cantiga
cantiga
(< lat cantĭca‘cancións’)
-
s
f
[LIT/MÚS]
Composición versificada destinada ao canto, normalmente de carácter popular.
Sinónimos: canción, cantadela, cántiga. -
s
f
[LIT]
Composición lírica dos trobadores galego-portugueses. Trátase dunha designación autóctona, xa que as restantes líricas medievais empregan, pode que por influxo occitano, un termo derivado do latín *cantione: cansó (dominio occitano), chanson (dominio d’oïl) e canzone (dominio italiano). A verdadeira etimoloxía de cantiga aínda presenta problemas para os estudiosos; algúns emparéntana coa actual cántiga