"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Malia que a súa obra é escasa, foi un dos poetas máis representativos da nova Finlandia, e adaptou moitos clásicos á súa lingua. Da súa obra poética destacan Säkeitä I-II (Estrofas, 1905-1910) e Virratyven (A calma da corrente, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para reducir a presión dun gas e regular o fluxo, especialmente o de saída do gas comprimido nun cilindro ou depósito. Acostuma ser unha válvula reguladora de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para regular a presión de saída dun gas contido dentro dun depósito ou dunha bombona, que consta dunha válvula reguladora manual e dun manómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ourive italiano. Foi autor dos terrecotte do claustro da cartuxa de Pavia (1464-1466), onde, desde 1473, traballou na fachada co seu irmán Antonio Mantegazza, e con G. A. Amadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de manter.

    2. Conxunto de alimentos que necesita unha persoa ou animal para sobrevivir.

    3. Conxunto de accións destinadas a ter en bo estado os materiais e as instalacións. Denomínase mantemento preventivo o que ten por finalidade asegurar a continuidade do bo funcionamento, e mantemento de reparación o que trata de volver poñer en bo estado un elemento avariado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capa ampla que se poñía sobre as outras vestiduras e cubría desde a cabeza ou os ombros ata os pés.

      2. Capa de cerimonia que empregaban os reis ou cabaleiros.

      3. Capa que cobre algunhas imaxes da Virxe.

    1. Peza cadrada de roupa de liño, seda, la ou fibra, que se usa para cubrir o pescozo, a cabeza e as costas, por motivos ornamentais ou como abrigo.

    2. Calquera cousa que cobre ou disimula algo.

    3. Capa de graxa que envolve os neonatos ao nacer.

      1. Repregamento dorsal da masa visceral dos moluscos, dos branquiópodos e dos cirrípedes que pode cubrir o corpo do animal ou soamente unha parte. Ten como función excretar a cuncha e ás veces o manto pode recubrir a cuncha que el mesmo formou.

      2. Repregamento cutáneo de tipo membranoso que cobre a túnica dos tunicados.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mantoideos.

    2. Insecto da suborde dos mantoideos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos ditiópteros, formado por individuos que presentan un corpo de tamaño medio ou grande e un primeiro par de patas moi fortes e longas. Son propios das rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pano grande que poñen as mulleres enriba dos ombros e das costas.

    2. Mantón feito cun tecido moi fino e adornado con deseños florais e orientais de diversas cores que primeiro se dobraba á metade para formar un cadrado e posteriormente en forma de triángulo que se colocaba sobre os ombros ou cruzado sobre o peito como un dengue. OBS: Tamén se denomina pano de oito puntas.

    3. Mantón que presenta cores e deseños florais moi alegres sobre un tecido moi delicado e cuns flocos que adornan os bordos. Colócase sobre os ombros e ás veces cruzado no peito, aínda que nalgunhas zonas se empregaba cruzado debaixo do xustiño ou da chaqueta, deixando que os flocos asomaran por debaixo, sobre a saia.

    4. Mantón negro ou pardo, de tecido groso para que abrigase do frío e de forma cadrada ou triangular que se elabora coa la de ovella meiriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que serve para detectar a tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de manuscribir.

    2. Que está escrito á man.

    3. Libro escrito á man. Tamén se denomina códice cando se refire aos manuscritos antigos e medievais escritos en papiro, pergameo ou papel. Entre os manuscritos máis destacados que recollen a literatura galega medieval destacan o Cancioneiro da Ajuda (A) (ss XII-XIV), escrito a dúas columnas, por unha soa man, en letra gótica francesa; e os apócrifos italianos Cancioneiro da BibliotecaVaticana (V), escrito en papel de liño a unha columna ata o caderno décimo e a dúas columnas o resto, en cursiva humanística de varias mans de finais do s XV ou inicios dos XVI, e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B), escrito en papel de peor calidade por tres mans diferentes en letra gótica decadente e cursiva humanística. As Cantigas de Santa María consérvanse en tres códices españois, escritos en letra gótica francesa do s XIII con coidadas miniaturas e un códice italiano escrito en letra gótica moi estilizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama política de Leopoldo O’Donell realizado en Manzanares o 7 de xullo de 1854. Redactada por Antonio Cánovas del Castillo, deu paso ao Bienio Progresista (1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 1.080 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Moçambique e da provincia homónima, situada na badía de Maputo, no Océano Índico (966.837 h [1997]). O gran desenvolvemento económico rexistrado desde finais do s XIX, favoreceu o crecemento demográfico. A economía céntrase na industria e no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Moçambique (26.058 km2; 805.179 h [1997]). A capital é Maputo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro, no Magreb, dunha comunidade relixioso-militar que vivía nunha rābita.

    2. Predicador musulmán que conseguía reunir un grupo de discípulos ou fundar unha confraría mística.

    3. Tumba dun santo musulmán que, polas bendicións que se lle atribúen, é obxecto dunha veneración popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a La Maragatería ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de La Maragatería.

    3. Personaxe típico do entroido de Galicia que leva un traxe volto do revés ou formado por pezas de distintos uniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Coñecido como o Trapense, dirixiu unha partida absolutista de Espluga de Francolí a partir de 1822 e pertenceu á facción máis extremista dos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO