"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de dereito político na Universidad Complutense de Madrid, facultativo do Instituto Bibliográfico Hispánico ou integrante da Dirección General del Libro y Bibliotecas. Como xornalista colaborou en El Compostelano, El Correo Gallego, La Noche, “As nosas páxinas galegas” do ABC e en Mundo Gallego, foi redactor xefe da revista Chan (1963-1985) e redactor da axencia EFE. Colaborou en diversas revistas especializadas como Revista Internacional de Sociología, Revista de Estudios Políticos ou Boletín da Real Academia Galega e tamén en Bibliografía de traduciones españolas de obras sociológicas y sociales publicadas de 1870 a 1915. Escribiu, entre outras obras, La idea de progreso social en Concepción Arenal (1957). Como tradutor recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León en 1966 por Felipe II, de C. Petrie. Foi correspondente da Real...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Integrante da Xeración das Festas Minervais e incluída no movemento da Nova Narrativa, foi alumna de R. Carballo Calero en Ferrol, quen a iniciou no coñecemento da literatura galega e no gusto pola escrita. Tras a consecución do Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo con “Nuestra primavera, tojos” (1958) e a súa participación en diversos recitais poéticos, incluíu algunhas composicións en diversas publicacións periódicas, como Aturuxo, Vida Gallega e Vieiros. No eido teatral foi actriz do grupo vangardista Teatro-Estudio de Ferrol e escribiu os dramas A outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1968, Premio Castelao de Teatro). Creadora do primeiro programa radiofónico presentado integramente en galego desde a Guerra Civil española, Raíz e Tempo (1963), participou na gravación de discos sobre Castelao e Cunqueiro. Da súa obra lírica, en que reivindica o papel da muller e a súa loita por Galicia, e que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como “el niño”, xoga na posición de dianteiro. Comezou a súa carreira futbolística no Atlético de Madrid aos dez anos e fixo o seu debut no primeiro equipo do clube Atlético de Madrid na tempada 2000/01 e na primeira división española o ano seguinte trala ascensión do Atlético. Xogou cinco tempadas neste equipo, co que marcou un total de setenta e catro goles. No ano 2007 asinou un contrato con equipo inglés Liverpool CF no que foi a fichaxe mais cara na historia do clube. Debutou como internacional na selección española o 6 de setembro de 2003, participou na Eurocopa de 2004, no Mundial de 2006 e na Eurocopa de 2008, marcando o gol que lle deu a vitoria a España fronte a Alemaña na final.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Procurador e promotor turístico. Foi decano do Ilustre Colegio de Procuradores da Coruña (1978-1998) e o primeiro presidente do Consello Galego dos Procuradores. Tenente de alcalde da Coruña (1950-1963), foi presidente da Asociación de Amigos do Turismo de Galicia e cónsul de Portugal. Preside a agrupación folclórica Aturuxo e foi fundador do Club Naútico de Camariñas. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Prata de Galicia (2004). É académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando Rodríguez Trueba.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. De formación inicialmente autodidacta, traballou como deseñador gráfico, ilustrador e escenógrafo. As preferencias temáticas expostas nas súas pinturas, cunha estética pop, foron a representación da muller e das súas formas corporais núas (El espejo, 1966) ou as composicións con maletas e sombreiros, que transmiten certa nostalxia (La maleta del holandés, 1991; El cuarto hombre, 1996; ou La mirada, 1998). Nas súas últimas obras (Carmen, 2002) tratou o cubismo. Das súas esculturas destacan El viajero (1991), Y sin embargo hay algo que se queda (1994) e Culis Monumentalibus (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Elna (1529), de Ourense (1530-1532), de Oviedo (1532-1539), de León (1539), de Sigüenza (1539-1546) e de Sevilla (1546), foi visitador de Navarra (1523) para urxir á obediencia aos seguidores do príncipe de Viana. Inquisidor xeral desde 1547, publicou un exhaustivo Índice de libros prohibidos (1559).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Favorito da Raíña Mariana de Austria, foi secretario de Carlos II. Enfrontado con Xosé Xoán de Austria, cando este entrou en Madrid coas súas tropas (1677), foi detido e desterrado a Filipinas. En 1689 trasladouse a Nueva España.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Foi documentalista da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, das súas obras destacan La masonería y La Coruña. Introdución a la historia de la masonería gallega (1984), Galicia y la masonería en el siglo XIX (1990) e Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX: Ourense 1909-1936/39 (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo no primeiro cuarto do s XIII, pertenceu á nobreza menor, como vasalo de Gil Vasquez de Soverosa, e casou con Teresa Martins, da familia dos Mogudos. As súas composicións aparecen xunto coas de Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que se pensa que puideron ter algunha relación de amizade ou parentesco. Autor de 29 cantigas, das que 25 corresponden ao xénero de amor; destas, 13 localízanse no inicio do Cancioneiro da Ajuda, polo que poden corresponder a algunhas das primeiras manifestacións deste xénero. Ademais do emprego de temas convencionais, salienta o uso constante da hipérbole e o seu estilo elegante, aínda que algo monótono. En canto ás cantigas de amigo, moi semellantes na temática ás de amor, a doncela láiase da separación do amado. Nunha delas, “Meu amigo, pois vós tan gram pesar” reprodúcese certo enfado da dama co amado, un motivo pouco usual, que tamén empregou Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que invita a pensar na relación existente entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Ordenouse presbítero en 1950 e estudou filosofía na Universidad Pontificia de Salamanca e na Universidad Complutense de Madrid, onde tamén cursou psicoloxía. Foi un dos fundadores e director do Instituto Christus Magister na Confederación de Religiosos Españoles en Madrid. Foi cofundador da Escuela Superior de Psicología da Universidad Pontificia de Salamanca, da que foi catedrático e decano. Escribiu Psicología profunda y Ética (1970), Freud y Jung: dos modelos antropológicos (1981), La psicología de la personalidad en Jung (1981) e Tolerancia: debilidad o fortaleza? (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudos sobre metafísica, ética, socioloxía e criminoloxía. Publicou La dialéctica, método de la filosofía (1966), Tres éticas del siglo XX (1970), Fundamentos de ética informativa (1986) e Ética y deontología de la información (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e licenciado en Lingua e Literatura Francesa, foi director da revista Estudios e codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET). Investigador e estudoso de Tirso de Molina e de Antonio Rey Soto, colaborou en Encrucillada, Grial, La Voz de Galicia e Ya. Publicou diversos ensaios, como Galegos en Europa (1973) e Homenaje a Tirso (1981), e poemarios, como Huellas (1964), Memorial de la vida (1976) e Mi soledad sonora (1992), algúns deles en galego, como No noso bosque convosco (2000) e O neno que fun (2001). É membro da Real Academia de Historia e da de Ciencias y Bellas Artes de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e médico. Coñecido como Luís Pimentel, destacou como poeta en galego dos grupos de vangarda. Licenciouse en Medicina (1922) pola Universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid para realizar o doutoramento; alí puido coincidir con moitos intelectuais da época na Residencia de Estudiantes e coñecer a obra de J. R. Jiménez e dos membros da Xeración do 27. Paralelamente comezou a colaborar en publicacións periódicas. En 1924 apareceu na revista Ronsel, de Lugo, a súa primeira entrega literaria, o poema en castelán “Mi pequeño deseo” e, posteriormente, creou a súa propia sección, titulada “De mi Tagebuch”, onde incluíu algúns poemas e prosa en castelán. A través da revista entrou en contacto cos seus directores, Álvaro Cebreiro e Correa Calderón, xunto con outros destacados intelectuais galeguistas da época, especialmente aqueles que se relacionaron coa editorial Galaxia. Impulsor da revista Xistral (1949), colaborou con outras publicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e funcionario da Consellería de Sanidade en excedencia. Coñecido polo alcume de Pachi Vázquez, licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política no Centro Democrático e Social, ingresando posteriormente no PSdG-PSOE. No ano 1993 foi elixido por primeira vez deputado do parlamento galego. Foi alcalde de Carballiño (1995-2005) ao tempo que deputado provincial, vocal da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e portavoz do grupo socialista na Deputación Provincial de Ourense. Volveu ao parlamento autonómico no ano 2005, data na que tamén se converteu en conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no goberno bipartito PSdG-PSOE-BNG. Despois da derrota electoral de 2009 e a dimisión de Pérez Touriño como secretario xeral do PSdG, foi elixido para substituílo no Congreso Extraordinario dese mesmo ano en Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Adestrador de fútbol. Debutou en Primeira División coa S. D. Compostela na tempada 1995-1996. Posteriormente adestrou, tamén en Primeira División, os equipos Real Oviedo, R. C. D. Mallorca, U. D. Las Palmas, Rayo Vallecano, Real Valladolid e Real Club Celta de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras, publicou Los caminos de Martin Heidegger: filosofía del lenguaje en el siglo XX (1993), Platón suspende la selectividad (1994), Vislumbres de utopía (1995) e o libro de poemas De la memoria al sueño (2003).
VER O DETALLE DO TERMO