"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Falta de harmonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta ou produce desharmonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar a harmonía a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desinformar.

    2. Falta de información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desinformar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar unha información insuficiente ou manipulada para conseguir un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no sistema bancario polo que os demandantes e os ofertantes de recursos financeiros organizan a cesión destes directamente, é dicir, evitando que pasen polas entidades de crédito. En España, este é o caso das obrigas do Tesouro e de empresa, colocadas directamente polos seus emisores entre o público inversor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás cousas, animais ou parellas que lles correspondería ser iguais e non o son.

    2. Que non ten a parella correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar cousas ou animais que formaban parella.

    2. Rachar o parecido ou igualdade que existe entre dúas ou máis cousas.

    3. Separar irmáns propiciando que desapareza a súa relación.

    4. Romper a relación de irmandade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode determinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de determinar ou determinarse.

    2. Cousa que se decide facer.

    3. Actitude de quen é firme á hora de decidir facer algunha cousa.

      1. Proceso mediante o que os organismos tenden a un determinado desenvolvemento por un camiño específico.

      2. determinación celular

        Proceso mediante o que unha célula indiferenciada comeza especificamente un camiño de diferenciación entre todos os posibles para ela.

      3. determinación embrionaria

        Proceso polo que as células e os tecidos embrionarios se desenvolven nunha dirección única para constituír no organismo adulto unha determinada clase de células e de tecidos.

      4. determinación sexual

        Conxunto de distintos procesos biolóxicos que conducen á distinción sexual entre machos e femias nunha especie. Na maior parte dos seres vivos, a diferenciación sexual ten unha base xenética na que existen tres sistemas básicos. No sistema XX-X0 os machos presentan dous tipos de espermatozoides. Uns posúen un cromosoma sexual (X) e outros non (0). Cando un espermatozoide que porta o cromosoma X fecunda o óvulo, o resultado é unha femia (XX) e no caso de ser fecundado por un espermatozoide sen cromosoma sexual, o resultado é un macho (X0). No sistema XX-XY existen dous cromosomas sexuais distintos denominados X e Y. Os dous sexos presentan igual número de cromosomas e dous deles sexuais; as femias teñen dous iguais (XX) e os machos dous diferentes (XY). Os óvulos portan sempre o cromosoma sexual X, mentres que os espermatozoides poden levar o cromosoma X ou o Y. Os zigotos poden resultar machos e femias en igual porcentaxe (50%). Este é o sistema que presenta a especie humana, con 44 cromosomas...

      1. Relación entre dous elementos gramaticais, un dos cales, o determinado, depende doutro, o determinante. Deste xeito, en a casa de Pedro, por exemplo, Pedro forma parte dunha frase preposicional de Pedro que, como conxunto, determina a casa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de determinar ou determinarse.

    2. Que se indica con precisión e claridade.

    3. Que ten decisión para facer algo.

    4. Aplícase ao elemento que, na determinación, se completa con outra unidade. O elemento determinado adquire, desde o punto de vista da significación, unha especificación concreta, achegada polo determinante.

    5. artigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen determina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que determina ou que fai que algo ou alguén sexa dunha maneira concreta.

    2. Elemento que ten como principal función co-ocorrer con substantivos para expresar unha ampla gama de contrastes semánticos, como cantidade ou número. En sentido amplo, refírese aos elementos constituíntes do sintagma nominal que dependen do substantivo, director ou constituínte principal daquel. Esta función pode estar desempeñada por artigos, adxectivos ou complementos do nome, que actualizan o substantivo (determinado ou nominal) e que lle ofrecen as súas determinacións. Nun sentido máis restrinxido e frecuente, refírese aos elementos gramaticais que concordan en xénero e número cun substantivo, ao que especifican e matizan no seu significado. Poden estar representados por artigos (o neno, un libro), posesivos (meu pai), demostrativos (esta casa), cuantificadores (moitos homes, cinco anos) ou identificadores (calquera noite), entre outros. Na gramática xenerativa, o determinante...

    3. Dada unha matriz cadrada da orde n, A=(a ij ) suma dos n! termos (-1)’ a 1k1 a 2k2 ...a nkn . O determinante de A acostuma representarse pechando a matriz con dúas barras verticais. O número n é a orde do determinante. Un determinante pode estar representado en termos dos elementos e cofactores de calquera fila ou columna da matriz.

    4. Aplícase á parte do antíxeno que recoñece o lugar activo do anticorpo e condiciona a especificidade da reacción entre ambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer os termos ou límites dalgunha cousa.

      1. Establecer ou expresar algo de maneira precisa.

      2. Indicar ou chegar a coñecer con precisión por medio dunha investigación, cálculo ou razoamento.

    2. Chegar a unha decisión.

    3. Ser unha cousa a causa ou motivo de algo.

    4. Inducir unha cousa a alguén a actuar de determinada maneira.

    5. Indicar unha autoridade, lei ou orde o que ten que facerse ou como deben facerse certas cousas.

    6. Asociar un determinante a un substantivo para precisar circunstancias da súa significación.

    7. Formar xuízo das características e límites das distintas categorías taxonómicas.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que determina.

      1. Aplícase ao adxectivo que completa o substantivo limitando a súa extensión e concretándoo, engadíndolle algunha circunstancia determinada, aínda que non unha calidade. En contraposición polo tanto aos cualificativos, os adxectivos determinativos poden representar funcións deícticas (ese cogomelo), anafóricas (-Cantos cogomelos queres? -Dous quilos) ou catafóricas (Podo dicirche mil cousas: primeira...). Os determinativos inclúen diversos tipos de adxectivos: demostrativo (esta cadeira), cuantificador (moita xente), identificador (cada un deles), posesivo (a miña interpretación), interrogativo ou exclamativo (Cal queres?) e relativo (o lugar onde se produciu).

      2. Aplícase a calquera forma gramatical, aínda que non sexa propiamente un adxectivo que acompaña o substantivo sen indicar ningunha calidade, como poden ser os artigos e os pronomes non persoais.

    2. Na lingüística indoeuropea, elemento colocado entre a raíz e a desinencia dunha palabra que modifica a significación da raíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina e sistema filosófico que considera calquera fenómeno como o resultado necesario dun conxunto de circunstancias que poden expresarse e sintetizarse nunha serie de leis universais. Pode establecerse en relación coa orde da natureza ou da conduta humana, sempre ligado ao concepto de necesidade e en contraposición ao da liberdade. A negación da liberdade que comporta todo determinismo pode ser absoluta (determinismo propiamente dito) ou ben atenuada (probabilismo). Os principios deterministas aparecen dende os pensadores da Grecia Clásica e desenvolvéronse na Idade Media co atomismo. Durante a Idade Moderna fundamentouse nas ciencias naturais, polo que adquiriu un carácter marcadamente mecanicista e abstracto, ao tempo que a causalidade se converteu nun valor absoluto, descrito segundo as leis da mecánica. Entre os filósofos que defenderon este principio destaca Bacon, Galileo, Descartes, Newton, Spinoza ou Laplace. Tamén na Idade Moderna xurdiu unha liña coñecida...

    2. Corrente de pensamento xeográfico que tenta explicar os fenómenos e os comportamentos humanos en función da influencia decisiva das condicións naturais. Iniciouse na segunda metade do s XIX con Friedich Ratzel e arraigou fortemente na escola alemana, en contraposición ao posibilismo francés encabezado por Paul Vidal de la Blanche. A influencia dos factores físicos (relevo, clima, etc) ten unha grande importancia segundo as condicións tecnolóxicas, a vontade e a organización de cada lugar. Pódese admitir, polo tanto, que o determinismo é maior ou menor en función do grao de desenvolvemento cultural e tecnolóxico dun grupo humano concreto.

    3. Teoría lingüística que, dentro do ámbito do cognitivismo e a relación entre linguaxe e pensamento, defende a idea de que a estrutura da lingua materna dun falante determina o modo en que este pensa e percibe o mundo que o rodea. Formulárona o lingüista norteamericano Edward Sapir e o seu discípulo Benjamin Lee Whorf, partindo da tradición do idealismo romántico de Johann Gottfried Herder e Wilhelm von Humboldt (s XVIII), que lle daba grande importancia á diversidade lingüística. Baseándose nas grandes diferencias existentes entre as linguas (por exemplo, en esquimó existen varias palabras para nomear diferentes tipos de neve fronte ao azteca cunha única forma para ‘frío’, ‘neve’ e ‘xeo’), Sapir establece que a lingua é o medio de expresión dunha sociedade e, como tal, a principal ferramenta de organización conceptual que predispón cara a certas escollas de interpretación. Fronte a esta visión, na que practicamente se identifican lingua e pensamento, polo xeral acéptase unha “versión débil”...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao determinismo.

    2. Que ou quen é partidario do determinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instituto de Normalización da República Federal de Alemaña, creado en 1926 como o Deutscher Normenausschuss, con sede en Berlín. A súa función é obter unha unificación, con finalidades técnicas e económicas, das medidas, formas, tolerancias, calidades, sistemas, entre outras características, empregadas na industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo fundamental da teoloxía védica de significado moi diverso. Orixinaria e etimoloxicamente coincide co ṛ ta, lei de verdade que soporta todo o cosmos e que equivale á lei do sacrificio. Dotado dun sentido esencialmente moral, o dharma non pode ser transgredido sen converterse o que o transgrida nunha entidade demoníaca. Máis alá de significar a lei moral universal, converteuse tamén en sinónimo do código de conduta particular dun individuo ou dun grupo. O Mahabharata defíneo, neste sentido, como o deber no seu valor intrínseco. Entre os significados de dharma sobresaen os de virtude, moralidade, rectitude, deber, lei, bondade e verdade. No budismo, onde ten connotacións específicas, dharma significa xeralmente a doutrina predicada por Buda.

    VER O DETALLE DO TERMO