"COU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 304.

  • Técnica electroanalítica baseada na medición da cantidade de electricidade necesaria para converter cuantitativamente, por electrólise, un compoñente da substancia problema noutra substancia. A cantidade de compoñente calcúlase polas leis clásicas de Faradai, pero hai que garantir que o rendemento da corrente no proceso electródico sexa do 100%. Practícase segundo dúas técnicas diferentes: a potencial controlada, a un valor adecuado para que só reaccione a especie desexada, e a corrente constante, na que a corrente imposta fai reaccionar primeiro a especie problema e logo outras especies presentes na solución; cómpre un sistema indicador para recoñecer o instante no que a especie que interesa reaccionou totalmente. As volumetrías coulombimétricas sempre se practican coa segunda técnica e os reactivos intermedios máis empregados son o ión hidroxilo, o ión hidróxeno, o iodo, o bromo, o cerio (IV), o ión prata e o EDTA, que permiten a aplicación coulombimétrica de todo tipo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á coulombimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que serve para medir a cantidade de electricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo artístico formado en 1969 en Londres por Neal Andrew Megson, máis coñecido como Genesis P-Orridge, logo de traballar con algúns dos integrantes do grupo alemán Fluxus. Especializado na organización de accións destinadas a provocar a irritación da realeza, da aristocracia e das clases medias inglesas, na mesma época na que a banda dos Sex Pistols gozaba de maior popularidade, habería que destacar a súa instalación Prostitution, presentada entre o 16 e o 26 de outubro de 1976 en Londres, que supuxo un considerable escándalo. Nesas mesmas datas Genesis P-Orridge, xunto con dous integrantes do colectivo, Cosey Fanny Tutti e Peter Christopherson crearon Throbbing Gristle, unha banda de música industrial que tivo unha grande influencia na denominada música postindustrial e nas creacións musicais do grupo catalán La Fura dels Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pablo González Couñago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Música popular estadounidense desenvolvida a partir da música propia das comunidades agrícolas. Xeralmente, interprétana conxuntos reducidos de corda nos que os instrumentos máis característicos son o banjo, a guitarra e o violín. Entre os intérpretes máis coñecidos destacan John Denver, Jimmie Rodgers, Johnny Cash e Willie Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica de mesturar viños, aínda que tamén se aplica a brandys, da mesma ou de diferentes colleitas, co fin de unificar as súas calidades ou complementar as carencias dun coas virtudes doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, sobriño de Louis Couperin. Figura relevante da escola clavecinista francesa, sucedeu o seu pai no posto de organista de Saint Gervais e en 1717 nomeárono clavecinista real. Dentro da súa obra destacan catro libros con pezas para clavecín (1713, 1717, 1722 e 1730), Concerts royaux (1722), L’apothéose de Corelli (1724) e L’apothéose de Lully (1725). Compuxo tamén música vocal, profana e relixiosa, e escribiu o tratado L’art de toucher le clavecin (A arte de tocar o clavecín, 1716-1717), que contén nove pezas para este instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Establecido en París, foi organista de Saint Gervais e violinista da capela real. Da súa produción destacan as pezas para teclado (órgano e clavecín) e para vento e corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo proposto por S. R. Levin (1974) para referirse a un tipo de estrutura que lle permite explicar os dous trazos máis característicos da estrutura lingüística da poesía: por unha banda, a forte unidade entre a expresión formal e o contido do seu discurso e, pola outra, a súa vontade de permanencia, a tendencia a perpetuarse e ser reproducida na súa forma orixinal. Estas estruturas, denominadas emparellamento ou acoplamento, concibíronse como un principio ordenador da teoría de Jakobson sobre a recorrencia ou repetición como medio unificador básico da poesía. Defínense pola colocación de elementos lingüísticos equivalentes, isto é, que cumpren funcións gramaticais ou semánticas similares, en posicións tamén equivalentes dentro da mesma cláusula ou en cláusulas diferentes. As equivalencias poden ser fónicas, no caso de recursos como a aliteración, a rima, etc; sintácticas, se equiparan elementos no que se refire á súa orde e posición no discurso; ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte posterior e inferior da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza antiga de orixe francesa, difundida en Francia e Italia durante os ss XVI e XVII, que se converteu nun dos movementos da suite. Nun principio tiña o ritmo binario e era de movemento vivo; máis tarde o ritmo volveuse ternario pero adquiriu forma lenta, a miúdo en compás de 3/2. Existe unha courante italiana que se diferenza da anterior por ter un ritmo rápido e ternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Trasladouse a París en 1839 coa intención de estudar dereito, pero axiña se dedicou á pintura. Rexeitou asistir a escolas oficiais e aprendeu no Louvre copiando as obras de Caravaggio ou Velázquez. As súas primeiras obras teñen un carácter romántico, como Guitarrero (1845) ou L’homme à la pipe (O home da pipa, 1846). No Salon de 1844 admitíuselle o autorretrato Courbet au chien noir (Courbet cun can negro, 1842). O seu estilo cambiou en 1850 cando presentou ao Salon dese ano tres obras de grandes dimensións, iniciadoras do realismo: Un enterrement à Ornans (Enterro en Ornans, 1849), Les paysans de Flagey revenant de la foire (Os campesiños de Flagey regresando da feira, 1850) e Os picapedreiros, que foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial. Identificado polo pobo co socialismo revolucionario, colaborou con Pierre-Joseph Proudhon na súa obra Du principe de l’art et de sa destination sociale (Os principios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Francia, na área de influencia de París, situada no departamento de Hauts-de-Seine, na marxe esquerda do río Sena (65.396 h [1990]). A base da súa economía é a industria, sobre todo as construcións mecánicas, a electrónica e a química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. caurel.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘tren’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou o concello de Folgoso do Courel dende o seu establecemento en 1812 (durante os diferentes períodos de vixencia do municipalismo) ata 1940, cando o mudou polo de Folgoso do Courel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso e espazo natural situado entre as comarcas de Ancares, Quiroga e Sarria, nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Samos.

    Relevo e xeoloxía

    Nun contexto de lousas e cuarcitas dispostas nunha serie de bandas, cunha orientación NO-SL, afloran de xeito puntual e discontinuo filóns de calcarias. Esta alternancia de materiais é a consecuencia dunha historia tectónica particularmente intensa, que tivo o seu momento de maior actividade no dobramento herciniano. En concordancia co anterior, o relevo caracterízase pola alternancia de vales estreitos con fortes pendentes asimétricas, nos que é posible detectar marcas do modelado glaciar, como é o caso do circo glaciar e das morrenas de Lucenza, na parroquia da Seara (concello de Quiroga). As máximas elevacións localízanse preto deste sector: a serra culmina nos Formigueiros, con 1.639 m de altitude, entre as parroquias da Seara (Quiroga) e Seoane do Courel (Folgoso...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Courel e aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Courel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista estadounidense. Coñecido como Jim Courier e adestrado polo español José Higueras, caracterízase pola súa potencia física e técnica ortodoxa. En 1991 proclamouse vencedor dos torneos de Indian Wells e Key Biscayne, e logrou o seu primeiro título do Grand Slam, o Roland Garros. En 1992 gañou outros dous grand slam: revalidou o torneo de Roland Garros e proclamouse vencedor do Open de Australia. Mantivo o número un da clasificación de tenistas profesionais (ATP) durante 58 semanas entre 1992 e 1993. Culminou a tempada de 1992 conquistando a Copa Davis co equipo dos EE UU. En 1993 logrou o seu segundo Open de Australia. Retirouse en maio de 2000, despois de gañar 23 títulos individuais do circuíto profesional e co mérito de ter disputado as finais dos catro torneos do Grand Slam.

    VER O DETALLE DO TERMO