"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor. Iniciou a súa formación artística na Escola de Debuxo da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. En 1829 ingresou na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi discípulo de Vicente López. Regresou a Santiago de Compostela en 1834 e obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedad Económica de Amigos del País. O seu estilo caracterízase por un naturalismo cheo de detalles que o levou ao romanticismo. Cultivou a temática mitolóxica en Diana cazadora; a relixiosa en A Dolorosa e Ecce Homo, realizados para o retablo da desaparecida capela da Soidade da catedral compostelá; e o retrato en Vicente López e Don Lope Gómez de Marzoa. Publicou dúas obras de divulgación pedagóxica tituladas Definiciones de las líneas y figuras geométricas (1859) e Tratado de los cinco órdenes de arquitectura de Vignola, para uso de los jóvenes dedicados al dibujo lineal (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Formouse primeiramente en Santiago de Compostela e, en 1927, emigrou ao Uruguay, onde acadou a licenciatura en Medicina (1946). Foi xefe do laboratorio de otorrinolaringoloxía da facultade de Medicina de Montevideo e do de bacterioloxía do Instituto de Tisología. Exerceu tamén como médico da Casa de Galicia de Montevideo e, sendo amigo de Castelao, representou en Uruguay o Goberno republicano no exilio ocupando un ministerio. Realizou estudios por diversos países e formou parte de numerosas comisións internacionais e institucións científicas. Promoveu a fundación do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Entre as súas publicacións destaca Histoplasmosis: Enfermedad de Darling (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cancelar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de ouro, unha aguia voante de sable; bordo de goles con seis veneras de prata.
-
-
Que cancela.
-
Máquina ou aparello empregado na cancelación de billetes, selos ou documentos.
-
-
-
-
Invalidar unha nota contable, unha inscrición ou un documento público con autoridade. No caso de documentos legais, ráchanse ou ríscanse.
-
Marcar un selo postal ou un billete para impedir a súa posterior utilización.
-
-
Declarar a invalidez dun contrato, dun compromiso ou dunha acción previamente anunciada.
-
Interromper a programación dun anuncio ou dunha campaña publicitaria nalgún medio de comunicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega. As súas armas levan, en campo de prata, dúas espingardas de ouro postas en faixa.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Gabín, no concello de Montederramo, e Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. O seu cumio atópase a 1.411 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cancela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cancela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘xuíz’.
-
-
Cancela de pequeno tamaño.
-
erxa que separa do público unha zona reservada, como pode ser o presbiterio dunha igrexa ou o estrado dunha sala de audiencia.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Triacastela baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que pode proceder dun topónimo ou dun alcume. Como alcume aplícase a aquelas persoas que van deixando todo aberto por onde pasan. O topónimo Cancelo procede do latín cancellu ‘reixa’. Este apelido documéntase no s XIII: “Odoarius Ordonii de Cancelu” (doc ano 1213 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, II, 1976, p 420).
-
Liñaxe que ostenta como armas, en campo de sinople, cinco panelas de ouro, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas dous alacráns de sable, en campo de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de montaña situado a 1.144 m de altitude e localizado entre as parroquias de Rubiás dos Mixtos, no concello de Calvos de Randín, e Abades, no concello de Baltar, na fronteira con Portugal.
-
-
Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Cáncer, cuarto signo do zodíaco ao que pertencen os nacidos entre o 21 de xuño e o 22 de xullo.
-
cancro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cangrexos braquiúros ao que pertence o boi.
-
-
Constelación zodiacal situada entre o Lince e a Hidra Femia. É a que ten as estrelas de máis feble luminosidade entre todas as do zodíaco, o que dificulta a súa identificación. Ten 102 estrelas visibles a simple vista. Destacan α-Cancri, estrela dobre situada a unha distancia de 99 anos luz da Terra, e os cúmulos M 44 ou Pesebre e M 67 ou Gorra Frixia. Tamén se denomina Cangrexo ou Caranguexo.
-
Cuarto signo do zodíaco que, como os outros, coincidía coa constelación do mesmo nome en tempos de Hiparco. A súa antiga posición, como consecuencia da precesión dos equinoccios, está ocupada actualmente pola constelación de Xémini. Tamén se denomina Cangrexo ou Caranguexo.
-