"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Cunha visión liberal e escéptica do mundo, destacan Doktor Glas (1905), Martin Birks ungdom (A mocidade de Martin Birks, 1930) e Den förvandlade Messius (O Mesías trasladado, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 8.4.1892 - Montevideo 29.10.1951) Galeguista. Participou na fundación de Xuventudes Galeguistas e as Irmandades da Fala. Pertenceu á ORGA e participou no Pacto de Lestrobe (1930). Foi concelleiro da Coruña pola FRG (1931), presidente da Deputación da Coruña (1931-1932) e deputado pola Coruña por Izquierda Republicana (1936). A Guerra Civil obrigouno a permanecer oculto durante once anos. En 1947 fuxiu a París para logo instalarse en Montevideo, onde promoveu a audición radial Sempre en Galicia (1951) e colaborou no xornal Lealtad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lique que ten soredios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpúsculo que se forma no talo de moitos liques e que está constituído por hifas e gonidios, polo que se produce a multiplicación vexetativa dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, compatibilizou a súa carreira profesional vinculada á xudicatura (fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial) coa práctica da pintura. Iniciouse cunha formación tradicional realista e naturalista, á vez que posromántica, en que os paisaxistas da escola de Barbizon tiveron unha grande influencia. A base das súas obras pitóricas, polo xeral de pequeno formato, constituíuna o debuxo (Anita, 1910; Calle de Cangas, 1905). Partiu da temática costumista (Capilla de Santa Margarita, 1902) e do realismo anecdótico (La lechera, 1889; Camino de la fuente, 1895) e, ademais de destacar pola paisaxe minuciosa (Paisaje de Granada, 1892; Cruceiro, 1903), ás veces idealizada, compositiva e poética, fixo algunhas concesións á pintura preciosista (Flores de primavera). Empregou gamas verdes e ocres e aclarou a súa paleta, ao tempo que a súa pincelada se foi facendo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Bulgaria, coñecida tamén como Antibalcáns que, cunha lonxitude de 280 km, corre paralela á dos Balcáns ao S desta. A altura principal é Bogdan, con 1.604 m de altitude, ao L de Sofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Estudou en Nova York e debutou no Metropolitan Opera House (1970). Especializada en obras de Mozart, Rossini, Massenet e Debussy, da súa discografía destacan Hänsel und Gretel (1979), Pélleas et Melisande (1986), Chérubin (1991), Across Your Dreams (1996) ou Edimburg 1976 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Foi o fundador e director do Instituto de Viroloxía da Universidade de California. Conseguiu cristalizar o virus do mosaico do tabaco (1935) e investigou e preparou unha vacina contra o virus da gripe. En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e J. B. Sumner, o Premio Nobel de Química, polos seus traballos sobre a preparación dos enzimas e das proteínas dos virus en forma pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Foi un dos principais pintores do Segundo Imperio. Cultivou o retrato feminino e temas da vida mundana. Destacan A bañista. O seu irmán, Joseph Stevens (Bruxelas 1819-1892), foi pintor de xénero e animalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Considerado un dos vangardistas da arte fotográfica moderna, estudou enxeñaría e fotografía en Berlín. De volta en Nova York (1889), expuxo os seus traballos, nos que empregou goma bicromatada e retoques con efectos pictorialistas (Flat Iron, 1893), e inventou con Joseph T. Keiley a “fotografía directa” (1916). Cofundador do grupo Photo Secession (1902), abriu a galería The American Photographers, á que seguiron a Gallery 291 (1905-1917), Intimate Gallery (1925-1929) e An American Place (1929-1946). Director da revista Camera Work (1903-1917), a súa técnica derivou cara á expresión espiritual do artista a través da fotografía. Fuxindo dos retoques chegou á fotografía pura (retratos da súa muller, Georgia O’Keefe, 1917) e á abstracción (Songs of the Sky, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático noruegués. Estudou a alta atmosfera, o campo magnético terrestre e os raios cósmicos, onde estableceu o denominado cono de Störmer. Fotografou as auroras boreais, que estudou teoricamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas iniciadas en 1982 en Xenebra entre EE UU e a URSS para reducir as armas estratéxicas, especialmente no que se refire ás de alcance medio, cun raio de acción que afecta a Europa. Paralizadas en 1983, reiniciáronse coa chegada ao poder de M. Gorbačov (1985), e remataron en 1991 coa sinatura do tratado que comportaba a eliminación dunha terceira parte do stock de armas nucleares de longo alcance e a redución á metade do arsenal estratéxico antes de nove anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Xeneral, en 1951 chegou a comandante en xefe das forzas armadas. En 1954 dirixiu un golpe de estado que depuxo o presidente Federico Chávez, e fíxose proclamar presidente da república. Desde entón foi reelixido ininterrompidamente polo seu partido, a Asociación Nacional Republicana ou Partido Colorado, que controlaba o congreso dos deputados grazas a unhas eleccións fraudulentas periódicas. En 1989 foi deposto por un golpe militar capitaneado polo seu antigo colaborador Alfredo Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e xenetista. Xunto con T. H. Morgan, contribuíu ao estudo da localización dos xenes nos cromosomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Matemáticas e profesor de ensino secundario, formou parte da organización estudantil ERGA e participou na creación da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), durante a etapa na que formou parte da dirección do sindicato de traballadores do ensino (UTEG). Militou na AN-PG e desde 1972 na UPG, participando na fundación do BNG en 1982. Foi concelleiro de Allariz (1979-1983) e deputado provincial en diversas ocasións. En 2005 foi nomeado conselleiro de Medio Rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Concelleiro en 1931 polo Partido Republicano Radical Socialista, foi designado alcalde o 28 de decembro de 1933 e deposto despois dos sucesos de outubro de 1934. Recuperou a alcaldía tras as eleccións de febreiro de 1936. Detido o 21 de xullo de 1936, foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde de cabalaría creada polo lendario Rei Artur, que reunía aos seus cabaleiros ao redor dunha mesa redonda para evitar todo sentimento de superioridade entre eles. Pertence á materia de Bretaña e ao ciclo do Graal, e os seus personaxes máis famosos, en mans do seu creador, Chrétien de Troyes, como Percival ou Lancelote do Lago, distínguense individualmente polas súas aventuras na busca duns ideais tan profanos como espirituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista de arquitectura. Dirixiu o Istituto di Storia di Architettura da facultade de arquitectura de Venecia. Publicou, entre outras, as obras Teoria e storia dell’ architettura (1968), Socialismo, città ed architettura (1968) e La sfera ed il labirinto (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lóxico e matemático. Especializado en problemas sintácticos e semánticos, elaborou unha lóxica polivalente e fixo importantes achegas á teoría da medida e á metamatemática. Da súa obra destacan O logice matematycznej i metodzie dedukcyijnej (Introdución á lóxica e á metodoloxía das ciencias dedutivas, 1936), Undecidable Theories (1953) e Logic semantics, Matematics (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO