"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

    1. Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

    2. Ascidia da orde dos estolidobranquios.

    3. Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos meridianos ben desenvolvidos que forman unhas costelas lonxitudinais e dividen a cavidade en subcámaras. Existen formas solitarias e coloniais. Dous dos xéneros máis comúns son o Styela e o Dendrodoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático. Cónsul en Veracruz, foi embaixador en Guatemala e México e ministro de Información, Propaganda e Arquivos de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo. Estudiou enxeñería industrial e ocupou a cátedra de Química na Escola de Enxeñeiros de Bilbao. Con todo, dedicouse ao estudo do catalán e á difusión da corrección da lingua; así, publicou Ensayo de gramática del catalán moderno (1891) e Contribució a la gramàtica de la llengua catalana (1898). Formou parte da revista L’Avenç, dende a que promoveu a reforma ortográfica, con Jaume Massó i Torrents e Joaquim Casas i Carbó, que publicaron o seu Sil·labari català (1904) e un Tractat d’ortografia catalana (1904), e participou no Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Lingüisticamente, a súa obra máis sólida é a Gramática de la lengua catalana (1912). Trasladouse a Barcelona, onde foi nomeado profesor da cátedra de Catalán e membro da sección filolóxica (1911) do Institut d’Estudis Catalans (IEC), da que máis tarde foi presidente (como o foi tamén do IEC), e director da área lexicográfica do mesmo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente socialista. Residiu en Alemaña e París (1907), onde colaborou no xornal L’Humanité, dirixido por Jean Jaurès. Regresou a Barcelona (1908), desde onde reorganizou a Federació Socialista Catalana e fundou o semanario La Internacional. Durante a República foi embaixador español en Suíza e trala Guerra Civil exiliouse en América Latina. Regresou a España en 1950 e redactou unhas memorias sobre a Semana Tráxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de fío, seda ou outra materia que se usa para coser.

    2. Corpo de forma delgada e alongada semellante ao fío, especialmente o que posúen algúns vexetais.

      1. Carne magra ou que non ten graxa.

      2. Fibra de carne magra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Brandenburgo (1640-1688) e duque de Prusia (1657-1688), fillo do elector Xurxo Guillerme I. Trala fin da Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) recibiu a Pomerania oriental. En 1656 rompeu a súa alianza con Polonia cando esta foi invadida por Suecia e Rusia, co que conseguiu o ducado de Prusia. Impulsou a unión administrativa e de tributos nos seus estados e iniciou o recrutamento regular para manter un exército permanente. Fundou varias colonias en África occidental e a Biblioteca Real de Berlín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector e margrave de Brandenburgo (1417-1440), e burgrave de Nuremberg (1417-1440), fillo do burgrave Federico V. Iniciou a dinastía Hohenzollern. Apoiou a Sexismundo I de Hungría na súa elección como rei de Xermania e este, a cambio, concedeulle os títulos de elector e margrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Federico I de Prusia

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, probablemente dunha familia de ascendencia leonesa (Sanabria) asentada en Portugal. Activo na segunda metade do s XIII, hai disparidade de opinións en canto aos textos que integran o seu cancioneiro; os únicos con certeza da súa autoría son, ademais da cantiga de amigo “Pero que eu meu amigo roguei”, as oito pezas de amor recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional baixo a correspondente rúbrica atributiva. A transmisión no Cancioneiro da Ajuda de cinco desas oito composicións nunha serie da que forman parte outros sete textos fai pensar que estes pertencen tamén ao mesmo trobador, aínda que unha delas (“A dona que eu vi por meu”) se atribúa nos apógrafos italianos a Airas Veaz. Algúns estudiosos atribúenlle quince cantigas de amor e unha de amigo, amparándose na propia organización de A, así como na unidade semántica das quince pezas amorosas, presididas pola coita e o segredo amoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta do Cancioneiro Geral (ss XV-XVI) de Garcia de Resende e irmán de Diogo Brandão. Tamén coñecido como Fernão Brandão Pereira, traballou na corte portuguesa ao servizo da Raíña Isabel, primeiro, e do infante Fernando, despois. Escribiu varias composicións en portugués e castelán, e axudou ao seu cuñado Francisco de Pina a concluír a Crónica de D. Manuel, que o seu sogro, Rui de Pina, deixara incompleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e ábsida. O arco triunfal é dobrado coa aresta viva; apóiase en columnas pegadas. A cuberta é de madeira a dúas augas. A fachada principal ten unha espadana dun só van. Conserva unha pía bautismal románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula xeralmente morta, moi alongada, de paredes grosas e a miúdo lignificadas, que ten unha función mecánica.

      1. Cada un dos elementos filiformes en que se pode imaxinar descomposto un material, considerado homoxéneo, a fin de estudar e definir o tipo de esforzo ao que está sometido. Se o esforzo é de compresión fálase de fibra comprimida e, se é de tracción, de fibra estirada.

      2. fibra neutra

        Liña teórica determinada polas fibras que, nun elemento estrutural, como pode ser unha viga, non traballan nin a compresión nin a tracción.

      1. Cada un dos elementos estruturais en forma de fuso ou filamento que forman parte dos tecidos animais.

      2. fibra muscular

        Célula que forma parte do tecido muscular e que ten a capacidade de contraerse baixo un estímulo nervioso.

      3. fibra nerviosa

        Estrutura formada polos cilindroeixes das células nerviosas, que pode estar recuberta por unha vaíña protectora, e que serve para a condución da corrente nerviosa.

      4. fibra xigante

        Fibra nerviosa de gran diámetro que transmite os impulsos con maior rapidez ca as fibras normais. Localízase en moitos tipos de invertebrados, como os anélidos e os crustáceos. Tamén se coñece como axón xigante.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos espacios tanxentes trazados nos puntos dunha variedade diferenciable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da illa de Ons, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro ruso. Por orde do goberno percorreu Rusia e o Imperio Otomano na procura de antigos manuscritos caraítas, que despois doou á Biblioteca Imperial de San Petersburgo. A colección considerárona falsa os estudiosos do s XIX, aínda que estudios máis recentes demostran a autenticidade da gran maioría dos documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Camos (Nigrán). Ten planta en escuadro con baixo e piso. Conserva unha escaleira con patín. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Troncoso e Soutomaior. Ten un portón arquitrabado con ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1988 (nº0). Subtitulouse “Revista universitaria de investigação científica”. Dirixida por José António Fernandes Malde, tentou converterse nun medio para a edición de traballos en lingua galega (reintegracionista) relacionados con Galicia. A partir do seu número 1º pasou a titularse Folhas de Cibrão e redactouse en portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Foi un dos fundadores da revista Presença, inicio do vangardismo na literatura portuguesa. Entre as súas obras destacan Poemas (1925), Mar coalhaldo (1932), Caminhos magnéticos (1938), Rio turvo e outros contos (1945), onde se incluíu o conto O barâo, e Bandeira preta (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO