"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Organismo internacional que se acordou crear na conferencia de paz de París o 28 de abril de 1919. A súa finalidade foi o mantemento da paz mediante a solución pacífica dos conflitos e o desenvolvemento das relacións internacionais. Os seus órganos básicos eran a asemblea, o consello e o secretariado. Estaban asociados outros organismos, como a OIT e o Tribunal Internacional de Xustiza. Non foi capaz de resolver os graves problemas internacionais nos anos que precederon á Segunda Guerra Mundial. Tamén se mostrou inoperante ante as guerras italo-etíope e española e o imperialismo de Hitler. A derradeira asemblea en abril de 1945 acordou a disolución e a transmisión de funcións á ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Santiago de Compostela en 1962. Xogou os seus partidos como local no estadio Santa Isabel e, posteriormente, no Estadio Multiusos de San Lázaro. Vestía camiseta azul celeste e branca e pantalón branco. Ascendeu a Primeira División na tempada 1994-1995 e permaneceu nela ata a campaña 1997-1998. Os problemas económicos levaron ao club, na tempada 2002-2003, ao seu descenso a Segunda División B. A situación económica empeorou e a súa disolución foi aprobada polos tribunais en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación deportiva fundada o 2 de maio de 1979 con sede na parroquia de Meira (Moaña). Naceu como club de fútbol, aínda que en breve se incorporaron as seccións de atletismo e remo. Nesta última, no apartado de traiñeiras, conseguiron no ano da súa estrea (1979) o Campionato Galego e a participación no Campionato de España en Zarauzt. Ademais, acadaron, entre outros, o IV Trofeo Conde de Fenosa (1982), a I Bandeira Xunta de Galicia (1984), a Bandera de España en batel (1986) e traiñeiriñas (1987 e 1988), a Bandera Príncipe de Asturias (1985, 1993 e 1996) e o Campionato de España (2001) de traiñeiriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de remo fundado en Moaña en 1993 tras a fusión dos clubs San Xoán e Nosa Señora dos Remedios. Gañou tres campionatos de España de traiñeiras (1961, 1996 e 1997) e dous de traiñeiriñas (1997 e 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade independente e científica, sen ánimo de lucro, que foi fundada en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego e que se adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio. Leva a cabo unha intensa actividade en temas relacionados coa natureza, organizando conferencias e congresos tanto sobre estes temas como sobre aves, mamíferos mariños ou micoloxía. Tamén realiza censos invernais de aves acuáticas ou de aves petroleadas, iniciada a raíz do accidente do petroleiro Andros Patria; marcaxes de aves, para coñecer a súa dispersión, e colabora na coordinación do Programa de Conservación do Arao Ibérico. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio natural, como Paspallás e Braña, e o Atlas de vertebrados de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en 1912 na Guarda coa finalidade de protexer o monte de Santa Tegra e dotalo de infraestruturas. Promoveu a escavación dos restos arqueolóxicos a partir de 1914 e a construción do museo. En 1929 ampliouse a agrupación para fundar o Patronato do Monte de Santa Tegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Océano Pacífico, o máis occidental dos que forman a Polinesia Francesa (1.617 km2; 189.524 h [1996]). Consta das illas do Vento (Tahiti, Moorea) e das de Sotavento (Raiatea, Tahaa, Bora-Bora e Huahine). A máis importante é Tahiti, onde se atopa a capital, Papeete (25.553 h [1996]). As plantacións de cocoteiras para a exportación de copra e de vainilla son os recursos principais. Tamén destaca o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás asociacións, especialmente as de carácter obreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de sociedades obreiras. Esta tendencia ao asociacionismo tivo relevancia en Galicia no societarismo mariñeiro, a finais do s XIX e comezos do s XX nos portos de Vigo, Coruña e Marín, debido a que se endureceron as condicións de traballo dos mariñeiros e se impuxeron novas relacións laborais. Produciuse a primeira folga espontánea nos vapores palangreiros do Berbés en 1897. Dous anos despois naceron as asociacións obreiras primixenias na pesca, vinculadas ao socialismo vigués: a Sociedad de Marineros-Pescadores do Berbés e a Sociedad de Obreros Pescadores de Bouzas, que atoparon resposta patronal na constitución da Sociedad de Armadores La Marítima, de Bouzas. O modelo repetiuse no albor do s XX na Coruña e Marín, o que provocou unha intensa loita de clases no mar ata a Guerra Civil ao redor do descanso semanal, aumento das tripulacións nos vapores, suba dos xornais ou das partillas, retribución das tarefas de terra e control das contratacións. Desde finais do s XIX aumentou o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria suíza fundada en 1872 con sede en Basilea. En 1997 fusionouse coa Union des Banques Suisses no Banque Unie de Suisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria francesa fundada en 1864. Nunha primeira época dirixiu os recursos a obras de infraestrutura, e posteriormente, especializouse como banco de depósitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira belga constituída pola fusión en 1965 do Banque de la Société Générale de Belgica (1822), a Société Belge de Banque e o Banque d’Anvers. En 1988 acordou a súa fusión progresiva co Amrobank dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estatal francesa que ten o monopolio do transporte ferroviario de persoas e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo italiano. Viviu na corte dos Medici en Florencia (1562-1574), onde publicou De autoritate Sanctae scripturae (1562). En ; Cracovia entrou en contacto con grupos anabaptistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico-relixioso elaborado por Fausto Socino. Baseado nas tradicións do humanismo e da filosofía italiana do Renacemento, nel conflúen o antitrinitarismo de Miguel Servet, o anabaptismo e unha interpretación racionalista do cristianismo. Nega os sacramentos e considera que a salvación non vén do sacrificio de Xesús Cristo aceptado polo Pai, senón da imitación de Xesús polo esforzo ético, feito que garante a resurrección dos homes que imiten a súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que forma parte dunha sociedade ou asociación.

    2. Persoa asociada a outra ou outras para algún fin, especialmente un negocio.

    3. Persoa unida a outra por unha relación de amizade ou compañeirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO