"COI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 307.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cama’.
-
CIDADES
Cidade do estado de Tamil Nadu, India (816.321 h [1991]). É un importante núcleo industrial, especialmente téxtil (algodón) e alimentario. Ata o s IX foi un territorio autónomo. Pola súa situación, na entrada do país do Palghat, foi ocupada tres veces polos británicos (1768, 1783 e 1790) ata que lla cederon en 1799.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na rexión da Beira Litoral, Portugal, situada na marxe dereita do río Mondego (147.722 h [1991]). Comprende dúas áreas urbanas: a cidade vella, que ocupa a parte máis alta, e a cidade moderna, que se estende ao longo do río. O seu clima é temperado, cunha temperatura media de 15°C. A fabricación de calzado, xabóns e cerámicas son as principais achegas do sector industrial. Ademais é un centro comercial importante, no que destacan as exportacións de produtos agrícolas (laranxas e limóns). Posúe un centro de ensinanza superior, a Universidade de Coimbra, fundada en 1290. No lugar da actual cidade houbo desde o s II a C unha vila fortificada chamada Aeminium. Foi conquistada polos musulmáns no 715 e tomada por Afonso III de León. Ocupada novamente polos árabes no 987, foi definitivamente reconquistada por Fernando I de Castela no 1064. Entre 1139 e 1385 foi capital do reino portugués. Participou na revolta da independencia (1640). No s XVII pasou a ser sé do bispado...
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal, situado na rexión da Beira Litoral, nos contrafortes da serra da Estrela, preto do cabo Mondego (3.971 km2; 421.350 h [estim 1998]). A capital é Coimbra (147.722 h [1991]). As principais actividades económicas son a agricultura (trigo, millo e patacas) e a gandería (lanar e vacúa). As actividades industriais céntranse no sector téxtil e papeleiro. As principais aglomeracións urbanas son a capital e Figueira da Foz (26.375 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Foi ministro de Instrución Pública (1919 e 1922-1923) e fundador da facultade de Letras do Porto, da que foi profesor e director. Entre as súas principais obras cómpre salientar O pensamento criacionista (1914), A Alegria, a Dor e a Graça (1916) e Do Amor e da Morte (1922). As súas Obras Completas editáronse a partir de 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe portuguesa. Dirixiu un obradoiro en Santiago de Compostela no segundo terzo do s XIV, desde onde espallou unha serie de modelos iconográficos escultóricos que callaron nos obradoiros galegos. A obra relacionada co seu obradoiro caracterízase pola pervivencia de modelos goticistas tratados dun xeito naturalista. A iconografía da Virxe do O nas escenas da Anunciación, nas que o corpo da Virxe asume un esquema en S, cunha man levantada en posición de saúdo ao arcanxo Gabriel e a outra pousada no ventre, atribúenselle á súa autoría (Virxe do museo da catedral de Santiago de Compostela). Este modelo retomárono os escultores galegos na portada de Santa María Salomé (Santiago de Compostela), Santa Mariña do Azougue (Betanzos) e Santa María da Atalaia (Laxe), entre outras. As tallas da Virxe da Nosa Señora de San Domingos de Bonaval e da Virxe do Portal do convento de Santa María de Belvís están relacionadas co seu obradoiro en Santiago de Compostela. En Portugal consérvanse...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Coimbra ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Coimbra.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na marxe dereita do río Guadalhorce (17.572 h [1996]). Centro comercial e agrícola, destacan os cultivos de froiteiras, patacas, millo e hortalizas. Tamén cómpre salientar os xacementos de calcarias e mármore. Entre os seus monumentos sobresaen a igrexa de San Juan Bautista e a Casa do Concello, de estilo barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Col pequena procedente do sementeiro que vai ser transplantada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coial.
-
-
Emitir sons os porcos, especialmente os bacoriños.
-
Queixarse o can, especialmente cando persegue unha presa no monte.
-
-
-
Feito de coincidir.
-
Circunstancia casual que fai que dous ou máis elementos coincidan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que coincide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa, na filosofía de Nicolás de Cusa, a unidade dos contrarios en Deus, ser infinito no que se superan todas as contradicións e coinciden as propiedades contrarias, da mesma maneira que a recta e a curva coinciden nunha circunferencia de radio infinito.
-
-
Encontrarse dúas ou máis persoas ou cousas no mesmo lugar do espacio.
-
Ter lugar unha cousa ao mesmo tempo ca outra.
-
Levar ao mesmo resultado dúas ou máis cousas.
-
Estar dúas ou máis persoas de acordo en algo.
-
Axustarse un elemento a outro.
-
Cadrar algo por casualidade. Ex: Coincide que hoxe non teño cartos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Licor de procedencia francesa elaborado con codia de laranxa verde e aromatizado con azar. Seco, alcohólico (40°), moi aromático e de sabor característico, é o máis famoso dos triple sec, denominación usada en Francia para determinados licores alcohólicos. Empezou a producirse con esta denominación en 1849. Consómese só, con xeo ou en diferentes combinados, en especial naqueles nos que se utilizan froitas. Tamén se emprega na elaboración dalgunhas especialidades reposteiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento de rocha dura, de dimensións variables, que debido á acción das augas e ao rodamento, acostuma ser lisa e arredondada. Localízase principalmente na beira de praias e ríos. O estudo da súa forma, as dimensións e a disposición permite coñecer a natureza dos axentes erosivos de épocas anteriores.