"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Árbore perennifolia de ata 9 m de altura, de follas ovadas, coriáceas, de cor verde escura, con flores amarelas, pequenas e numerosas. Orixinarias de China, Malaisia e Cochinchina, cultívase especialmente en países tropicais, particularmente en Sri Lanka e en terreos areosos con pouco humus. A cortiza dos troncos novos extráese en tiras que constitúen a canela.
-
Árbore de cortiza amarelenta, orixinaria das Antillas, Florida, e das Bahamas da que se extrae a canela branca.
-
Árbore grande, duns 15 m de altura, orixinaria das montañas de Indochina e cultivada no resto do sueste asiático da que se extrae a canela da China.
-
-
-
Utensilio que serve para enroscar o fío nas canelas.
-
-
Aparello no que se coloca a canela de fío que pasa a trama por enriba e por debaixo do urdido do tear.
-
Nas máquinas de coser, designa un utensilio semellante que pasaba o fío pola parte inferior co fin de formar as puntadas
-
-
Persoa encargada de encher as canelas.
-
Peza que protexe as canelas dos operarios ou dos xogadores dalgúns deportes.
-
-
PRAIAS
Praia da costa sudoccidental da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Adina, ao S de Portonovo, no concello de Sanxenxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camiño fondo e estreito entre elevacións do terreo.
-
Camiño ou rúa moi estreita entre casas ou valados.
-
Peza de madeira que está unida á moega por onde cae o gran á moa do muíño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación do xénero Cinnamomum.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Estudiou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como cargo directivo en diversas empresas. De ideoloxía conservadora, en 1978 ingresou en Alianza Popular (desde 1989 Partido Popular). En 1983 chegou á presidencia da Comunidade Autónoma das Illes Balears con este partido. Revalidou o cargo en 1987, en 1991 e en 1995, pero tivo que dimitir acusado dun delito de suborno na construción do túnel de Sóller.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carreiro estreito entre montañas ou elevacións do terreo.
-
Camiño moi estreito entre valos ou casas.
-
-
-
Talo das herbáceas, especialmente o do toxo e da col.
-
Cada unha das dúas partes ou cada un dos cravos da ferradura que se lle pon ao gando bovino que ten o casco brando.
-
Parte delgada do óso do xamón que case non ten carne.
-
Peza de metal ou doutro material con forma de cilindro na que se enrola o fío que se emprega nas máquinas de coser ou no tear.
-
Peza de pan de trigo con ovos e azucre que lles daban os noivos aos veciños o día do casamento.
-
-
-
Cada unha das láminas rectangulares de pasta de fariña de trigo na que se envolve un recheo de carne, peixe ou verduras.
-
Prato de orixe italiana que consiste nunha fina pasta rectangular enchida de carne, peixe ou vexetais, especialmente de espinacas, cuberta cunha salsa bechamel, tomate ou con outra salsa, salpicada con queixo e gratinada. A pasta pode precisar ou non unha cocción previa.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento homónimo, en Uruguay (17.316 h [1985]). É o centro comercial dunha rexión agrícola e gandeira. Fundada en 1774 por Juan Miguel de Laguna, en 1828 foi a capital do país co nome de Guadalupe.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (4.536 km2; 410.524 h [1996]). A capital é Canelones.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as pernas moi longas e desproporcionadas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca de Lomas de Úbeda, na marxe esquerda do río Guadalimar (2.137 h [1996]). A economía é fundamentalmente agrícola e baséase no cultivo de oliveiras, viñas e árbores froiteiras. Dentro do termo municipal hai un castelo medieval que pertenceu á orde de Calatrava e que foi transformado en palacio no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Paraguay (14.667 km2; 120.800 h [estim 1990]). A capital é Salto do Guairá (21.816 h [1982]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de canear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tea delgada de algodón orixinaria da India.
-
-
Corpiño curto e sen mangas.
-
Peza superior dunha camisa, blusa ou vestido á que van cosidos o colo, as mangas e as demais pezas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Barcelona, situado nun relevo montañoso con pequenas chairas (9.455 h [1996]). A actividade económica máis importante é o turismo, mentres que a industria é fundamentalmente téxtil. En 1579 Sant Pere de Canet erixiuse en parroquia independente. O goberno do municipio organizouse en 1580 e, en 1591, inagurouse a nova igrexa parroquial de Sant Pere, renacentista, ampliada no s XVIII. A antiga domus ou casa de Canet, chamada castelo de Santa Florentina, transformouse en castelo ao final do s XIX; pertence aos condes do val de Canet e conserva unha colección de arte antiga. O santuario da Misericordia, antiga ermida do s XVII, ampliouse en 1730 e construíse de novo entre 1853 e 1857.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Campo de Morvedre, València, situado na chaira aluvial costeira, co río Palància como límite meridional (1.975 h [1996]). As actividades económicas céntranse na agricultura, sobre todo cítricos, e no sector terciario, favorecido pola proliferación de urbanizacións na costa e pola proximidade de Sagunt, cabeza comarcal. Do seu patrimonio sobresaen a igrexa parroquial de Sant Pere, construída entre 1742 e 1762, e o palacio do Baró, levantado entre os ss XVII e XVIII, así como numerosos vestixios romanos.
VER O DETALLE DO TERMO