"Bes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 224.

  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. É autor de dous dramas importantes do proceso histórico das letras húngaras: Ágis tragédiája (A traxedia de Agis, 1772) e A filozófus (O filósofo, 1777). Os ideais da Ilustración, que deixaron pegada en toda a súa obra, impóñenese dun xeito moi especial na súa novela Tarimenes utazása (A viaxe de Tarímenes, 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor. Cun repertorio moi extenso (dende o Barroco ata os autores contemporáneos), actuou por toda Europa. Como compositor destaca a súa obra para piano Seguit (Serie, 1972) e o Concerto para piano e orquestra. Exerceu tamén como director de orquestra e recibiu o primeiro premio de dirección en Anveres no ano 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro francés, posiblemente orixinario do Rossellón. Entrou na Península Ibérica cos exércitos de Napoleón e serviu de espía a favor dos rebeldes. Permaneceu en Barcelona, onde no 1821 organizou un complot republicano. Posteriormente, pasou a defender a Fernando VII e converteuse en caudillo absolutista. Unha sinalada vitoria en Guadalajara valeulle o ascenso a xeneral. No 1825 organizou unha revolta ultrarrealista en Brihuega (Castela) e, despois de ser feito prisioneiro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Istria. Mariscal francés. Loitou con Napoleón nas campañas de Exipto, España e Rusia. Morreu. Morreu sendo comandante en xefe da cabalería francesa mentres inspeccionaba o desfiladeiro de Rippach antes da batalla de Lützen

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena suízo, nacionalizado en Alemaña. Traballou no Berliner Ensemble (1948-1958). Tivo un grande éxito a súa montaxe de Der gute Mensch von Sezuan (A boa persoa de Sezuan), baseada na obra de Brecht. Co Deutsches Theater de Berlín dirixiu obras de autores clásicos. No 1974 recibiu o Premio do Estado da RDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico canadiense. Colaborou con Friederick Grant Banting nos traballos que levaron ao descubrimento da insulina (1922). Descubriu tamén a colina e a lecitina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro cun gran número de vendas que constitúe un éxito editorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal irracional, principalmente o empregado para a carga ou transporte.

    2. Femia do cabalo.

    3. Persoa de poucos coñecementos e que valora excesivamente a forza bruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina antiga de guerra empregada para lanzar proxectís nos asedios.

      1. Arma ofensiva constituída por un arco (de madeira, hasta ou aceiro) coa corda correspondente, colocada en sentido transversal e disposta sobre un mango ou soporte de madeira denominado mastro. Cando se tensa a corda ata curvar o arco, ben coa man ou coa axuda dun garfos, dun gancho ou dun armatoste, conséguese a enerxía necesaria para impulsar o proxectil (pasador, frecha ou virador), colocado nunha canle lonxitudinal do mastro e suxeito pola noz, unha peza de hasta ou de aceiro en forma de unlla que mantén a corda tirante e que se pode mover por medio da chave. A precisión do tiro era superior á do arco e o seu alcance estaba próximo aos 250 pasos. Utilizábase preferentemente como arma de guerra, aínda que servía tamén para a caza. A bésta aparece documentada xa no século XII.

      2. xogo da bésta

        Exercicio de destreza no tiro con bésta, que consiste en dispararlle ao branco dun obxectivo. Foi moi popular nas cidades europeas dende finais do século XIII ata o XV.

    2. Enreixado constituído por dous grupos de listóns paralelos, articulados, que se alonga ou se acurta a vontade, e que se utiliza para alcanzar obxectos que están nunha fiestra ou nun lugar alto.

    3. Instrumento utilizado na Antigüidade para medir a altura dos astros. Consistía nunha barra de un metro de longo aproximadamente; ao longo desta barra podíase desprazar outra pequena (máis adiante dúas, tres e ata catro) duns 70 cm, perpendicularmente á primeira. Dirixíanse dúas visuais que tiñan que pasar polos extremos das barras pequenas e chegaban ata a estrela e o horizonte respectivamente. Era menos precisa ca o cuadrante ou có astrolabio náuticos pero foi moi utilizada no século XVI polos navegantes.

    4. Trampa para atrapar aves. Consiste en dúas semicircunferencias de arame, unidas por un eixe diametral rodeado por un resorte. O animal cázase cando este move a peza de retención que serve de suxeición do resorte.

    5. Arco de ferro que vai dun brazo do carro ao outro para, cando se transporta moita carga, evitar que esta roce o corpo do animal.

    6. Cabo groso localizado na antena e na alzada do puño de amura para evitar que oscile.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe subtitulada “Real Villa de Mugardos”, que apareceu en novembro-decembro de 1990 nesta vila de Ferrolterra. Tratábase dunha revista informativa e de opinión dirixida por Argemiro Varela Filgueiras. As seccións que contiña o Sumario eran “Editorial”, “Actividade Local”, “Opinión”, “Historia da vila”, “As nosas imaxes” e “Cultura” onde presenta apartados diferentes como “Libro”, “A biblioteca” e “Discos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Landro pola dereita. Nace a 780 m de altitude, na aba setentrional da serra do Xistral, no lugar da Pasada de Lamoso, na parroquia de Miñotos (concello de Ourol). Atravesa esta parroquia seguindo o seu curso unha dirección SL-NO, ata a súa desembocadura preto do lugar da Caseira, logo dun percorrido duns 8 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura, xeralmente en forma de cruz grega, que se construía nos recintos fortificados para facilitar a acción aos besteiros defensores e mantelos a cuberto dos proxectís inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado cunha bésta. Os exércitos dispoñían regularmente de unidades de besteiros a pé que constituían a forza principal da infantería. Tamén os había a cabalo, auxiliares dos cabaleiros e na armada. A aparición das armas de fogo foi determinante para a súa desaparición no s XVII.

    2. O que se dedicaba a fabricar béstas ou a vendelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume de tipo profesional. O oficio de besteiro, xa desaparecido, foi moi común na Idade Media. Nesta época, un besteiro podía ser un soldado que ía armado cunha bésta, termo procedente do latín ballista ‘máquina de guerra para lanzar proxectís’ ou ben ‘empregado de palacio que coidaba as escopetas e outras armas dos reis e das persoas reais e que os acompañaba cando ían de caza’. Parece pouco probable que se poida relacionar co substantivo común besta ‘egua, cabalería en xeral’. Nalgún caso, este apelido podería proceder dun topónimo, xa que na nosa comunidade existen os lugares de Besteiro e Besteiros, que fan referencia á existencia neses lugares, no momento en que recibiron o seu nome, de individuos con esta profesión. Na época medieval tamén se atesta a forma feminina deste apelido aplicada a mulleres; nestes casos a muller recibiría o alcume do marido. Este apelido pode aparecer grafado cun v- non etimolóxico:...

    2. Liñaxe de orixe portuguesa procedente de Bouzas, preto de Melgazoque, que leva como armas: en campo de azul, unha torre sobre rochas da súa cor e tres bestas (ou cabalerías de carga), unha en cada flanco da torre e a terceira enriba desta. Outra variante trae: en campo de azul, unha torre de prata sobre rochas ao natural, que saen da punta do escudo, superada dun lobo parado de prata e arrimada doutros dous lobos, tamén parados, do mesmo metal, un a cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Despois de estudar na Institución Libre de Enseñanza, cursou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Catedrático de instituto, foi bolsado pola Junta de Ampliación de Estudios e viaxou a Alemaña onde estudiou nas universidades de Berlín, Leipzig e Múnic. Foi catedrático de Lóxica na Universidade de Madrid (1912-1936). A súa andaina política iniciouse na Unión Republicana para pasar despois ao Partido Radical e ingresar en 1912 no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT). Ocupou a presidencia do Comité executivo do PSOE (1925-1931) e da UGT (1925-1932). Foi condenado en 1917 por pertencer ao comité de folga e, estando en prisión, foi elixido deputado socialista en 1918. Foi presidente das cortes constituíntes da II República (1931). Formou parte en 1939 do Consello Nacional de Defensa encargado da negociación da paz. Foi detido e condenado a trinta anos de prisión por un consello de guerra o 8 de xuño de1939...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Pedro. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xurisdición de Diomondi, convertida en concello en 1813. En 1835 incorporouse ao concello de Moreda. Xa en 1840 integrouse no concello do Saviñao, denominado Piñeirón nun primeiro momento (entre outubro e novembro). Con posterioridade a 1887 uniuse á parroquia de Diomondi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga, nos curros, de agarrar cunha corda as bestas e marcalas. Ás veces, o bestelleiro máis importante ou coñecido é o encargado de organizar a propia rapa das bestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de forzas armadas con béstas.

    2. Contribución que se esixía antigamente para manter as compañías de besteiros.

    3. Arte da caza maior.

    4. Lugar no que se fabricaban béstas ou onde se exercitaban os besteiros para manexalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Tribuno da plebe (121 a C) e cónsul (111 a C). Dirixiu a expedición contra Iugurta, Rei de Numidia, pero acabou pactando con el polo que foi condenado ao desterro (110 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO