"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Economista. O seu pensamento, inicialmente neomercantilista, converteuse no mellor expoñente da elaboración do liberalismo económico de Adam Smith na España do s XVlll. Paralelamente, seguiu unha carreira administrativa na Secretaría de Finanzas, ata que no 1799 foi apartado do servizo activo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor castelán. É autor dalgúns libros relixiosos e, sobre todo, dunha novela picaresca, Alonso, mozo de muchos amos o El donado hablador (1624-1626), derivación culta do Lazarillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Substancia que fai alcalina unha solución.
-
Organismo que fai alcalino un medio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siglas da Aluminium Company of Canada, empresa fundada no 1928 por ALCOA como sección autónoma das súas actividades no estranxeiro, feito denunciado no 1944 como actividade monopolística. Dende 1951 é independiente e a principal competidora de ALCOA.
-
RIOS
Río da Península Ibérica, na conca do Ebro, afluente pola dereita do Cinca, preto de Ballobar logo dun percorrido de 138 km. Nace na serra de Guaira e flúe en dirección a Somontano e aos Monegros. Pola banda dereita recibe o Guatizalema e, augas abaixo de Sariñena, o Flumen.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Tarragona (7.727 h [1996]). É o municipio máis meridional de Catalunya. Cultivos de secaño (alfarrobeiras, olivos, amendoeiras). Laranxeiras e hortalizas. A apicultura ten unha gran tradición. Fábrica de cemento. Na moa do Remei encóntranse os restos dun poboado ibérico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de alcanzar.
-
Distancia ata a que se pode chegar a tocar, lograr ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.
-
Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.
-
Capacidade de entendemento.
-
Audiencia total dun anuncio ou campaña.
-
Saldo dunha conta debedora.
-
-
Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.
-
Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.
-
Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.
-
-
...
-
-
DIARIOS
Diario aparecido na Coruña no ano 1885 e subtitulado “Diario político y literario de la tarde”. O seu director foi Uxío Romo Jara ata 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado por Antonio Fernández Tafall e publicado no ano 1892 en Santiago. Subtitulábase “Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia”. No seu suplemento dos xoves, introducía artigos vencellados a diversos campos da cultura e colaboracións poéticas, da autoría de Barcia Caballero e Lisardo R. Barreiro. Xunto a estes, versións de textos de autores estranxeiros como Víctor Hugo, Leconte de Liste ou La Bruyère, e algúns poetas españois. No número extraordinario do 1 de xuño de 1893 publicouse un monográfico sobre Alfredo Brañas, con artigos de Murguía e Salvador Cabeza, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido o 3 de febreiro de 1897 en Santiago de tendencia católica e relacionado co rexionalismo conservador. Continuador de El Alcance (1892). Alfredo Brañas e Romero Blanco, entre outros, foron redactores, identificados coa defensa da temática sostida polo xornal: a Igrexa, Galicia e o Rexionalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga peza de roupa interior con mangas, semellante a unha camisa que levaban os homes e as mulleres indistintamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
candorca.
-
-
Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira, utilizada para resgardar a roupa da traza. É unha cetona terpénica existente nas dúas formas opticamente activas e na racémica. Obtense por destilación con arrastre de vapor da madeira da alcanforeira; desta maneira conséguese a forma dextróxira. A forma racémica obtense a partir do pineno. Os seus cristais desprenden un cheiro penetrante característico. É soluble en disolventes orgánicos e ácidos minerais. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, sobre todo celuloide, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos. A súa elevada constante crioscópica fai que sexa un solvente ideal para a determinación de pesos moleculares segundo o método de Rast. Inxectado en solución oleosa ( aceite alcanforado) actúa como estimulante cardíaco e respiratorio.
-
borneol levóxiro.
-
Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.
-
-
-
Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira, utilizada para resgardar a roupa da traza. É unha cetona terpénica existente nas dúas formas opticamente activas e na racémica. Obtense por destilación con arrastre de vapor da madeira da alcanforeira; desta maneira conséguese a forma dextróxira. A forma racémica obtense a partir do pineno. Os seus cristais desprenden un cheiro penetrante característico. É soluble en disolventes orgánicos e ácidos minerais. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, sobre todo celuloide, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos. A súa elevada constante crioscópica fai que sexa un solvente ideal para a determinación de pesos moleculares segundo o método de Rast. Inxectado en solución oleosa ( aceite alcanforado) actúa como estimulante cardíaco e respiratorio.
-
borneol levóxiro.
-
Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.
-
-
-
Impregnar calquera cousa de alcanfor.
-
Tratar calquera cousa con alcanfor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore de ata 40 m de altura, de follas persistentes, ovadas, longamente pecioladas e con flores amarelas. Aínda que é orixinaria de China, Xapón e Taiwán, cultívase en terreos ricos e húmidos de África, da costa mediterránea, de Florida, etc. Todas as partes do vexetal teñen abundantes células secretoras, que producen, entre outras substancias, o alcanfor. É unha árbore moi empregada en xardinería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concello da provincia de Teruel, Aragón, á beira do Guadalupe (12.679 h [1996]). Industrias derivadas da agricultura e de material refractario. Ten pinturas rupestres nas que se poden recoñecer as catro fases da arte rupestre levantina. Ramón Berenguer lV de Barcelona reconquistouno definitivamente no 1157. Afonso l de Aragón cedeu Alcañiz aos cabaleiros de Calatrava, que estableceron alí a encomenda de Aragón. Carlos I concedeu no 1526 unha Carta Magna que independizaba a vila da tutela dos cabaleiros. Os privilexios e as franquicias foron suprimidos no 1591. O castelo domina a vila. Lonxa (s XV). Colexiata comezada no 1736.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Alcañiz polos delegados dos parlamentos catalán e aragonés, polo que deixaban a cuestión da sucesión en mans duns xuíces ou compromisarios. Este pacto preparou o Compromiso de Caspe (1412).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na industria petroleira, condensación do isobuteno e de diversos butenos para formar trimetilbuteno e o chamado isooctano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos hidrocarburos saturados de cadea aberta, de fórmula xeral CnH2n+2presentes no petróleo e no gas natural. Chámanse tamén parafinas. O máis simple é o metano. Os outros alcanos derivan del formalmente por sucesivas insercións de metilenos -CH2-. A partir do cuarto membro da serie aparece a posibilidade de isomería por ramificación da cadea de carbonos e o número de isómeros medra moi rapidamente a medida que o número de carbonos aumenta. O nome dos alcanos lineais, excepto os catro primeiros, obtense combinando un prefixo numeral, derivado do grego ou do latín, que indica o número de carbonos, co sufixo -a. Os posibles isómeros noméanse con outros prefixos (n-, iso-, neo-) ou coa nomenclatura da IUPAC. A estrutura espacial dos alcanos vén determinada pola disposición tetraédrica das catro valencias dos carbonos, a causa da hibridación sp3dos seus orbitais atómicos....