"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Robert Campin, cultivou o retrato, a pintura relixiosa e o debuxo. Pintou un políptico por encargo de Le Clerq, abade de Saint Vaast de Arras, distribuído en diversos museos de Berlín (Visitación e Adoración dos Magos), París (A presentación no templo) e Lugano (Natividade). Realizou tamén cartóns para tapices e miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Ana Romaní en 1994. Obra de carácter intimista e temática amorosa e existencial, tenta atopar unha linguaxe poética innovadora que reflicta unha nova mentalidade sobre a muller. De aí, a reelaboración de tópicos literarios con valores diferentes dos que sinala a tradición: as historias míticas de Penélope e Ulises, o río, a auga, o mar, o tecer, etc. Neste sentido, a simboloxía mariña que emprega, presente xa no seu primeiro libro Palabra de mar (1987), amosa significativas coincidencias coa de Cristina Peri Rossi nos poemas de Descripción de un naufragio (1975) e coa de Carme Riera en relatos como “Te deix, amor, la mar com a penyora” e “Jo pos per testimoni les gavines”. Na súa construción dun eu lírico feminino propio, entronca tamén coa poética de soidades, sombras, derrotas e desterros de Emily Dickinson e Edith Södergran, ás que se lles engade a figura de Rosalía de Castro e outras voces máis achegadas no tempo, como a de Xohana Torres en Tempo de ría. O percorrido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Catedrático de Historia Moderna na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Córdoba. Entre as súas publicacións cómpre salientar Ideologías y opciones políticas a través de la prensa a finales del s XIX (1982), El poder municipal y la organización política de la sociedad: algunas lecciones del pasado (1998) e A historia de Galicia vista por Alfredo Brañas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Publicou poesías, contos e novelas onde predominan os elementos fantásticos e misteriosos. Publicou, entre outras obras, The Listeners (Os oíntes, 1912) e Poems for Children (Poemas para nenos, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario italiano. Discípulo dalgúns dos grandes filólogos do s XIX, como Ernesto Monaci, Francesco d’Ovidio, Gaston Paris ou Paul Meyer, desenvolveu o seu labor docente na Università di Genova, na materia de historia comparada das literaturas neolatinas, e na Università di Roma, como profesor de literaturas francesa e española modernas e como catedrático de Linguas e Literaturas Neolatinas, posto no que sucedeu o seu mestre Monaci. Dirixiu publicacións periódicas, como os Studi di Filologia Romanza e La Cultura, e ocupou a secretaría do Istituto Storico Italiano. As súas investigacións céntranse nas literaturas europeas, románicas e xermánicas, tanto modernas como clásicas ou medievais. Na literatura medieval prestoulle especial atención á lírica románica, sobre todo á poesía trobadoresca provenzal e ás escolas poéticas italianas, como a Escola Siciliana, Dante e o dolce stil novo. Na lírica galego-portuguesa, escribiu   “Cantigas de amor e de maldizer de Alfonso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale a dez áreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale á décima parte dunha área.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do L dos EE UU que nace nas montañas Catskill, na cordilleira dos Apalaches, e desemboca despois dun percorrido de 450 km na baía de Delaware. Constitúe a fronteira entre os estados de Nova York e Pennsylvania e entre Nova York e New Jersey, ata que entra en Delaware.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dos EE UU, na península de Delmarva (5.295 Km2; 744.000 h [estim 1998]). A capital é Dover (30.414 h [1996]). A rede fluvial está formada polo esteiro navegable do río Delaware. O clima é temperado e húmido, e domina o bosque atlántico. Cultívase un 60% do territorio, no que predominan os cereais, os produtos da horta, as patacas e as froiteiras. A industria química tradicional diversificouse enormemente despois da Segunda Guerra Mundial e converteuse no estado coa renda per cápita máis alta dos EE UU; adquiriu importancia o sector téxtil, a elaboración de madeira e a industria alimentaria. A densidade de poboación é de 103 h/km2, co 80% de descendentes de europeos, o 16,9% de afroamericanos e ao redor de 16.000 persoas de orixe hispana. As cidades máis importantes, ademais da capital, son Wilmgton, Newark, Milford e Elsmere. A rexión foi explorada por Hudson en 1609, e colonizada durante o s XVII por holandeses e suecos. En 1681 pasou a formar parte da colonia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función do discurso que consiste en predispoñer favorablemente o auditorio cara ao orador e ao asunto tratado a través do humor, de metáforas axeitadas ou de mecanismos que movan a súa afectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de ouro cuñada en Siracusa no 480-479 a C en honor de Demárete, muller do tirano daquela cidade, Xelón. O seu valor era equivalente a 10 dracmas áticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador grego, sobriño de Demóstenes. Exerceu importantes cargos en Atenas durante o dominio de Demetrio I Poliorcetes. Posteriormente tivo que exiliarse pola súa inimizade cos macedonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Atenas? - 95?) Bispo e mártir. Xuíz do Areópago, converteuse ao cristianismo por mediación de san Paulo. Foi o primeiro bispo de Atenas e parece que sufriu martirio baixo o Emperador Domiciano (95 d C) ao ser queimado vivo. Durante a Antigüidade e na Idade Media atribuíronselle algunhas obras filosóficas do s V que posibilitaron, en boa medida, a permanencia do neoplatonismo nesa época; co tempo descubriuse que eran obra doutro autor, a quen lle deron o nome de Pseudo-Dionisio. A súa iconografía coincide adoito coa de san Denís de París: leva vestiduras de pontífice, con dalmática, casula ancha e mitra; como atributo persoal unha cabeza nas mans e, ás veces, tamén o libro dos evanxelizadores. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desaparear ou desaparearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desaparear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar unha parella de animais para controlar a reprodución.

    2. Separarse os distintos sexos dunha especie animal fóra da época da reprodución ou de celo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar de verse total ou parcialmente algo.

      2. Deixar de estar algo nun lugar no que estaba anteriormente.

      3. Estar alguén ou algo nun lugar que se descoñece.

    1. Deixar de ser ou de existir unha persoa, animal ou cousa.

    2. Que ou quen desaparece, especialmente referido ás víctimas dun réxime político.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar de verse total ou parcialmente algo.

      2. Deixar de estar algo nun lugar no que estaba anteriormente.

      3. Estar alguén ou algo nun lugar que se descoñece.

    1. Deixar de ser ou de existir unha persoa, animal ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO