"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás codiáceas.

    2. Alga da familia das codiáceas.

    3. Familia de algas verdes da orde das caulerpais, de talo sifonado e de paredes finas, ramificado de forma intricada para formar cordóns esponxosos dicótomos ou bólas baleiras e voluminosas. Son de vida mariña e presentan gametófitos diploides e gametos fortemente heterogámicos. Está composta polos xéneros Codium e Halimeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación do dereito revolucionario francés, constituída como o primeiro código de dereito civil da historia. Foi elaborado entre 1800 e 1804, e baseouse no relatorio redactado polos avogados Félix Bigot, Jean Portalis e Francois Tronchet, polo Consello de Estado e polos corpos colexisladores do consulado bonapartista. Pouco modificado pola Restauración, foi a norma reguladora da vida xurídica francesa contemporánea e influíu tamén no dereito civil doutros estados europeos e americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de constitucións imperiais romanas promulgada por Teodosio II e Valentiniano III ata o ano 438, e para a metade occidental do Imperio. Composto por dezaseis libros divididos en títulos, tiña unha finalidade docente, pero tamén se empregou como base lexislativa na interpretación do ius e da lex. Consérvase dun xeito fragmentario a través do Breviario de Alarico e da Lex Romana Visigothorum. Tentaba ser o mellor exemplo na tendencia oficial cara a unha estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano. Foi derrogado a comezos do s VI polo Emperador Xustiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen vive ou coincide nunha mesma época ou nun mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e cantautor canadense. En 1956 publicou Let us compare Mythologies (Déixanos comparar mitoloxías), o seu primeiro libro de versos, e cara a finais da década dos cincuenta escribiu a parte máis importante da súa produción literaria. Destacan as novelas Beautiful Losers (Fracasados marabillosos, 1966) e The Favourite Game (O xogo favorito, 1963); os poemarios Flowers for Hitler (Flores para Hitler, 1964), Parasites of Heaven (Parasitos do ceo, 1966) e The Energy of Slaves (A enerxía dos escravos, 1972); e diversos artigos e cancións. Debutou como cantante no festival folk de Newport en 1967 e converteuse nunha gran figura da canción popular. Na súa discografía destacan Songs of Leonard Cohen (Cancións de Leonard Cohen, 1968), Songs from a Room (Cancións dende a habitación, 1969), Various Positions (Posicións variadas, 1984), The Future (O futuro, 1993), Leonard Cohen in Concert (Leonard...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi ministro de Instrución Pública (1919 e 1922-1923) e fundador da facultade de Letras do Porto, da que foi profesor e director. Entre as súas principais obras cómpre salientar O pensamento criacionista (1914), A Alegria, a Dor e a Graça (1916) e Do Amor e da Morte (1922). As súas Obras Completas editáronse a partir de 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista inglés. Vinculado ao partido laborista, fundou o Guild Socialism, foi presidente da Sociedade Fabiana (1952) e profesor en Oxford (1944-1957). Da súa produción destaca A History of Socialist Thought (Historia do pensamento socialista, 1953-1960), enciclopedia histórica do movemento socialista internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘vaíña, estoxo’. Ex: coleóptilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coleópteros.

    2. Insecto da orde dos coleópteros.

    3. Orde de insectos de metamorfose completa que se caracterizan por presentar, na fase adulta, o primeiro par de alas endurecido, os élitros, que ten perdida a capacidade de axuda no voo pero que serve para protexer o mesotórax, o metatórax e o abdome, e o segundo par de alas membranoso. Para voar erguen os élitros, agás as cetonias, que estenden as alas baixo estes, o que lles permite despregar o segundo par de alas membranosas que ata ese momento se mantiveran pregadas. Nalgunhas especies, os élitros poden estar soldados, feito que impide o voo; a partir de aí conforman unha estrutura especialmente ríxida, como é o caso dalgúns gurgullos e carábidos. O corpo é máis ou menos abombado e alongado, aínda que moitas especies teñen formas ovadas ou redondas. Entre a cabeza e os élitros sitúase un escudo que protexe o protórax e que pode chegar a recubrir a cabeza; pode presentar monoespiñas. O exoesqueleto aparece fortemente quitinizado, característica que lle dá ao animal unha gran dureza....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira folla do embrión das poáceas e doutras monocotiledóneas, en forma de vaíña de ápice endurecido, que protexe o talo e as primeiras follas do embrión mentres este se vai abrindo paso a través do solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana que recobre a radícula no embrión das poáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence o pampillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derrame de bile na cavidade peritoneal. Prodúcese por unha perforación das vías biliares ou da vesícula e comporta un cadro grave de peritonite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro ou outro edificio de grandes dimensións destinado a espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grande anfiteatro da Roma clásica. Edificado en tempos dos Flavios, comezouno Vespasiano no ano 72, inaugurouno Tito no 80 e rematouno Domiciano no 82. Ata o s VIII coñecíase como Anfiteatro Flavio, pero a partir desta data comezou a ser coñecido como Colosseum, polas súas dimensións ou a causa dunha estatua colosal do Emperador Nerón alí erixida. Tiña cabida para 50.000 espectadores aproximadamente. O exterior ten catro pisos con arcadas decoradas con medias columnas con tres ordes superpostas: dórica, xónica e corintia; o piso superior, sen arcadas, está decorado con piares corintios. Unha parte das arcadas derrubouse por diversos terremotos. O edificio serviu como fortaleza durante os ss VI-XI e, posteriormente, as pedras de travertino, caídas ou arrancadas, serviron de material para outras construcións. O Papa Benedicto XIV consagrouno como lugar de martirio no 1744.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiere italiano. Iniciou a carreira militar no Reino de Nápoles. Ata 1454, cando os venecianos o nomearon capitán xeneral vitalicio, serviu alternativamente a venecianos e milaneses. O monumento ecuestre que lle fixo Verrocchio en Venecia (1479-1488) é unha obra mestra da escultura renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Foi profesor de metafísica no Magdalen College de Oxford. O fundamento da súa metafísica foron os campos da experiencia, que dividiu en varias zonas (arte, relixión, ciencia, historia e filosofía) correspondentes aos momentos parciais da verdade que se unifican na historia. No seu sistema metafísico defendeu que a historicidade é un carácter fundamental do real, polo que a realidade só é accesible a través dunha idea ou interpretación histórica. Entre as súas obras cómpre destacar An Essay on Philosophical Method (Un ensaio sobre o método filosófico, 1933), The Principles of Art (Os principios da arte, 1938) ou An Essay on Metaphisics (Un ensaio sobre metafísica, 1940); postumamente publicáronse outras obras súas, como The Idea of History (A idea da historia, 1946) ou Essays in the Philosophy of History (Ensaios sobre a filosofía da historia, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e empresario teatral. Entre as súas obras destaca The Jealous Wife (A esposa celosa, 1761) e The Clandestine Marriage (A voda clandestina, 1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica practicada sobre a vaxina e o perineo posterior para reparar laceracións producidas no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO