"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Acción e efecto de coexistir.

    2. Fórmula de política e diplomacia internacional adoptada entre estados de configuración política e económica diversa e antagónica, para solucionar as súas diverxencias de forma pacífica, co rexeitamento dos enfrontamentos militares directos. Este concepto desenvolveuse a partir da superación das etapas de Guerra Fría e distensión seguintes ao final da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de regularizar as relacións e diminuír a tensión existente entre a Unión Soviética e os estados do sistema económico capitalista, liderados por EE UU. O período de coexistencia pacífica abrangueu desde os anos sesenta ao desmantelamento do bloque comunista, a partir de 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de cofinanciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Financiar algo en conxunto dúas ou máis persoas, entidades, ou ambas as dúas á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao parentesco de cognación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conexión e ausencia de contradición entre as partes dun argumento, dunha doutrina, dunha obra ou en xeral dunhas cousas con outras.

    2. Actuación en conformidade co que se pensa.

    3. Grao de plausibilidade entre uns feitos observados e unha teoría que pretende explicalos.

    4. Propiedade dos fenómenos ondulatorios ópticos que consiste na constancia, ao longo do tempo, da diferenza de fase entre os compoñentes monocromáticos dun grupo de ondas, feito que ten como consecuencia a produción de interferencias. Unha fonte puntual e monocromática é perfectamente coherente; unha fonte extensa (e practicamente todas as fontes reais o son) consta de moitos puntos emisores que emiten trens de onda independentes e non monocromáticos, que se superpoñen no espazo pero non presentan unha diferenza de fase constante en cada punto e, xa que logo, non son coherentes. Os láseres son fontes luminosas altamente coherentes.

    5. Concepto que emprega a lingüística do texto para referirse á conexión que establecen entre si os elementos dun conxunto. É unha propiedade imprescindible para que unha mensaxe poida ser recoñecida como texto. Baséase na organización xerárquica dos enunciados que a compoñen e maniféstase na presenza de isotopías, recorrencias de motivos, correferencias (repeticións de palabras ou frases, anáforas, catáforas, etc), na adecuación da forma do discurso ao tema tratado, etc.

    6. Conformidade das proposicións ou enunciados relacionados entre si a unha regra, criterio, patrón ou modelo. Aínda que se considera que dúas ou máis proposicións son coherentes cando son compatibles, segundo os fundamentos desa compatibilidade se recoñecen a coherencia lóxica (consistencia), a coherencia sistemática, a coherencia ordenada, etc. Especificamente, o termo emprégase na teoría da verdade entendida como coherencia, na que se considera que unha proposición é verdadeira ou falsa segundo se é ou non compatible cun sistema dado de proposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de coincidir.

    2. Circunstancia casual que fai que dous ou máis elementos coincidan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á colección de traballos de distinta procedencia. Ex: Conseguiu facer unha obra colecticia con todo o material recollido.

    2. Aplícase ao corpo de tropa integrado por xente nova, indisciplinada e de procedencia diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter profesional que comezou a publicarse en outubro de 1990 na cidade da Coruña. Subtitulado “Órgano informativo de los agentes comerciales coruñeses”, ofrecía documentos propios do sector cunha elaboración coidada, estaba ilustrada con fotografías. Dirixiuna Ezequiel Pérez, e coordinouna I. Martínez Murás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución colexial creada en 1973 pola segregación do antigo Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia. A asemblea constituínte celebrouse en Santiago de Compostela en outubro de 1973. Ao abeiro do colexio, naceu a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1975). Estrutúrase en dous niveis: un órgano xeral ou central situado na Casa da Conga, en Santiago de Compostela, e as delegacións da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. A dirección do colexio corresponde á Xunta de Goberno, formada polo decano presidente, o tesoureiro contador, o secretario, catro vocais e os presidentes das distintas delegacións. Pola súa banda, as delegacións contan cunha xunta directiva integrada por un presidente, un tesoureiro e un secretario. O colexio ten como funcións atender os aspectos profesionais dos colexiados, así como a problemática social, cultural, económica e urbanística galega. Para velar pola deontoloxía profesional e para impoñer as correccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe beneditino. Foi autor de numerosos estudios sobre o monacato e a súa historia, entre os que cómpre destacar Estudios sobre el primer siglo de san Benito de Valladolid (1953), La regla de san Benito (1968), El monacato primitivo (1974), San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra (1978), El monasterio de Santa María de Sobrado (1980) e Las señoras de san Payo: historia de las monjas beneditinas de San Pelayo de Antealtares (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das himenoquetáceas ao que pertence a especie C. perennis. Produce cogomelos de ata 7 cm de diámetro que emerxen directamente do chan, baixo bidueiros e piñeiros. Caracterízanse por ter un chapeu arredondado coa parte central afundida, cun tacto semellante ao veludo. Posúe unha carne moi dura e de cor parda con bandas concéntricas máis escuras, cun pé central e curto, e co himenio formado por tubos rematados en poros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autoridade ou facultade de comandar que ten ou exerce alguén, especialmente un xefe militar.

      2. Cargo de comandante.

    1. Edificio, cuartel ou departamento onde están as oficinas do comandante.

    2. Distrito ou comarca sobre o que o comandante exerce a súa autoridade.

      1. Conxunto dos órganos de dirección do exército.

      2. Conxunto de autoridades militares superiores.

      3. posto de comandancia

        Lugar no que se atopan os que dirixen as operacións militares.

      4. comandancia naval

        Sede da comandancia dunha provincia marítima.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego que saíu no outono de 1996 en Santiago de Compostela, editada pola Área de Comunicación da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Dirixida por Roberto Ledo, contaba con Pablo Santiago na súa redacción. Os seus colaboradores pertencían ás xerencias das Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal. De carácter socioeconómico, acollía temas relacionados co desenvolvemento ou coa potenciación dun determinado territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado en Historia pola de Madrid (1953), foi profesor da universidade compostelá (1954-1956) e da de Navarra (1957-1963), antes de gañar a cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da Universidade de Sevilla (1964). Entre os seus traballos sobresaen: Los primeros pronunciamientos en España (1958), La teoría del régimen liberal español (1962), Las Cortes de Cádiz y la Constitución de 1912 (1963), Cánovas (1965), Historia de la España moderna y contemporánea (1968-1969), Los moderados en el poder (1970) ou La baja edad contemporánea (1970). Obtivo, ademais, o premio Menéndez Pelayo (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proveito que resulta para alguén dunha cousa ou situación.

    2. Cousa ou situación que resulta proveitosa para alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser obxecto de comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comercio.

      1. Que se fai coa intención de ter boa aceptación no mercado, xeralmente diminuíndo a calidade do produto.

      2. Aplícase ao autor ou artista que realiza unha obra aceptada polo mercado, xeralmente de baixa calidade.

    2. Persoa que representa unha empresa vendendo e promocionando os seus produtos e servicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de comercializar. O proceso consiste en achegar un ben desde a unidade de produción ao consumidor final. Caracterízase pola ausencia de accións transformadoras e pola adecuación da oferta bruta ás condicións especificadas polas preferencias da unidade de consumo. Está composto polos procesos de promoción, investigación de mercados, planificación do produto, fixación de prezos, administración comercial e distribución física.

    VER O DETALLE DO TERMO