cántico

cántico

(< lat cantĭcu)

  1. s m
    1. [LIT/RELIX]

      Himno de loanza e agradecemento extraído de diversos libros bíblicos (agás o Libro dos Salmos). No Antigo Testamento localízanse fragmentos líricos que reciben este nome: o “Cántico de Moisés”, que celebra o seu paso polo Mar Vermello, o “Cántico de Débora”, que aparece tralo pecado e a morte de Sisara, o “Cántico de Xudit”, por ter dado morte a Holofernes, o “Cántico de Tobías”, por recobrar a vista, etc. No Novo Testamento, recóllense o “Magnificat”, “Benedic22tus”, “Nunc dimittis”, o “Cántico de Zacarías” e o “Cántico de Simeón”. No eido da literatura galega e, dende unha perspectiva profana, cómpre citar o Cántico da fonte (1982), de Cesáreo Sánchez Iglesias.

    2. Canto, especialmente cando é relixioso e solemne.

  2. s m [LIT]

    Composición poética destinada a celebrar acontecementos profanos.

Palabras veciñas

Cantero Español, El | Canth, Minna | Cantharellus | cántico | canticum* | cantidade | cantiga