"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes da familia das onagráceas ao que pertence a herba dos encantos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertence a aguia albela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á rexión mariña situada por debaixo da infralitoral, a partir dos 30-40 m de profundidade.
-
REXIÓNS
Rexión de Rusia situada entre o Mar Negro, o val do río Kuban’ e o Gran Cáucaso. Comprende as Repúblicas dos Karachas e dos Cherkeses, a República de Adiguesia e a República dos Kabardíns e dos Balkares. De terras negras moi fértiles, a súa economía baséase principalmente na agricultura. Malia que foi conquistada polos romanos (s I a C), a súa influencia foi moi feble. No s V conquistárona os persas, e no s XVI, Timor-Lang (Tamerlán). A parte oriental quedou baixo o dominio de Crimea ata 1774, ano no que a soberanía pasou a Rusia, que obtivo o dominio total en 1825. Despois de duras campañas, Rusia conquistou a rexión occidental en 1864.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo circasiano.
-
Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Convertidos ao Islam dende o s XVII, mantiveron enfrontamentos contra a dominación rusa ata o seu sometemento no 1864. Coa perda de boa parte do seu territorio, parte da poboación emigrou a outros lugares do Imperio Otomano (as actuais Turquía e Siria). Os circasianos están repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares (circasianos orientais ou kabardíns), de Adiguesia (circasianos occidentais ou adiguesos) e dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria. Practican a agricultura e a gandería, e destacan na confección de tecidos de la. Viven agrupados en poboados (psukho), organizados en tribos compostas de familias patriarcais e sometidos a unha estrutura de goberno complexa e estratificada, que ten como cabeza suprema o valí. A escravitude mantívose ata épocas recentes e son maioritariamente musulmáns.
-
Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maga, filla do Sol e de Perse, que habitaba na mítica illa de Ea, localizada en Circeo (Italia). Segundo a Odisea, tranformou en porcos os compañeiros de Ulises, pero este liberounos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao circo.
-
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Taškent, Uzbekistán, no val do río Čirčik, afluente do Sir Daria (158.400 h [1991]). Foi fundada en 1935, cando se construíu a central hidroeléctrica no río Čirčik.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación do Compás.
-
-
Aplícase á persoa recta, firme e decidida no cumprimento dos seus deberes e obrigas.
-
Aplícase ao tecido, corda ou material semellante que se mantén estirado e firme sen posibilidade de dobrarse ou rachar.
-
Aplícase á persoa animosa e decidida.
-
Que funciona con normalidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto construtivista publicado en Londres en 1937 subtitulado “International Survey of Construtive Art” (Perspectiva internacional da arte construtiva). Foi redactado por Leslie Martin, Ben Nicholson e Naum Gabo. Ideado como un almanaque, Naum Gabo escribiu o editorial titulado “The Construtive Idea in Art” (A idea construtiva na arte). Contén textos, entre outros, de Piet Mondrian, Moholy-Nagy, Hepworth e Le Corbusier, e ilustracións de Malevich, Lissitzky e Pevsner, entre outros.
-
-
Edificio da antiga Roma dedicado ao espectáculo de carreiras de carros lixeiros. Estaba formado por un rectángulo alongado (arena) dividido, en sentido lonxitudinal, por un muro baixo (spina) decorado con obeliscos, estatuas, etc, e tres sinais cónicos (meta) que marcaban a fin da carreira. Dos costados menores, un tiña forma semicircular, e o outro estaba lixeiramente centrado. Arredor estaban as bancadas; nun lado, o lugar para os carros e cabalos (carceres), e noutro, a porta principal (porta triumphalis) coa tribuna presidencial. A maioría dos circos romanos non se conservan en bo estado, moitas das súas características coñécense a través das descricións literarias e polas representacións figuradas, sobre todo en mosaicos. Moitos deles foron construídos durante a época imperial. En Roma destacaron o Circo Máximo, baixo o Palatino, o de Calígula, no Vaticano, e o de Maxencio. Os catro ou oito carros que tomaban parte nas carreiras, tirados...
-
-
Local fixo ou ambulante, con bancadas circulares para os espectadores, cun espazo circular no medio, ou máis dun, onde se executa un espectáculo no que se inclúe, ademais de exercicios ecuestres, exercicios de audacia, pantomimas, manifestacións de music-hall, maxia e exhibicións de feras adestradas ou actuacións de pallasos.
Evolución do circo
As orixes
O circo moderno apareceu en Inglaterra (1768) coas primeiras exhibicións do xinete Philip Astley, que en 1779 inaugurou o Astley’s Royal Amphitheater of Arts que competía co Royal Circus. Astley montou en 1783 un circo en París, que pasou a ser dirixido por Antonio Franconi. Baixo a dirección de Franconi, os espectáculos ecuestres acadaron a súa máxima popularidade. A estes, Astley uniulles un grupo de acróbatas sobre unha corda e de saltadores, os Ferzi, que dotaban o espectáculo de variedade. Máis tarde sumáronse varios pallasos, que introducían o elemento cómico que tanto lle gustaba... -
Conxunto de exercicios executados nun espectáculo circense.
-
Conxunto de artistas e elementos que forman parte do espectáculo circense.
-
-
Figura con forma de circunferencia.
-
Luz que rodea a Lúa ou o Sol. OBS: Tamén se denomina circo da Lúa ou circo do Sol. Na tradición oral recóllense ditos como: “Circo na Lúa, lagoa dura; circo no Sol, lagoa mol. O circo da Lúa, a lameira enxuga. O circo da Lúa, nunca trai moita chuvia. O circo da Lúa, ao pastor enxuga, aos tres días non hai chuvia. O circo do Sol, molla ao pastor; o da Lúa, ou o molla, ou o enxuga”.
-
Situación confusa e de desorde. Ex: Vaia circo que teñen feito os rapaces no seu cuarto!
-
arco da vella.
-
Forma erosiva do relevo, resultado da acción glaciaria. Presenta unha forma de conca semicircular, dominada por paredes abruptas. A súa orixe foi moi discutida. Para os antiglaciaristas, é a adaptación, polo xeo, de concas de recepción torrenciais. Para os glaciaristas, en cambio, a súa orixe está na sobreescavación da rocha por procesos alternantes de conxelación e fusión, en función da alternancia das condicións climáticas. Co aumento do glaciar e do transporte de derrubas no xeo, produciuse a corrosión do fondo do circo, que, se non está cuberto de moreas, presenta unha forma pulida característica. En ocasións, estes circos presentan unha barra rochosa na súa boca que acentúa a forma de conca e permite a formación de lagos no seu interior, cando xa desapareceron os glaciares.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de circonio, de fórmula ZrSiO4. Cristaliza no sistema tetragonal. Ten unha dureza de 7,5 e unha densidade de 4,6-4,7. Normalmente é de cor marrón ou avermellada, pero tamén pode ser incoloro, gris, verde ou violeta. Algunhas destas variedades empréganse en xoiería.
-
-
Denominación xenérica dos anións poliatómicos hipotéticos que conteñen o circonio como átomo central.
-
Denominación xenérica, non recomendada pola IUPAC, de diversos óxidos dobres. Teñen as fórmulas xerais M 2 <H>I </H>ZrO 3 , M 2 <H>II</H> ZrO 4 e M 2 <H>I</H> Zr 2 O 5 . Obtéñense por reacción, a temperatura elevada, de óxidos, hidróxidos ou nitratos de circonio e os correspondentes compostos doutro metal, nos que non existen ións de circonato discretos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está totalmente rodeado por algunha cousa.
-
-
Relativo ou pertencente ao circonio.
-
Que contén circonio.
-
-
-
Elemento metálico da segunda serie de transición, de número atómico 40, que pertence ao grupo IVB da táboa periódica. Está constituído por unha mestura de cinco isótopos, con masas de 90 (51,46%), 91 (11,23%), 92 (17,11%), 94 (17,40%) e 96 (2,80%), que determinan un peso atómico de 91,22. Descubriuno N. H. Klaproth en 1789 e no ano 1824 J. J. Berzelius illouno en forma relativamente pura. É o décimo quinto elemento máis abundante da codia terrestre, da que constitúe o 0,015% en peso. Tamén abunda nas estrelas de tipo S e na Lúa. Os seus minerais máis importantes son a baddeleyita (ZrO 2 ) e o circón (ZrSiO 4 ). O 96 Zr é radioactivo, cunha vida media superior a 3,6x10 17 anos. Ademais coñécense quince radioisótopos artificiais; entre estes, o 95 Zr, cunha vida media de 63 días, emprégase como marcador. A obtención do metal realízase a partir do tetracloruro (ZrCl 4 ) mediante o procedemento de Kroll. Os minerais transfórmanse...
-
Pos cristalinos brancos, duros e pesados, quimicamente moi inertes, que funden a 2.700°C. Atópase na natureza como baddeleyita e ten aplicación como refractario dunha gran resistencia térmica, como pigmento, nas industrias da cerámica e do vidro, e como abrasivo.
-
-
-
-
Itinerario, xeralmente fixado de antemán, que volve ao punto de saída. Ex: A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade.
-
Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira deportiva (de automobilismo, de atletismo, de ciclismo, de equitación ou doutros deportes), xeralmente pechado e a miúdo construído expresamente.
-
circuíto de espera
Traxectoria que efectúa unha aeronave a unha altura constante enriba dun aeroporto mentres espera ter unha pista libre para aterrar.
-
-
Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa. Ex: Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto.
-
-
circuíto integrado
Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados permanentemente e que forman un determinado circuíto miniaturizado, capaz de desenvolver as mesmas funcións ca un circuíto electrónico convencional. Nun circuíto integrado, os compoñentes activos (transistores, etc) e os pasivos (resistencias, condensadores, etc) están integrados dentro dun mesmo elemento ou soporte, chamado substrato, xeralmente de silicio. Os compostos dos grupos III-V (arseniuro de galio, fosfuro de galio, etc) empréganse en circuítos de alta velocidade e optoelectrónica. Nalgúns casos empréganse tamén substratos illantes como o zafiro. Segundo o proceso de fabricación, hai diferentes tipos de circuítos integrados. Os circuítos monolíticos fabrícanse de maneira que todos os elementos se forman sobre un substrato e as diversas zonas se someten a diferentes procesos de difusión ou de implantación iónica de substancias dopadoras. Os circuítos integrados híbridos fabrícanse...
-
circuíto lóxico
Dispositivo electrónico que efectúa unha determinada operación lóxica. Pode ser un circuíto electrónico discreto, aínda que actualmente son integrados. Os circuítos lóxicos son os elementos básicos dos sistemas automáticos de conmutación, combinatorios ou ben secuenciais. Un circuíto lóxico posúe diversas entradas e unha saída que dá o resultado da operación efectuada cos sinais aplicados ás entradas. Os sinais, codificados de forma binaria (con valores 0, 1) atribúense convencionalmente a dous niveis de tensión. As funcións lóxicas básicas son: NOT correspondente á negación, OR correspondente á reunión, AND correspondente á intersección, e as funcións complementarias NOR e NAND. Un circuíto que realiza unha destas funcións chámase porta lóxica. Coa combinación de portas lóxicas conséguense os circuítos combinatorios, nos que o sinal de saída soamente depende do valor das entradas. Nos circuítos secuenciais, a saída depende, ademais, do valor que tiña nun instante...
-
circuíto magnético
Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior. Unha parte importante dun circuíto magnético adoita estar constituída por unha substancia ferromagnética, e en moitos casos por entreferros. O comportamento dun circuíto magnético vén dado pola lei de Hopkinson.
-
circuíto oscilante
Circuíto que posúe unha indutancia L e unha capacidade C determinadas, e unha resistencia R moi pequena, capaz de producir oscilacións eléctricas a unha frecuencia que depende dos valores de R, L e C. Esta frecuencia vén dada pola fórmula
FORMULA
e é aproximadamente igual á da resonancia f 0 cando R é pequena. -
...
-
circuíto integrado
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado por algúns retóricos latinos á perífrase ou circunlocución.