viadutos sobre o Ril en La Fuente del Azufre; a ponte de Rande e os seus accesos na ría de Vigo, e a ponte da Barqueta para a Expo’92 en Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolores Fernández Pradera.

    VER O DETALLE DO TERMO