"ASP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os peixes fósiles do xénero Boreaspis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes fósiles da orde dos osteostráceos, de principios do Devónico. Acadaban ata 13 cm de lonxitude, tiñan o rostro alongado e presentaban coirazas frontais triangulares e longas protuberancias óseas aos lados da cabeza.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático, conde de Peñaranda. Dende 1648 foi conselleiro de estado. Entre 1664 e 1674 ocupou a presidencia do Consello de Indias, foi vicerrei de Nápoles entre 1659 e 1664, e presidente do Consello de Italia entre 1674 e 1676. Actou como plenipotenciario nas negociacións de Westfalia (1645-1648) e contribuíu á Paz de Münster en 1648. Foi conselleiro de política exterior da Raíña Mariana de Austria aínda que a súa influencia na corte diminuíu ante a presenza do xesuíta Nithard. Ante a presión francesa nos Países Baixos (1672) fixo entrar a España na grande alianza ofensiva da Haia (1673).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, situado na confluencia dos ríos Argos e Segura (8.917 h [1996]). A súa economía baséase na produción agropecuaria, especialmente nos cultivos de regadío, que abastecen unha importante industria conserveira. Á parte das hortalizas e froitas, cómpre destacar a produción de arroz, acollida a unha Denominación de Orixe propia dende 1982. Tamén hai industrias téxtiles e madeireiras. Calasparra contou con asentamentos humanos dende o Eneolítico. Atopáronse tamén xacementos das culturas argárica e ibérica e foi un lugar de asentamento romano e musulmán. En 1243, ao converterse a taifa de Murcia en vasala de Castela, o castelo de Calasparra pasou á custodia da orde de Santiago. En 1289 o Rei Sancho IV doou o castelo e a vila á orde de san Xoán de Xerusalén, que mantivo os privilexios ata a desamortización de mediados do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, no límite coa provincia de Segovia (1.529 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura, que basea a súa produción nos cereais, nas olivas e no viño, e a gandería, que cría gando cabrún, lanar e porcino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Irritación que ocasiona unha sensación de aspereza na gorxa e rouquén na voz. Está producida pola inflamación das vías respiratorias superiores: farinxe, larinxe e traquea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Láminas untuosas separadas por escamadura do estrato córneo cutáneo, especialmente as do coiro cabeludo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das bandas suberizadas que presentan as paredes radiais e transversais das células da endoderme. Ao mesmo nivel das bandas, as membranas aparecen intimamente soldadas e o citoplasma mantense estreitamente unido a elas. Isto obriga a que a auga absorbida teña que atravesar o protoplasma destas células, antes de acceder aos vasos condutores.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado na confluencia do río Ebro co Guadalope (7.770 h [1996]). O sector agrícola desenvolve plantacións de oliveiras, trigo e amendoeiras. As principais industrias son as dos derivados da produción de aceite e fariña. En 1412 tivo lugar a reunión que acordou o chamado Compromiso de Caspe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración asinada o 24 de xuño de 1412 pola que se designaba o sucesor do Rei Martiño o Humano ao trono de Aragón, quen morrera sen sucesión directa. Os xuíces escoitaron os legados dos diversos candidatos (Jaume d’Urgell, Luís de Anjou, Fernando de Castela, Federico de Luna e Afonso duque de Gandía), pronunciáronse a favor de Fernando de Castela e instauraron a dinastía dos Trastámara na Coroa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coágulo sanguíneo, endurecido e pouco elástico, formado nunha ferida, que impide a perda de sangue e dificulta a penetración de axentes patóxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
casposo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Mar Caspio.
-
-
Relativo ou pertencente aos caspios.
-
Individuo do pobo caspio.
-
Pobo da familia indoeuropea, do grupo indoiranio, que na antiguidade habitou na parte occidental de Asia, arredor da desembocadura do río Kovus, na costa occidental do Mar Caspio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar pechado situado entre Europa e Asia que ocupa a parte máis profunda da gran depresión caspiana (371.000 km2). Limita ao N e ao L con Kazakhstán, ao SL con Turkmenistán, ao S con Irán, ao SO con Acerbaixán e ao O con Rusia. Pódese dividir en tres partes: a setentrional, menos fonda, onde desembocan o Volga e os ríos dos Urais; a central, cunha profundidade media de 210 m e máxima de 790 m; e a meridional, cunha profundidade máxima de 995 m. O cambio de temperaturas é moi acusado no N. A forte evaporación fai baixar o nivel da auga, malia o gran caudal que proporcionan os ríos tributarios. A pesca, antes importante, diminuíu moito a súa produción. Os portos máis destacados son Astrakhan e Bakú. A fauna é de orixe mariña ou de augas doces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cabaleiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moita caspa.
-
PERSOEIRO
Violoncellista e compositor. Discípulo de Pau Casals, como concertista acadou renome internacional. Foi profesor da Academia Chigiana de Siena e, desde 1958, da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia. A súa obra comprende pezas para violoncello, piano, orquestra, guitarra e cuartetos. Dende 1969 celébrase o Concurso Internacional de Violoncello Gaspar Cassadó, instituído polo Ente Autonomo do Teatro Comunale de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario francés. En 1792 chegou a ser procurador síndico da comuna de París. Loitou contra os xirondinos e os católicos. Organizou a primeira cerimonia de culto á deusa Razón en Notre-Dame e fixo pechar as igrexas de París. Á caída dos hebertistas, foi xulgado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO