cantidade
(< lat quantĭtās-ātis)
-
s
f
-
Medida ou número de unidades polo que se determina un conxunto de cousas da mesma clase.
Ex: Temos que calcular a cantidade de semente que precisamos para botar a veiga enteira. Pediulle unha cantidade de libros superior á que vendeu.
-
[FILOS]
Propiedade das cousas que fai que sexan medibles. Aristóteles fixo da cantidade a terceira categoría, ademais da substancia e da calidade. Kant tomou a cantidade como un grupo de categorías, do mesmo xeito ca a unidade, a pluralidade e a totalidade, camiño que seguiu o idealismo dialéctico dos poskantianos.
-
-
s
f
-
Porción grande dunha cousa ou número máis ou menos considerable de cousas ou de persoas. OBS: Emprégase sen determinante.
Ex: Había cantidade de xente na romaría.
-
-
s
f
Suma de diñeiro máis ou menos importante.
Ex: Se prefire pagar a prazos, ten que pagar unha pequena cantidade mensual.
-
s
f
[LING]
Duración dun son consonántico ou vocálico, dun ditongo ou dunha sílaba. A cantidade posuía, en determinadas linguas como o sánscrito, o grego e o latín, pertinencia fonolóxica, xeralmente dentro da sílaba. Eran linguas cuantitativas que distinguían entre vocais e sílabas longas, por un lado, e vocais e sílabas breves, por outro (LĔVIS > leve/LĒVIS > liso), representadas graficamente cos símbolos (?) e (?), respectivamente, colocados sobre a vocal. En grego e latín, a sílaba longa é a que contén unha vogal longa ou un ditongo (longa por natureza: PŌPŬLUS > polo, CAELUM > ceo), ou ben unha vocal breve seguida de dúas ou máis consoantes, ou dunha consoante dobre (longa por posición). Se as dúas consoantes que seguen á vogal breve son muta cum liquida (DIES MĔRCURIS > mércores), a sílaba pode ser breve. É sílaba breve, tamén, a que remata en vogal breve (PŎPŬLUS > pobo). A métrica grecolatina e árabe tamén se determinaba pola cantidade, de xeito que o ritmo se baseaba na distribución cuantitativa das sílabas en longas e breves. Así, distinguíanse os seguintes tipos de sílabas: a sílaba longa, a sílaba breve e a sílaba anceps, que pode actuar como breve ou como longa. Cara ao s III, o latín que se falaba na Romania foi perdendo o trazo da cantidade como característica fonolóxica deixando paso ao trazo distintivo do timbre (vocal aberta vén/vocal pechada ven). As modificacións que se produciron deron orixe a un sistema proto-románico común, que aínda conserva o galego e outras linguas como o catalán, formado por un sistema vocálico tónico de sete elementos. O novo sistema vocálico baseado na intensidade opón as vocais, dentro da estrutura da palabra, pola súa tonicidade ou atonicidade. No galego, coma no resto das linguas románicas, a cantidade xa non é trazo distintivo, mais segue a desempeñar un papel fundamental; a duración dunha sílaba non depende xa da súa estrutura, senón do acento rítmico, do contexto fonético e da énfase coa que se pronuncia. Cómpre dicir en todo caso que a desfonoloxización non implica que a cantidade desaparecese como trazo fonético, xa que en xeral as vocais tónicas en calquera lingua románica adoitan ter un terzo máis de duración ca as vocais átonas.
-
s
f
[FILOS]
En lóxica, extensión dos termos dunha proposición e da proposición en si mesma. Pode ser universal, particular e singular. Así en “o home é mortal”, “home” é universal (todos os homes) e “mortal” é particular (entre todos os mortais, designa os que son homes).
-
s
f
[MAT]
Calquera expresión aritmética, alxébrica ou analítica á que se lle atribúe un valor. Unha cantidade é todo aquilo susceptible de aumento ou diminución e pode ser medido para expresarse mediante un número. Dúas cantidades son conmensurables se hai unha relación fraccionaria entre as súas medidas. Unha cantidade é infinitamente grande se supera unha cantidade de referencia, que dependerá en cada caso dunha eleccción arbitraria, e é infinitamente pequena se non chega a esta cantidade de referencia.
-
[FÍS]
-
cantidade de calor
Enerxía térmica que absorbe ou cede un corpo ao elevarse ou diminuír, respectivamente, a súa temperatura.
-
cantidade de electricidade
carga eléctrica.
-
cantidade de iluminación
Magnitude fotométrica igual ao produto da iluminación polo tempo que se considera.
-
cantidade de luz
Magnitude fotométrica igual ao produto do fluxo luminoso polo tempo que se considera. Emprégase para a súa medición o lumen-segundo (lm-s) ou o lumen-hora (lm-h).
-
cantidade de materia
Magnitude física proporcional ao número de entidades elementais que forman a materia do sistema considerado. A unidade SI de cantidade de materia é o mol.
-
cantidade de movemento
Para un punto material de masa m, vector p definido por p =m v , onde v é a velocidade do punto material. Chámase tamén momento lineal do punto.
-
cantidade de calor
Refráns
- Bens, os que vexas; e casa, na que caibas.
- Casa onde caibas, diñeiro sen conto, terras que non saibas.
- Casas, cantas vivas; terras cantas che dían.
- Do moito, pouco; e do pouco, nada.
- Do pouco vaise facendo o moito, pouco a pouco.
- Do pouco, pouco; e do moito, nada.
- Galgo que moitas lebres levanta, algunha mata.
- Máis caga un boi que cen andoriñas.
- Máis come un boi que cen andoriñas.
- Máis vale pouco e bo, que moito e malo.
- Máis vale unha de varón ca un cento de gorrión.
- Máis valen poucos moitos que moitos poucos.
- Mentres máis somos máis valemos.
- Non hai pouco que non baste nin moito que non se gaste.
- Non haí pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
- Nosos país a pulgadas e nós a brazadas.
- O pouco agrada e o moito enfada.
- O pouco nunca deu moito.
- Pan, con fartura; e viño, con mesura.
- Papas, ata a porta; coles, ata a horta; e fabas, para todo o ano.
- Por unha presa de fariña, que as papas non queden moles.
- Quen ten pouco, con media cazola ten de abondo.
- Tanto é o máis coma o menos.
- Tanto ten o máis como ten o menos.
- Tódolos anos choveu o mesmo, canado máis, canado menos.
- Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.
- Un so demo non fai inferno.