"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Filólogo estadounidense. Profesor na Harvard University (1896-1932), escribiu diversos estudios sobre Dante Alighieri, lingüística románica (Introdution to Vulgar Latin, 1907, traducida ao castelán por F. de B. Moll), fonética, gramática do francés e italiano e un traballo sobre o provenzal antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, autor e actor teatral. Como director foron especialmente interesantes as recreacións que fixo das traxedias gregas e as adaptacións de Shakespeare. Escribiu diversas obras seguindo a norma imposta pola vangarda francesa, como The marrying of Ann Leete (1909), The Madras house (1909) ou The secret life (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Músico de cámara de Federico II de Prusia, organizou desde 1736 o teatro de ópera de Berlín. Escribiu oratorios, óperas, concertos e sinfonías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán, irmán de Wilhem Grimm. Profesor xunto co seu irmán na Universidade de Göttingen, iniciaron a filoloxía moderna alemá e dedicáronse ao estudo de lendas populares. Dentro da filoloxía cómpre facer mención á lei fonética, denominada de Grimm (1882). Esta lei explica as principais correspondencias entre as linguas xermánicas mediante unha mutación producida no período prehistórico do xermánico; as consoantes sonoras aspiradas do indoeuropeo perderon a súa aspiración, as antigas sonoras non aspiradas enxordeceron, mentres que as antigas xordas fricativizaron. Esta lei, complementada posteriormente coa lei de Verner, xustificou o principio de regularidade das leis fonéticas a partir do que se puido desenvolver a fonética histórica e comparada. Da súa produción destaca Deutsche Grammatik (1819-1837) e Deutsche Mythologie (1835). Co seu irmán escribiu os contos Kinder und Hausmärchen (1812-1814), Deutsche Sagen (1816-1818) e Deutsches Wörterbuch (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Discípulo de Návez, formouse na pintura de inspiración romántica. Formou parte, xunto con Meunier, do grupo realista de Bruxelas. Das súas obras destaca La Bénédicité e Pèlerinage à Anderlecht. O seu fillo Henri-Jules Charles de Groux (Bruxelas 1867-Marsella 1930) cultivou a pintura simbolista. Instalouse en París en 1892 onde presentou o Cristo das ultraxes que o consagrou. Moitas das súas obras tratan temas wagnerianos cunha técnica descoidada e bruta. Destaca tamén polos seus escritos sobre o simbolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Estudiou nas universidades de Neuchatel e Zúric. En 1915 foi nomeado director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas de Sèvres. Fixo estudios sobre as unidades, o termómetro de mercurio, que codificou, e descubriu as aliaxes invar e elinvar. Das súas obras destacan Termometría de precisión (1889) e O níquel e as súas aliaxes (1898). En 1920 recibiu o Premio Nobel de Física, polas súas investigacións sobre as aliaxes de ferro e níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Estudiou nas universidades de Dijon e Lyon, onde se doutorou (1949). Traballou no Instituto de Medicina e Cirurxía Experimental de Montréal (Canadá), na Universidade de Houston (Texas), no Laboratorio de Endocrinoloxía Experimental do Colexio de Francia, do que foi director, e no Instituto Salk de Estudios Biolóxicos en La   Jolla (California). Descubriu a hormona liberadora de tirotropina e a somatostatina, hormonas segregadas polo hipotálamo, que actúan sobre a hipófise. Tamén fixo estudios sobre as endorfinas. En 1977 recibiu, xunto con Andrew Schally e Rosalyn Yalon, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce de améndoas tostadas e caramelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos, á beira do río Spaarne (148.484 h [2000]). Con numerosos canais, é o mercado dunha área de cultivo floral (bulbosas); ademais ten industria metalúrxica lixeira, alimentaria e de artes gráficas. Do seu patrimonio cultural destacan o Vleeshal (1603) e a catedral de Saint Bavo (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelisz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. A súa achega teórica, recollida principalmente en Theory of International Trade (1936) e Prosperity and Depression (1937), representa unha reformulación da teoría clásica do comercio internacional en termos de custos de substitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo suízo. Estudiou os problemas psicopedagóxicos a partir dun sistema ontolóxico propio. É autor de Wege und Irrwege der Erziehung (Camiños e desvíos da educación, 1918), Der Gegenstand der Psychologie (O obxecto da psicoloxía, 1921), Das Wesen der Philosophie (A esencia da filosofía, 1934) e Das Böse (O mal, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi catedrático de Paisaxe na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Reaccionou contra o paisaxismo romántico de Xenaro Pérez Villaamil e impuxo a paisaxe naturalista. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Estudiou no Oberlin College de Ohio. En 1886, ao mesmo tempo que Paul Héroult, inventou o procedemento electrolítico para obter aluminio a partir de alumina disolta en criolita fundida que se denominou proceso de Hall-Héroult. Dous anos máis tarde foi aplicado pola Pittsburgh Redution Company, da que Hall foi o vicepresidente en 1890, iniciándose así a utilización xeneralizada deste metal en toda clase de aplicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Jean Harlow, foi un dos máximos expoñentes do star-system da década de 1930, actuou nos filmes Hell’s angels (1930), Platinum blonde (1931) ou Saratoga (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde de Oxford. Participou na Revolución de 1868 e foi deputado whig e despois tory. Foi secretario de Estado (1704-1708) e conseguiu a unión con Escocia. Xefe do goberno (1710-1714), reorganizou o fisco, fundou a Compañía da Mar do Sur (1711) e asinou o Tratado de Utrecht (1713). Destituído en 1717, foi acusado de traición e feito prisioneiro (1715-1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fundada en 1903 por William S. Harley e os irmáns Arthur, Walter e William Davidson, que se dedicaba á fabricación de motocicletas. As primeiras oficinas instaláronas en Milwaukee en 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Essex, Inglaterra, suburbio residencial da conurbación de Londres (79.276 h [1993]). É unha das cidades novas creadas en 1947 para regular o excesivo crecemento demográfico metropolitano. A actividade industrial comprende artes gráficas, metalurxia e fabricación de instrumentos de precisión e médico-cirúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Harlean Carpenter.

    VER O DETALLE DO TERMO