"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Nome que recibiu ata 1997 o estado de Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido dicarboxílico saturado que se obtén por destilación seca do aceite de rícino, en presenza de álcali. Emprégase na fabricación de plastificados, resinas alquídicas, fluídos hidráulicos e na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das solucións acuosas de seleniuro de hidróxeno (H2Se), que son feblemente ácidos (pK1 = 3,73; pK2 = 10,0) e de toxicidade moi elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía seléucida.

    2. Membro da dinastía que reinou en Siria e nos territorios orientais do fraccionado imperio de Alexandre o Grande desde 312 a C ata 64 a C. Fundada por Seleuco I, converteuse nun dos imperios máis grandes do mundo antigo que se estendía desde o Mediterráneo ata a India e comprendía toda Asia Menor, Siria, Mesopotamia e Persia. Englobou as civilizacións máis diversas, sobre todo a potencia dominadora dos aqueménidas. Tras a morte de Seleuco I (280 a C), o imperio, centrado en Siria, foi perdendo pouco a pouco os territorios máis afastados. Renaceu baixo Antíoco III (223-187 a C), que recuperou algúns territorios, impúxose aos partos e aos gregos de Bactriana e penetrou en India. Antíoco IV mantivo a autoridade das provincias orientais, e desde Xudea fixo fronte aos exipcios. Tras a morte de Alexandre Balas (145 a C), o declive foi rápido e despois de 140 a C perderon Persia, Babilonia, Palestina e Líbano. Coa anexión de Siria polos romanos (64 a C) desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía selxúcida.

    2. Membro da dinastía turca que gobernou entre os ss XI e XIII en Asia Menor e o Próximo Oriente. Foi fundada polo seu epónimo Selǧūq ibn Duqāq. A dinastía non se consolidou ata que Togrïl Beg non venceu os gaznévidas, se estableceu en Corasmia (1038) e foi recoñecido sultán (1055) polo califa de Bagdad. Despois dos esplendorosos gobernos de Alp Arslān e de Malik Šāh, axudados ambos os dous polo seu visir Niẓām al-Mulk, o imperio selxúcida iniciou o seu descenso e disgregación: os atabegs independizáronse e apareceron diversas dinastías locais en Siria, Mesopotamia, Armenia e Persia. Da rama principal, unicamente o goberno de Sanǧar triunfou recordando o esplendor inicial da dinastía. A rama dos zengitas da Alta Mesopotamia expandiuse por Siria, e enfrontouse cos croatas, ata que, pouco despois da morte (1174) de Nūr al-Dīn, a dinastía foi derrocada por Saladino I.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto nitroxenado que deriva formalmente da urea.

    2. Composto formado por substitución dalgún átomo de hidróxeno da semicarbacida por radicais orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos froitos en que se separan as dúas láminas do carpelo que constitúen un septo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido xiquímico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia derivada do ácido pirúvico que forma parte das glicoproteínas e glicolípidos das paredes celulares dos animais superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte de Rusia asiática comprendida entre os Urais ao O e o Ienisei ao L (2.800.000 km2; 15.253.000 h [1985]). A parte máis grande é a chaira de Siberia Occidental, con zonas fisiográficas ben definidas, desde a tundra ao N, ata a estepa ao S. Ao SL álzanse as serras de Altai, Salair, Alatau e Kuzbass. A cidade principal é Novosibirsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de México que se estende paralela á costa do golfo de California e á costa do Pacífico, ao longo de 1.250 km en dirección NO-SL, desde o río Yaqui ata o Verde Grande. De clima tropical, con variacións zonais e altitudinais, actúa como barreira, o que contribúe á secura do altiplano mexicano. Acada a máxima altitude en Nevado de Colima (4.240 m), en Jalisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos simplicidentados.

    2. Mamífero da antiga suborde dos simplicidentados.

    3. Antiga suborde de mamíferos, da subclase dos terios, que pasou a integrarse na suborde dos miomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monobásico que se presenta en pequenos cristais incoloros, pouco solubles en auga e solubles en alcohol, do que se obtén a sinapina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ascidia composta que ten os ascidiozooides parcialmente fusionados e forman cenobios regulares ou irregulares, cos sifóns bucais independentes pero con intestinos que conflúen nunha cloaca común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sirícidos.

    2. Insecto da familia dos sirícidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos himenópteros, co corpo grande e alongado, antenas longas cun número de articulacións que pode chegar a 30, ás longas, abdome subcilíndrico co último segmento rematado en punta e oviscapto longo e estreito. Grazas ás súas poderosas mandíbulas, as larvas poden abrir galerías na madeira de moitas coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución dos sismos que se producen no espazo en función da súa frecuencia e intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (20.177 km2; 4.009.261 h [2000]). A súa capital é Matâram.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monocarboxílico insaturado que se pode atopar nas sorbeiras verdes e que se emprega como funxicida, como conservador alimentario e como un intermedio na fabricación de lubricantes e plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sorícidos.

    2. Mamífero da familia dos sorícidos.

    3. Familia de mamíferos insectívoros que teñen aspecto de rato. Presentan fociño alongado e aguzado, ollos pequenos, orellas xeralmente visibles, patas curtas e pentadáctilas e cola ben desenvolvida. O seu pelame é de cor acastañada e está formada por pelo curto, moi denso. Son animais sen letargo, áxiles, xeralmente nocturnos. Aliméntanse sobre todo de insectos, pequenos roedores e peixes ou anfibios. Habitan en case todo o mundo, a excepción de Australia e dunha gran parte de América do Sur. A esta familia pertencen as especies coñecidas como musarañas.

    VER O DETALLE DO TERMO