"Álvarez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Monxe franciscano. Dedicouse especialmente á música e colaborou en varias revistas como La Cruz e El Eco franciscano. Usou con frecuencia o pseudónimo El oscurantista de marras. Foi autor das obras musicais Collectio universalis antiphonarum hymnorum (pro Vesperis Laudibusque) et Missarum anni franciscani e Colección Mariana, en colaboración con J.F. Santesteban. Ademais escribiu Recuerdo de las misiones franciscanas del colegio de Loreto (cerca de Umbrete) (1855) e Cosmos minoritico-scientifico-litterarius (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Viviu dende o ano 1937 en Galicia, primeiro na Coruña, onde cursou estudos na Escola de Artes e Oficios, e máis tarde en Santiago de Compostela. Tras unha viaxe a París e unha estancia en Madrid retorna á Coruña. A súa obra presenta unha grande influencia dos impresionistas franceses en canto á cor, e posúe unha coidada composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Teoloxía e cóengo lectoral da catedral de Tui. No 1870 dirixiu o xornal La Juventud Católica de Tui e a Academia Juventud Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrática de Historia e licenciada en Filosofía e Letras e Xornalismo. Foi xefa do Gabinete para a Reforma Educativa da Xunta de Galicia, membro do Comité local e provincial do Partido Popular e edil no concello de Santiago desde 1987. Senadora. Deputada no Parlamento de Galicia dende 1997 onde desempeña o cargo de portavoz da Comisión da Muller e Presidenta da Comisión de Educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario da Administración local, xornalista e poeta. Colaborou en revistas e xornais como Finisterre, Sonata Gallega, Agro, Ciudad, Alba, Litoral, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou Diario de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de redactor xefe. Empregou frecuentemente os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era. No 1949 colaborou con Celso Emilio Ferreiro na fundación da colección de poesía Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. Posteriormente editou Sonetos de Quicio Volante (1992), volume en que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. No eido da prosa, publicou La veleta apunta a Pontevedra (1991), recompilación de textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971. Entre os recoñecementos que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Niebla.
-
GALICIA
Frade agostiño. Realizou estudios en Manila ata ordenarse sacerdote (1862), sendo destinado a Pamponga. Foi nomeado Rector do Colexio de La Vid (1873) e do de Valladolid (1877). No 1886 marchou de novo ás Filipinas, onde se encargou das parroquias de Bacolor e Candaba ata a súa morte. Escribiu Relación nominal de todos los religiosos que han profesado en el Real Colegio Seminario de Valladolid y La Vid, pertenecientes a la Provincia del Dulcísimo Nombre de Jesús, de Agustinos calzados de Filipinas (Guadalupe) e Documentos y estados relativos al Real Colegio Seminario de Agustinos filipinos de Valladolid
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de Lingua e Literatura Galegas. Ata 1994 pertenceu ao Colectivo de Feministas Independentes Galegas (FIGA) e foi unha das promotoras da revista deste colectivo A festa da palabra silenciada. Colaborou en diferentes xornais e revistas con comentarios enfocados dende a ideoloxía feminista e artigos de crítica literaria, boa parte deles centrados na literatura infantil e xuvenil, eido en que tamén destaca como estudosa de temas relacionados co sexismo e coa coeducación, ademais de creadora. Entre os seus títulos cóntanse O rei da nada e outros contos (1988), volume en que se inclúe “O rei da nada”, co que acadou o primeiro premio do concurso de Contos Infantís O Facho (1979), e “A cova da serpe”, co que obtivo o segundo premio en 1980 nese mesmo concurso. Ademais con O rei...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de fútbol. Militou a maior parte da súa carreira deportiva no Real Club Celta de Vigo, dende a tempada 1979-80 ata a 1995-1996, a da súa retirada. Con anterioridade xogou no Club Deportivo Orense, e na 1982-1983 foi cedido ao Racing de Ferrol. Co Celta disputou 311 partidos oficiais (194 na Primeira División e 107 na Segunda), chegando a ostentar a capitanía do equipo. Ocupaba no campo a posición de centrocampista organizador e adoitaba lucir o número 6. O seu maior éxito foi proclamarse subcampión do Campionato de España (Copa da S M o Rei), disputando a final ao Real Zaragoza, en Madrid, a noite do 20 ao 21 de Abril de 1994. O 24 de agosto de 1996, no partido da súa homenaxe, recibiu a insignia de ouro e brillantes do Real Club Celta de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde Lemos e, segundo Vasco da Ponte, “o maior señor do Reino de Galicia”. Procedente da baixa nobreza, foi Alcalde de Compostela durante o período irmandiño. Destacou nas cortes de Xoán II de Castela e Enrique IV e foi un dos principais dirixentes, xunto a Alonso de Lanzós e Diego de Lemos, da sublevación irmandiña, actuando sobre todo nas terras de Compostela onde resistiu os contraataques de señores coma Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga). O Cancionero General de Hernando del Castillo contén unha composición da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial ceramista. Principiou a súa experiencia laboral na Alemaña onde fundou unha fábrica na que decoraba a louza que comercializaba posteriormente. No 1922 trasladouse a Vigo, onde montou un obradoiro de cerámica. No 1939 anovou a fábrica, introducindo métodos industriais. Na década dos cincuenta e sesenta, sucedeu a Manuel Álvarez Pérez na dirección do Grupo de Empresas Álvarez e chegou a controlar o 40% da produción de porcelana de España e o 70% da de louza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra está presente tanto en institucións como en coleccións particulares. Nos seus cadros, o xogo e o humor están presentes a partir de repertorios iconográficos familiares, cunha poética propia do mundo das tres dimensións, con series nas que hai variacións de esquemas no que se inspira a repetición dun motivo, xeralmente formas xeométricas e circulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador que traballa finais do século XIX. No ano 1898 encargouse de pintar o retablo colateral de Santa María de Vide (As Neves)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
É propietario e maître de Casa Alfredo (Mos), e o primeiro e actual presidente-fundador da Asociación Galega de Sumilleres. Paralelamente desenvolve un importante labor docente, impartindo dende 1997 cursos de sumiller.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre dunha escola primaria en Santiago. Dirixiu nesta cidade o xornal El Eco del Magisterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou estudios de Medicina na Universidade de Compostela e morreu ao pouco de rematalos. En 1875 foi galardoado nos Xogos Florais de Santiago polo poema “A romería”, publicado en El Heraldo Gallego e O Tío Marcos da Portela. En castelán escribiu o conto Unas memorias. Cuento original (1871), os poemarios Primeros ecos de una lira (1871), Mi tributo a Galicia (1871), Senda de abrojos (1874) e Baladas (1876). Obtivo un premio literario na Coruña pola composición “Al trabajo” e colaborou en El Diario, Alfar e El Alacrán.
VER O DETALLE DO TERMO