"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Familia nobre establecida en Nápoles no s XIII, que posiblemente descende dos reis de Escocia; desde 1863 puideron apelidarse Cantelmo-Stuart. Desta rama saíron dúas liñas: a dos duques de Sora e Alvito, extinguida no s XVI, fiel aos anxevinos, e a dos duques de Pópoli, príncipes de Pettorano, aliados dos cataláns; nesta última rama destacou Rostaino Cantelmo-Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, duque de Pópoli. Serviu no exército de Filipe IV de Castela en Flandres, onde era gobernador. Posteriormente exerceu como lugartenente xeneral de Catalunya (1644-1645), cando esta se levantou contra o monarca. Foi derrotado polas forzas francesas do conde de Harcourt en 1645 e destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, sexto duque de Pópoli e príncipe de Pettorano. Era neto de Andrea Cantelmo e irmán do cardeal Giacomo Cantelmo (1640-1702), arcebispo de Nápoles. Loitou en Mesina durante a insurrección de 1674 e en Flandres. Cando estalou a Guerra de Sucesión (1702), recoñeceu a Filipe V de Castela. Foi xeneral en xefe das forzas filipistas que asediaron Barcelona en 1713 e ordenou o bombardeo a grande escala da cidade (do 22 de maio ao 6 de xullo de 1713). Instalouse en Madrid, onde exerceu cargos na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan feito con ovo e azucre, que se adoita dar aos veciños que non asisten nin ao banquete nin á cerimonia relixiosa dunha voda.

    2. Anaco dunha bola de pan, con codia, cortado polo canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi discípulo de Vincent d’Indy na Schola Cantorum. Escribiu dúas óperas, aínda que o seu traballo máis importante realizouno como folclorista. Destacan os Chants d’Auvergne (1923-1930), escolma de cancións populares, harmonizadas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de boiardos de orixe tártara establecida en Moldavia no s XVII. Foron príncipes de Moldavia, Constantino (1685-1693) e os seus fillos Antíoco (1695-1700 e 1705-1707) e Dimitri (1710-1723); este último axudou a Pedro o Grande contra os turcos e destacou como historiador coa Historia incrementorum atque decrementorum aulae othomanicae (Historia da grandeza e da decadencia do Imperio Otomano). Escribiu tamén outras obras sobre Moldavia e Valaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Kent, no SL de Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Stour (116.829 h [1981]. É un coñecido mercado agrícola e núcleo industrial, onde destacan as empresas téxtiles e as de elaboración de produtos lácteos. A cidade correspóndese coa colonia romana chamada Durovernum. Os primeiros misioneiros, enviados por santo Agostiño de Canterbury, establecéronse no 597. Converteuse en sé episcopal no ano 602 e a sé titular foi designada como primada de Inglaterra. O arcebispo Thomas Becket foi asasinado na catedral en 1170 e, despois da súa canonización (1172), Canterbury converteuse nun centro de peregrinaxe moi frecuentado na Idade Media. A construción da Christ Church Cathedral iniciouna en 1070 o arcebispo Lanfranc. En 1174 un incendio destruíu a cabeceira, que sería reconstruída polo mestre francés Guillaume de Sens baseándose nun esquema da catedral de Sens. En 1379 derrubouse a nave para construír unha nova, acabada en 1400, obra mestra do gótico perpendicular....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Sur (37.955 km2; 478.912 h [1996]). A capital é Christchurch (313.969 h [1996]). O relevo está formado por grandes chairas, con numerosos lagos (Pukaki, Kekapo, Coleridge) e ríos (Okuku, Ashley) que desembocan na baía de Canterbury. Está dividido en nove condados. No seu territorio hai diversas reservas naturais como os parques nacionais de Arthurs Pass e Nelson Lakes. A orixe da rexión remóntase á colonia fundada en 1848 por unha sociedade protestante inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións escritas por Geoffrey Chaucer entre os anos 1380 e 1400. Trátase dunha obra inacabada que consta de 23 narracións en verso, a maioría dispostas en pareados heroicos, e dúas en prosa, que teñen como marco unitario unha peregrinación a Canterbury. O procedemento condutor escollido formúlase nun prólogo xeral onde se describe unha congregación de viaxeiros, camiño da tumba de san Thomas Becket, que deciden amenizar a marcha contando relatos. Á volta, o mellor narrador será obsequiado cunha cea na pousada na que coincidiron fortuitamente. Este artificio integra os relatos nun mesmo fío narrativo, e contribúe a dotar a obra dun ton unitario dentro da súa diversidade. Os narradores presentados e descritos individualmente no prólogo xeral aparecen ao longo da obra nos enlaces entre os contos, a miúdo caracterizados por medio de diálogos dramáticos. A función destes enlaces é manter a ilación da trama, perfilar os retratos dos personaxes e introducir o asunto dos diversos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte e técnica de labrar a pedra mediante a talla.

    2. Pedra labrada e obra que se realiza con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámina de ferro que recobre o canto da roda do carro para evitar o desgaste da madeira.

    2. Grampa de ferro ou de aceiro coa que se une a fenda das zocas cando se estragan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está gornecido con canterlas nos cantos ou nos bordos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar canterlas nas rodas dos carros ou nas zocas con fendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación socialista editada na cidade de Vigo en outubro de 1907. Levaba o subtítulo de “Órgano de la Federación Nacional de Canteros, Marmolistas y Similares” e pertenceu á UGT, con sede en Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora finlandesa. Entre as súas obras, influídas por Ibsen, destacan os dramas: Työmiehen vaimo (A muller do obreiro, 1885), Papin Perhe (A familia do capelán, 1891), Sylvi (1893) e Anna Liisi (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde das cantarelais ao que pertencen os cantarelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Himno de loanza e agradecemento extraído de diversos libros bíblicos (agás o Libro dos Salmos). No Antigo Testamento localízanse fragmentos líricos que reciben este nome: o “Cántico de Moisés”, que celebra o seu paso polo Mar Vermello, o “Cántico de Débora”, que aparece tralo pecado e a morte de Sisara, o “Cántico de Xudit”, por ter dado morte a Holofernes, o “Cántico de Tobías”, por recobrar a vista, etc. No Novo Testamento, recóllense o “Magnificat”, “Benedic22tus”, “Nunc dimittis”, o “Cántico de Zacarías” e o “Cántico de Simeón”. No eido da literatura galega e, dende unha perspectiva profana, cómpre citar o Cántico da fonte (1982), de Cesáreo Sánchez Iglesias.

      2. Canto, especialmente cando é relixioso e solemne.

    1. Composición poética destinada a celebrar acontecementos profanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monólogo cantado ou declamado de índole narrativa que, na comedia latina, representaba un histrión, amodo de síntese do tema que se ía tratar, solicitando a curiosidade e o aplauso do público. Constitúe a primeira das tres partes de que constaba a comedia latina. A súa popularidade fixo que acadase entidade propia, separado da obra. Autores como Terencio ou Plauto compuxéronos soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Medida ou número de unidades polo que se determina un conxunto de cousas da mesma clase.

      2. Propiedade das cousas que fai que sexan medibles. Aristóteles fixo da cantidade a terceira categoría, ademais da substancia e da calidade. Kant tomou a cantidade como un grupo de categorías, do mesmo xeito ca a unidade, a pluralidade e a totalidade, camiño que seguiu o idealismo dialéctico dos poskantianos.

      1. Porción grande dunha cousa ou número máis ou menos considerable de cousas ou de persoas. OBS: Emprégase sen determinante.

    1. Suma de diñeiro máis ou menos importante.

    2. Duración dun son consonántico ou vocálico, dun ditongo ou dunha sílaba. A cantidade posuía, en determinadas linguas como o sánscrito, o grego e o latín, pertinencia fonolóxica, xeralmente dentro da sílaba. Eran linguas cuantitativas que distinguían entre vocais e sílabas longas, por un lado, e vocais e sílabas breves, por outro (LĔVIS > leve/LĒVIS > liso), representadas graficamente cos símbolos (?) e (?), respectivamente, colocados sobre a vocal. En grego e latín, a sílaba longa é a que contén unha vogal longa ou un ditongo (longa por natureza: PŌPŬLUS > polo, CAELUM > ceo), ou ben unha vocal breve seguida de dúas ou máis consoantes, ou dunha consoante dobre (longa por posición). Se as dúas consoantes que seguen á vogal breve son muta cum liquida (DIES MĔRCURIS > mércores), a sílaba pode ser breve. É sílaba breve, tamén, a que remata en vogal breve (PŎPŬLUS > pobo). A métrica grecolatina e árabe tamén se determinaba pola cantidade,...

    3. En lóxica, extensión dos termos dunha proposición e da proposición en si mesma. Pode ser universal, particular e singular. Así en “o home é mortal”, “home” é universal (todos os homes) e “mortal” é particular (entre todos os mortais, designa os que son homes).

    4. Calquera expresión aritmética, alxébrica ou analítica á que se lle atribúe un valor. Unha cantidade é todo aquilo susceptible de aumento ou diminución e pode ser medido para expresarse mediante un número. Dúas cantidades son conmensurables se hai unha relación fraccionaria entre as súas medidas. Unha cantidade é infinitamente grande se supera unha cantidade de referencia, que dependerá en cada caso dunha eleccción arbitraria, e é infinitamente pequena se non chega a esta cantidade de referencia.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición versificada destinada ao canto, normalmente de carácter popular.

    2. Composición lírica dos trobadores galego-portugueses. Trátase dunha designación autóctona, xa que as restantes líricas medievais empregan, pode que por influxo occitano, un termo derivado do latín *cantione: cansó (dominio occitano), chanson (dominio d’oïl) e canzone (dominio italiano). A verdadeira etimoloxía de cantiga aínda presenta problemas para os estudiosos; algúns emparéntana coa actual cántiga

    VER O DETALLE DO TERMO