"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1969 en Bogotá coa finalidade de formar un mercado común andino. Os asinantes foron Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Chile; Venezuela adheriuse en 1973 e Chile separouse en 1976. A organización ten o nome oficial de Acuerdo de Cartagena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.
-
GALICIA
Deuse a coñecer como poeta, arredor do 1900, logo de gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Santiago. Outorgáronlle un premio pola composición “Íntima” na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. No 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema “Las cumbres” e o primeiro accésit por “La casa muerta”. Salienta a súa obra lírica en castelán Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén as súas poesías premiadas; o monólogo lírico Al desplegarse la rosa (1917) e, sobre todo, Diana de gaita (1930), na que mostra unha fermosa visión da paisaxe galega con gran sensibilidade. Algúns investigadores subliñan a influencia deste libro na obra de Amado Carballo -concretamente, en Proel e no poema “O Galo”- aínda que non estea aínda claro se a intervención se deu en forma de reciprocidade, de indución ou de maxisterio dunha das partes sobre a outra. De confirmarse este influxo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Palencia en 1628, de Burgos en 1631 e de Sigüenza en 1640. En 1636 foi Vicerrei e Capitán Xeneral de Navarra e nove anos máis tarde fíxose cargo do Arcebispado de Compostela. Publicou nesta cidade en 1648 o libro Constituciones sinodales.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto nado en Cee (A Coruña). Inscribiuse como estudante entre 1654 e 1656 na facultade de Artes da Universidade de Santiago. Comezou a traballar nos talleres da Catedral de Santiago desde 1662 onde desenvolveu un ascenso profesional rápido: tres anos máis tarde xa aparecía vencellado ao fabriqueiro Vega y Verdugo que o promocionou como Aparellador Maior da catedral (1669). Pouco tempo despois, en 1676 acadou o cargo de mestre de obras coa obriga de organizar os espectáculos de fogos artificiais, trazar e dirixir todas as obras do edificio catedralicio e as posesións do cabido santiagués. Como arquitecto cómpre salientar as súas numerosas intervencións na catedral: a remodelación da Porta Santa (1694), o pórtico real da Quintana (1695-1700), a capela do Pilar (1686-1710) e sobre todo, a Torre do Reloxio (1676-1680) onde chegou ao seu cumio monumental e decorativo. A todo isto hai que lle engadir a súa actividade como mestre de obras municipal. Desta época son edificios civís tan significativos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torre de homenaxe do que fora castelo de Fernán Pérez de Andrade, quen o mandara construír no 1396. Está situada na parroquia da Nogueirosa, a 309 m de altitude, e desde alí pode outearse todo o esteiro do Eume e a vila de Pontedeume ao seu carón.
-
PERSOEIRO
Relixioso teatino. Profesou nesa orde no ano 1558, logo de trocar o seu nome de Lancellotto Avellino e abandonar a avogacía. Foi amigo de San Carlos, Arcebispo de Milán, quen lle encargou a fundación dun convento de teatinos. Foi canonizado pola Igrexa Católica en 1712. A súa festividade celébrase o 10 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viviu en Palestina baixo a dominación árabe e foi Arcebispo de Creta. É autor de varias poesías litúrxicas, entre as que o “Gran canon” permanece en uso aínda na actualidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Un dos doce Apóstolos, fillo de Xonás e irmán de Simón Pedro. Era un pescador orixinario de Betsaida e foi recrutado por Xesús converténdose nun dos seus primeiros apóstolos. Conforme antigas tradicións morreu crucificado en Patres (Grecia); sen embargo, segundo a lenda, morreu nunha cruz en forma de aspa (cruz de Santo André) e así o representaron a partir dos ss X e XI, especialmente fóra de Italia. A súa festividade celébrase o 30 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea d’Agnolo. Foi discípulo de Piero di Cosimo. Entre as súas primeiras obras sobresaen os frescos da vida de san Filipe Benizzi (1509-1510), na igrexa da Annunziata de Florencia. En 1518 foi a Francia por requirimento de Francisco I. É autor da Última cea en San Salvi (1519), considerada a máis bela despois da de Leonardo; así como de La Madona delle Arpie e da Dama llegint Petrarca, ambas as dúas na Galleria degli Uffizi (Florencia). Pertence á xeración posclásica do Renacemento italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo entre 1343-1377. Acadou sona, sobre todo, cos seus frescos do Capellone degli Spagnoli (1366-1367) en Santa María Novella de Florencia. Seguiu o estilo de Giotto, pero cunha certa liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estudiou Dereito na Universidade de Nápoles e despois entrou na congregación teatina. Morreu aos 87 anos cando se dispoñía a celebrar unha misa. Invócaselle nalgúns exorcismos galegos na compaña de san Bertomeu, santo Agostiño e san Caetano. É avogoso da morte repentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Creta. Foi o primeiro poeta-músico da igrexa grega que cultivou a forma musical chamada canon. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
É o propio apóstolo de Cristo. A lenda que o vencella a Galicia di que chegou ao lugar de Teixido por mar e, en desembarcando, a barca quedou petrificada e converteuse no penedo mariño coñecido co nome de Barca de san Andrés. Outro relato conta que unha vez Xesús, na compaña de san Pedro, atopou neste cabo do mundo a santo Andrés cheo de morriña por ser patrón dun sitio tan afastado que ninguén ía visitar. Xesús, compadecido, prometeulle unha romaría que só deixaría de existir cando o mundo acabase e á que acudirían todos, mesmo os mortos, xa que quen fose a ela sete veces acadaría a salvación eterna. O seu santuario (A Régoa, Cedeira), nun escarpado acantilado da serra da Capelada -ó igual co Purgatorio de san Patricio en Station Island do Lough Derg (Irlanda)-, é cita obrigada de peregrinaxe para todo bo fillo do país, pois como di a tradición: “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”; caso semellante ao de santa Ana na Bretaña e san Patricio en Irlanda. Uns...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro sacerdote católico no Xapón, que morreu mártir no 1846. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este outro santo oriental para salientar a universalidade da Igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irmán de san Pedro e pescador coma el. Foi o primeiro seguidor de Cristo. Evanxelizou Escitia (na actual Rusia), e aínda que este apostolado está sen confirmar, si se admite que estivo no mar Negro e na Ucraína. Segundo a lenda, un anxo mandoulle visitar a Mateo, cego e preso na Etiopía. Finalmente volveu a Grecia, e estivo en Macedonia e no Peloponeso, onde sufriu martirio: atárono a unha cruz en forma de aspa, sen cravalo, para que a agonía fose máis lenta; así foi, agonizou durante dous días e expirou ao terceiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal procedemento de síntese industrial do ácido cianhídrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de anelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual de cheiro desagradable, con follas lineais divididas en lacinias capilares e flores pequenas e amarelas, dispostas en umbela. Atópase en Galicia como especie cultivada para o aproveitamento dos froitos.
-
CIMA
Cima culminante dos Pireneos (3.404 m), situada no macizo da Maladeta. Atópase no concello de Benasque (Huesca), na alta conca do Esera. Está formado por rocha granítica, aflorando na base estratos de rochas calcarias do Devónico; no relevo destacan as cristas de Coromines (crista principal), Llosars e o paso de Mahoma. Nos avesedos existen glaciares como o de Aneto (N), de Coronas (O), de Barrancos (L) e de Llosars (S). O glaciar de Aneto ten ao redor de 80.000 m2 de superficie, un grosor máximo de 50 m e avanza aproximadamente 35 m cada ano. A primeira ascensión ao Aneto realizárona en xullo do 1842 o ruso P. Čikhačev e o francés A. de Franqueville.
VER O DETALLE DO TERMO