"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Raíña seléucida, filla de Cleopatra II. Casou co usurpador do trono de Siria Alexandre Balas, con Demetrio II e con Antíoco VII. Asociou ao trono o seu fillo Antíoco VIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Exipto e de Siria, filla de Cleopatra III e Ptolomeo VIII. Casou co seu irmán Ptolomeo IX, con Antíoco VIII, con Antíoco IX e con Antíoco X. Na invasión de Siria polo rei de Armenia, Tigranes, morreu asasinada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Exipto, filla de Ptolomeo IX. Como única descendente da dinastía Láxida, casou con Ptolomeo XII para lexitimar o trono.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Exipto, filla de Ptolomeo XII e Cleopatra VI. Gobernou Exipto desde o ano 51 a C xunto ao seu irmán e esposo, Ptolomeo XIII. Acusada de conspiración, marchou a Siria para atacar dende alí o goberno exipcio, feito que provocou a Guerra de Alexandría e a morte do seu esposo. Xulio César, que estaba no país, apoderouse da coroa, mais polas súas relacións amorosas con Cleopatra, cedeulla. Casou logo co seu irmán pequeno, Ptolomeo XIV, a quen asasinaría. No 48 a C marchou a Roma por orde de César, co fillo deste. Regresou a Exipto e aliouse con Marco Antonio con quen casou. No 35 a C foi proclamada Raíña de reis e recibiu do seu esposo Armenia, Calcídica, Chipre, Damasco, Fenicia e Arabia. Esta medida non gustou a Octavio Augusto e provocou a Batalla do Actium (31 a C), na que Marco Antonio e Cleopatra saíron derrotados; posteriormente, suicidáronse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra francés. Describiu a sintomatoloxía de diversas psicoses exóxenas e estudiou os delirios crónicos sistematizados. É o creador da teoría do automatismo mental, que establece que a enfermidade psíquica é consecuencia da produción espontánea, automática e involuntaria dunha serie de elementos semiolóxicos, produto da excitación neuronal. A súa obra Oeuvre psychiatrique (Obra psiquiátrica, 1942), recollida polos seus discípulos, publicouse postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oficial da mariña inglesa, conde de Cumberland. Loitou contra a Armada Invencible (1588) e realizou numerosas expedicións de piratería contra as costas hispánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Escudo circular e arqueado empregado na Antigüidade.
-
Motivo ornamental que adoita ter a forma dun medallón circular ou ovalado, co interior decorado con pinturas ou esculturas e que se coloca nos muros e paredes.
-
Placa da cabeza dos insectos, situada por baixo da fronte e limitada lateralmente polas mandíbulas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao clítoris.
-
PERSOEIRO
Rei de todos os francos (481-511). Sucedeu o seu pai, Khilderico I. Logo de vencer a Siagrio, o último representante do Imperio Romano na Galia (486), impúxose como rei único dos francos salios e, grazas á axuda que lles prestou aos francos ripuarios, atacados polos alamanos (496), estes tamén o elixiron rei (509). Converteuse ao cristianismo (496) e obtivo a influínte adhesión do episcopado, feito que significou a submisión dos galorromanos e que lle facilitou a loita contra os visigodos, aos que derrotou en Vouillé (507). Reuniu un concilio en Orléans (511) e mandou codificar a lei consuetudinaria dos francos salios (lex salica). Fixo de París o centro do seu reino, que abranguía case toda a Galia, agás Borgoña, Provenza e Septimania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei merovinxio de Neustria e Borgoña (639-657), fillo de Dagoberto I. Durante o seu reinado Austrasia recuperou a autonomía perdida no reinado anterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás clorobiáceas.
-
Bacteria da familia das clorobiáceas.
-
Familia de bacterias da orde das pseudomonadais constituída por pequenos bacilos Gram-negativos inmóbiles. Son fotolitótrofas e anaerobias estritas, que utilizan o dióxido de carbono como fonte de carbono e o ácido sulfhídrico como receptor final de electróns. Polo xeral, viven nas capas profundas de moitas lagoas de augas salobres ricas en ácido sulfhídrico. Tamén se coñecen como bacterias fotosintetizadoras verdes do xofre.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás clorofíceas.
-
Alga da clase das clorofíceas.
-
Clase de algas que coloniza unha ampla variedade de hábitats; pódense atopar tanto en solos agrícolas ou cascas das árbores como en augas continentais ou mariñas, aínda que a maioría das especies viven en augas doces. As máis delas son microscópicas, algunhas unicelulares monadais (Pediastrum, Closterium), outras coloniais (Volvox) e moitas, filamentosas (Spyrogira, Zygnema e Ulotrix). A cuberta verde que aparece nos solos e nas rochas húmidas, nas pozas ou nas augas paradas dos regatos, son algas verdes deste tipo, que lle deben a súa cor á presenza dun pigmento (clorofila b) semellante ao que presentan os fentos, as plantas con flores e os musgos. As especies mariñas de maior tamaño son as que presentan unha morfoloxía laminar (Ulva e Prasiola), tubular ou filamentosa (Enteromorpha, Chaetomorpha e Cladophora)) ou cilíndrica e esponxosa (Codium). Viven na zona intermareal dos rochedos e, raramente, nas marismas, pero sempre en zonas nitrificadas e cunha gran cantidade de materia orgánica,...
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cloromonadofíceas.
-
Alga da clase das cloromonadofíceas.
-
Clase de algas unicelulares incluída no gran grupo dos cromófitos. Abrangue unha ducia de xéneros de organismos mariños, de auga doce ou limícolas, con células biflaxeladas, de membrana fina e plástica, forma ovoide e comprimida, e plastos numerosos e discoidais de cor verde, pero especialmente ricos en xantófilos.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Destacou como un dos mellores especialistas de trama policial, modalidade que empregou para expresar ideas pesimistas sobre a sociedade actual. Entre as súas producións destacan Le corbeau (O corvo, 1943) e Quai des Orfevres (O paseo dos ourives, 1947). En 1953 gañou o Premio do Festival de Cannes por Le salaire de la peur (O salario do medo, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto masculino fundado en Lugo en 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Naceu coa vocación de constituírse no equipo que liderase o baloncesto da cidade lucense, e na tempada 1969-1970 acadou o seu primeiro ascenso á máxima competición española, a Primeira División. Nesa categoría militou nas catro temporadas seguintes, ata a 1973-1974, que rematou co descenso. Un ano despois volveu á Primeira División, na que permaneceu dúas temporadas máis, a 1975-1976 e a 1976-1977, na que perdeu a categoría. Á conclusión da tempada 1983-1984 obtivo un terceiro ascenso á, denominada entón, División de Honor. Nesta ocasión mantívose na elite tres tempadas consecutivas (1984-1985, 1985-1986 e 1986-1987). Foi nesta última etapa cando conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar un torneo internacional, a Copa Korac da temporada 1985-1986, da que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. Nesta época, Manel Sánchez converteuse no primeiro xogador breoganista que formou parte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
hipericáceo.
-
-
Relativo ou pertencente ás cneoráceas.
-
Arbusto da familia das cneoráceas.
-
Familia de arbustos perennifolios da orde das sapindais integrada por só tres representantes de follas alternas e coriáceas, flores solitarias e axilares ou en cimas corimbiformes, e froito en cápsula tricoca. Un dos representantes é Cneorum tricoccon, propio da rexión occidental mediterránea, e outro é Neochamaela pulverulenta, presente na Macaronesia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cnidosporídeos.
-
Protozoo da clase dos cnidosporídeos.
-
Clase de protozoos que se caracterizan por ter esporas non móbiles, cada unha con dous ou máis filamentos polares. Son todos parasitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De cor escarlata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cóccix.