"Arbo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 184.

  • Movemento de ideoloxía liberal, organizado en sociedades secretas e relacionado coa francomasonería, formado na parte meridional de Italia a principios do s XIX durante o dominio napoleónico. O nome deriva do carbonari (‘carboeiros’) e os emblemas deste movemento eran a cruz, o gorro frixio e o puñal. Os membros, que se chamaban entre eles bos curmáns, dividíanse en mestres e aprendices e agrupábanse en vendas. Opúñase ao absolutismo e demandaba unha constitución. O movemento estivo ligado nun principio á oposición republicana de Napoleón Bonaparte e agrupou oficiais do exército, membros da nobreza e pequenos propietarios. A partir do ano 1815, o movemento estendeuse a Sicilia e á parte setentrional de Italia. En Francia (1821), o movemento avanzou coa axuda de La Fayette e posteriormente coa de Filippo Buonarroti. En España xurdiron asociacións carbonarias en Madrid, Catalunya e Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carbonatar.

    2. Operación que consiste en saturar de dióxido de carbono a auga ou os líquidos destinados á elaboración de bebidas carbónicas. Prepárase nuns aparellos denominados carbonatadores. A cantidade de gas disolta no líquido, a temperatura constante, é proporcional á presión parcial do gas que está en contacto co líquido. Por outro lado, ao diminuír a temperatura aumenta a solubilidade do gas. Por mor disto, faise a saturación con líquido arrefriado a unha temperatura constante próxima aos 0°C.

    3. Parte da operación de purificación na fabricación de azucre (de cana ou de remolacha). O zume procedente da difusión, con hidróxido cálcico engadido, trátase con dióxido de carbono gasoso; este feito causa a precipitación dos sales cálcicos solubles en forma de carbonato, que, ao se precipitaren, engloba impurezas en estado coloidal e, así mesmo, desdobra o sacarato cálcico en sacarosa e carbonato cálcico.

    4. Formación de carbonatos no solo pola acción do ácido carbónico sobre silicatos alcalinos, óxidos metálicos, etc. É un tipo de meteorización particularmente activo en climas húmidos e cálidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de carbonatar ou carbonatarse.

    2. Que contén carbonato.

    3. Aplícase á rocha e aos solos que se volveron ricos en carbonatos mediante un proceso posterior ao da súa formación (calizas, mármores, dolomitas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello destinado a disolver dióxido de carbono nun líquido co obxecto de obter unha bebida carbónica.

    2. Equipo industrial para a carbonatación do zume de difusión na fabricación de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter unha substancia en carbonato.

    2. Saturar unha substancia de ácido carbónico.

    3. Converterse en carbonato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • + -ico ‘relativo a’)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster formado por substitución dos dous hidróxenos de ácido carbónico. Os carbonatos metálicos son moi abundantes en estado natural (malaquita, azurita, calcita, aragonita, dolomita, etc). A maioría dos metais forman carbonatos, excepto o aluminio e o cromo; os metais alcalinos configuran, ademais, carbonatos ácidos ou hidroxenocarbonatos, mentres que o bismuto, o cobre e o magnesio compoñen só carbonatos básicos. Por mor da feble ionización do ácido carbónico, os carbonatos solubles son básicos e, nun medio acuoso, sofren unha hidrólise considerable. A maioría dos carbonatos pódense obter por precipitación dunha solución dun sal do metal cun carbonato alcalino. Todos os carbonatos, a excepción dos alcalinos e do de talio, son moi pouco solubles; moitos deles descompóñense, pola acción da calor, dando lugar a dióxido de carbono e a un residuo de óxido do metal ou de metal libre, se o óxido non é estable a temperatura alta. Só os carbonatos alcalinos resisten a acción da calor. Todos...

    2. Ión bivalente de fórmula CO 3 2- que provén do ácido carbónico, por disociación dos seus hidróxenos.

    3. Álcali utilizado en certos reveladores cromóxenos en procesos de cor (ou branco e negro) cando se quere obter un pH elevado.

      1. Álcali que acompaña a substancia reveladora, da que mantén a acción en reveladores en branco e negro.

      2. Primeiro revelador de cor en certos baños cromóxenos que precisan un pH non moi elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Formou parte da compañía de María Guerrero durante dous anos e tamén das compañías de Catalina Bárcena, Ernesto Vilches e Margarida Xirgu. En 1932 creou o seu propio grupo con Antonio Vico e desde 1968 entrou a formar parte do Teatro Nacional de Barcelona. Entre as súas interpretacións destacan as da alta comedia e as realizadas en Senyora àvia vol marit (1962), de Pous i Pagès e Una altra Fedra, si us plau, de Salvador Espriu (1978). Gañou dúas veces o Premio Nacional de Interpretación (1959 e 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Catedrático de Prehistoria na Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, colaborador do CSIC e presidente do Centre de Recerques Paleoeco-socials de Girona. É autor, entre outras obras, de Utilización de la lógica analítica para el estudo de tecnocomplejos de cantos tallados (1983), con R. Mora e M. Guilbaud, e Planeta humano (2000), con R. Sala. Ademais, participou nos libros colectivos El hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987) e El largo camino de los homínidos hacia la inteligencia (2000). En 1997 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica como membro do equipo de investigación de Atapuerca e no 2000 foi premiado coa Medalla Narcís Monturiol concedida pola Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Activo entre 1620 e 1660, o seu barroquismo caracterízase pola decoración das superficies con formas xeométricas e efectos polícromos. En 1627 foi nomeado aparellador das obras do Alcázar, do palacio de Prado e da Casa de Campo de Madrid. Traballou en compañía de Crescenzi na construción do Panteón Real (1654) de El Escorial. É autor tamén do palacio de El Buen Retiro de Madrid (1633) e do convento das dominicanas de Loeche (1635-1638). Realizou con Eugenio Caxés o retablo maior e os laterais da igrexa de La Merced Calzada de Madrid (1624), que non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, ao L da provincia, sobre o Mar Mediterráneo (6.215 h [1996]). É unha zona de industria e pesca. O porto de Carboneras dedícase especialmente á carga e descarga de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, regado polos ríos Eresma e Pirón (2.349 h [1996]). A agricultura é principalmente de secaño (cereais, legumes e viña). Ten unha igrexa parroquial gótica de orixe mudéxar, que foi modificada no s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘carbón, carbono’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao carbono ou que contén carbono.

      1. Relativo ao dióxido de carbono ou que contén dióxido de carbono.

      2. ácido carbónico [H 2 CO 3 ]

        Ácido que resulta da combinación do dióxido de carbono con auga. Compórtase como un ácido débil con dúas etapas de disociación que corresponden a dúas series de sales, os hidroxenocarbonatos ou carbonatos ácidos como o bicarbonato de sodio e os carbonatos neutros como o carbonato de sodio.

      3. anhídrido carbónico/gas carbónico

        Dióxido de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 360 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. Apareceron neste período os seres de respiración pulmonar, representados por anfibios estegocéfalos. Son abundantes nesta época os cefalópodos e os braquiópodos; os artrópodos evolucionaron en terra firme favorecidos polo clima cálido e a vexetación exuberante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén carbón.

    2. Relativo ou pertencente ao Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ión derivado dun carbonilo.

    2. Ión derivado dun carbonilo metálico. Os anións carbonilato obtéñense cando se trata un carbonilo con hidróxidos alcalinos ou con bases de Lewis, ou ao romper con sodio o enlace metal-metal dun carbono binuclear. Tamén se obteñen catións carbonilato cando se tratan os haluros dos carbonilos metálicos con determinados ácidos de Lewis. Reaccionan cos haluros orgánicos e cos inorgánicos e engaden o radical unido ao halóxeno; esta reacción é importante en química preparativa, especialmente cando o radical é un ión metálico, xa que permite obter compostos con enlaces metal-metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical bivalente positivo >C=O, que pode considerarse como derivado do ácido carbónico por perda de dous grupos OH. O cloruro de carbonilo, COCl 2 , é o fosxeno, e a amida, CO(NH 2 ) 2 , é a urea. En todos os compostos de carbonilo, COX 2 , a distancia C-O é máis longa ca a do dobre enlace C=O, e a distancia C-X, máis curta ca a correspondente a un enlace simple; polo tanto, cómpre considerar estes compostos como híbridos de resonancia.

    2. Nome que recibe o monóxido de carbono, segundo a nomenclatura sistemática, cando forma parte dun complexo como ligando.

    3. Grupo de fórmula >C=O, característico dos aldehidos e das cetonas. O dobre enlace carbono-osíxeno do carbonilo ten carácter polar. Isto fai que o grupo carbonilo sexa moi reactivo, susceptible de ataque nucleófilo sobre o átomo de carbono (deficitario de electróns) ou susceptible de ataque electrófilo sobre o átomo de osíxeno, que leva á subseguinte adición dun nucleófilo sobre o carbono.

    4. Complexo metálico que contén monóxido de carbono como ligando. A maior parte dos metais de transición forman carbonilos metálicos; nestes, os metais presentan un estado de oxidación moi baixo, a miúdo igual a cero e incluso negativo, estado que lle conferiría ao átomo do metal unha densidade electrónica excesiva, a non ser que o ligando CO aceptase unha parte nos orbitais baleiros que posúe. O enlace resultante adquire, deste xeito, un carácter de dobre enlace. Hai carbonilos polinucleares que conteñen dous ou máis átomos de metal, nos que o ligando CO pode facer de ponte entre eles, ao unirse sempre polo átomo de carbono, pero nos que, ademais, teñen lugar interaccións entre os distintos átomos metálicos, que poden chegar a constituír realmente enlaces directos metal-metal. Os carbonilos metálicos son compostos de interese estrutural; moitos deles teñen importancia no eido industrial, principalmente na preparación técnica de metais en estado de gran pureza e na catalización de reaccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cementación dos metais ferrosos con carbono e nitróxeno. Este tratamento prodúcese nunha atmosfera de monóxido de carbono, amoníaco e hidrocarburos (polo xeral, propano e butano) a alta temperatura (700-875°C). Os aceiros carbonitrurados, de gran dureza, utilízanse para engrenaxes, parafusos sen fin, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO