"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Cerámica artesanal fabricada en Manises desde o s XIV ata o s XVIII. Estaba influenciada pola que se facía no oriente islámico, e era realizada por artesáns mudéxares. Caracterizouse polos reflexos metálicos dourados, en combinación coa pintura azul e vermella. O seu influxo sobre a gran cerámica italiana do s XVI fíxose patente na técnica do reflexo metálico que se aplicaba en Gubbio. A súa produción decaeu desde o segundo terzo do s XVI coa expulsión dos mouriscos levantinos (1610) e acentuouse no s XVIII, co uso de temas de estilo totalmente popular e un empeoramento progresivo da decoración dourada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.304 km2; 532.718 h [estim 1999]). A capital é Baia Mare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama que se transmite por telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi socio fundador do Centro Gallego de La Habana e vogal da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Publicou Colón pontevedrés (1920), coa que reclamou a galeguidade de Cristovo Colón, Historia de Galicia (1924) e Contra España, no (1928). Gañou a medalla de ouro nos Juegos Florales do Centro Gallego de La Habana con Influencia de los gallegos en Cuba (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da elevación e do descenso do nivel do mar que provoca as mareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ecólogo e naturalista. Director do Institut d’Investigacions Pesqueres (1951), destacou no eido da aplicación da teoría da información ao estudo das comunidades e na formulación de modelos matemáticos para o estudo do plancto. Estudiou tamén aspectos prácticos como os de eutrofización dos pantanos e a produtividade e contaminación das augas. Publicou Ecología (1974), La biosfera entre la termodinámica y el juego (1980), Limnologia (1983) e Teoría de los sistemas ecológicos (1991). Recibiu o Premio Ramón y Cajal (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad Autónoma de Madrid, investigou a medicina popular galega, as romarías, o entroido e o nacionalismo galego. Realizou tamén traballos de campo con comunidades indíxenas americanas, especialmente cos quechuas bolivianos. Nos seus traballos defende que a cultura popular galega forma parte da cultura tradicional europea, que é unha cultura con personalidade propia, formada na Idade Media, entroncada na da Antigüidade clásica; unha cultura que, lonxe de compoñerse de elementos illados, está perfectamente articulada. Colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada e Lumieira, dos seus numerosos estudios sobre antropoloxía cultural destacan Satán, sus siervas las brujas y la religión del Mal (1984), Cultura popular (1984), Autobiografía dun labrego (1986), Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos (1987), O sexo na poesía popular galega (1995), Aparicións e Santa Compaña (1995), Simbolismo animal (1996), Contos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1991) e director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao Consello Científico do Instituto da Lingua Galega e é secretario do comité de redacción da revista Verba. Colaborador de diversas publicacións con artigos sobre a lingua galega, como A Trabe de Ouro, Cadernos da Lingua e Verba, das súas obras destacan Edición de Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (1990), Edición e estudo lingüístico do coloquio de vinte e catro galegos rústicos de Fr. M Sarmiento (1995), Historia da lingua galega   (1998), Eladio Rodríguez e a cultura galega (2001) e O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Gobernador da Coruña (1872), foi deputado durante o Bienio Progresista (1854-1856). Foi xuíz en Xinzo de Limia (1837), onde tivo un destacado papel na persecución de partidas carlistas de Ourense, en Pontevedra (1840) e en Ferrol (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultivou a poesía lírica, en galego e en castelán. Obtivo premios en diferentes certames, dos que destaca o premio de honra pola composición “A Mondoñedo” (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director. Coñecido como Chete Lera, iniciou a súa carreira en 1978 en grupos de teatro independentes. A partir de 1992 participou nos espectáculos da compañía La Carnicería Teatro, coa que puxo en escena obras de Shakespeare e Peter Handke. Participou en numerosas películas, entre as que destacan La ardilla roja (1993), Secretos del corazón (1997), Abre los ojos (1997), Barrio (1998), Finisterre, donde termina el mundo (1998), Arde, amor (1999), Plenilunio (2000), Smoking Room (2002) e La promesa (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista e historiador da literatura. Participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista (1931). Especializado en lingüística galega e na obra de destacados autores galegos e portugueses, escribiu Alfonso Álvarez de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena (1940) e Bibliografía Hispánica (1957); elaborou unha edición literaria da General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (1963) e publicou La literatura gallega en el exilio (1976). Membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, do padroado da Universidade de Santiago de Compostela e membro asesor do Consello de Cultura Galega, foi elixido membro da Real Academia Galega (1976). Recibiu a Medalla Castelao en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Joaquín Sabina, as súas letras, cun alto contido poético, forman parte da crónica urbana. Da súa discografía destacan Malas compañías (1980), La mandrágora (1981), Hotel, dulce hotel (1987), Mentiras piadosas (1990), Esta boca es mía (1994), Enemigos íntimos (1998), 19 días y 500 noches (1999), Dímelo en la calle (2002) e Diario de un peatón (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Considerado como un dos mestres da fotografía de posguerra en España, iniciouse na fotografía en 1956, con imaxes rupturistas e afastadas dos convencionalismos que retrataban escenas costumistas. Instalouse en Madrid (1957), traballou para a Gaceta Ilustrada, Ya, Arriba ou Mundo Hispánico e formou a Escuela de Madrid. A partir da década de 1960 dirixiu documentais, participou en cine e rodou series para televisión como Raíces (1971) ou Tauromaquia (1981). Publicou Neutral Corner (1962), Los Sanfermines (1963), España diversa (1981), Andalucía (1986), Toro (1998) ou Ramón Masats. Fotografías (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Sonda Occidental e da illa de Lombok, Indonesia (141.387 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino do centro de Xava, fundado a finais do s VIII, onde os budistas Sailendra construíron numerosos monumentos. O Sultanato de Matarâm, fundado en 1508, dominou a illa desde o s XVI ata o s XVII que, pola competencia da Compañía Holandesa das Indias Orientais, desapareceu en 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO