"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes óseos da familia dos melanostomiátidos. En Galicia está presente a especie L. gladiator, de corpo alongado e barbela mandibular que presenta un ou dous filamentos na base, e unha única aleta dorsal pequena, no extremo do corpo, ao lado da cola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica da substancia branca do cerebro.
-
GALICIA
Pintor e escritor. Dedicouse á avogacía e ao ensino. Realizou paisaxes e colaborou en diversas publicacións especializadas en artes plásticas. En 1954 fundou a Asociación de Artistas Ferrolanos. Escribiu Bello Piñeiro y su tiempo: ensayo en torno a una figura y a una época de la pintura gallega (1969), Pintura ferrolana (1987), En torno a Pablo Iglesias (1995) e Xacobe e Prisciliano (1997). Pertenceu á Real Academia Galega e á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leccionario na liturxia romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico de espectro reducido, que actúa fundamentalmente sobre bacterias Gram-positivas e bacterias anaeróbicas. A súa acción é predominantemente bactericida. A lincomicina foi o primeiro antibiótico que se descubriu das lincosamidas (grupo de antibiótios), illándose de cepas de Streptomyces licolnensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno que se forma no tecido muscular liso. É frecuente no estómago, esófago, útero e aparato renal.
-
-
Arte de pintar sobre pedra.
-
cromolitografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extracción dun cálculo mediante unha incisión feita na vexiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á litotomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xeral que recibe a extirpación cirúrxica dun lobo.
-
GALICIA
Político e sindicalista. Iniciou a súa actividade política como membro de Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA) e formou parte do Sindicato Galego de Traballadores do Mar (INTG). Membro do consello nacional do BNG, foi secretario xeral de Galiza Nova (1992-1996). Foi deputado no Parlamento de Galicia na IV, V e VI (desde 1996) lexislaturas polo BNG.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sección cirúrxica dun lobo.
-
Técnica en desuso que consistía en seccionar as fibras nerviosas que unen a cortiza cerebral prefrontal coas formacións nerviosas da base do cerebro, co fin de corrixir certos trastornos mentais.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución docente británica, fundada en Londres en 1895 por Sidney Webb. Desde 1900 ten categoría de facultade universitaria, dependente da University of London. As súas achegas científicas están recollidas en numerosas publicacións, entre as que destaca Economica (1921). Dela depende o Center for Labour Economics (1974).
-
PERSOEIRO
Militar e político. Uniuse ao pronunciamento de O’Donnell (1854), loitou en Marrocos (1859-1860) onde acadou o grao de coronel, e en 1868 apoiou o seu tío, o xeneral Serrano, na Revolución de Setembro. Deputado nas Cortes de 1869 e axudante militar de Amadeo I, foi xefe do exército do N que loitou contra os carlistas e os cantonalistas de Cartagena (1873-1874). Foi xefe do Partido Liberal-Fusionista despois da Restauración e, rehabilitado posteriormente, ministro da Guerra (1883, 1892-1895 e 1906) e presidente do goberno (1906). Publicou Cartagena. Memorias y comentarios sobre el sitio... (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador e escritor. Colaborou en diversas revistas de banda deseñada, como Can sen dono e Golfiño, labor que compaxinou coa ilustración de libros como A Galiña Azul (1991), de Carlos Casares, Gatto Tigrato e Miss Rondinela (1991), de Jorge Amado, Nace un campión (1993), de Úrsula Heinze, e O avó é sabio (2002), de Fina Casalderrey. Da súa autoría destacan Voces na lagoa do espantallo (1990), Baile de colores (1992) e Teodomiro xoga con dragóns (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano galego. Foi examinador sinodal do arcebispado de Toledo, pai da provincia de Santiago e comisario xeral das Provincias das Indias Occidentais. Publicou Discussio theologica super definibilitate proxima Mysterii Inmaculatae Conceptionis Deigenitricis (1733), onde expuxo doutrinas que despois defendeu Pío IX.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.
-
Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente á loxodromía.
-
Táboas que serven para calcular a vía seguida por un barco. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento dominicano situado en Lugo. Fundado no derradeiro terzo do s XIII, aínda que a construción da igrexa se iniciou en 1303. En 1840 instaláronse as Agostiñas. A igrexa é gótica de planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas. A nave ten cinco tramos e reformouse no s XVII. Destaca a cúpula peraltada da sancristía. En 1642 construíuse o claustro en estilo barroco.