"Copi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 229.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame ou inspección feita cun endoscopio da superficie interna das cavidades, dos órganos que conteñen e dos condutos do organismo, como os intestinos ou os órganos reprodutores. Pola maneira de recoller a imaxe, pode ser directa, se a zona que se vai explorar xa forma naturalmente unha cavidade, ou indirecta, se se emprega un gas ou un líquido para formar unha cavidade e poder levar a cabo a exploración. Emprégase con fins diagnósticos e terapéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza na práctica da endoscopia. Dos antigos endoscopios métalicos e ríxidos pasouse á utilización estendida duns instrumentos con tubos flexibles de fibra óptica e, posteriormente, á endoscopia por sensor ou videoendoscopia. Reciben nomes específicos segundo o órgano ao que se lle aplica: colonoscopio, ao colón; citoscopio, á vexiga; gastroscopio, ao estómago; broncoscopio, aos pulmóns, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxección de imaxes mediante un episcopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxector empregado para formar imaxes dun obxecto opaco, suficientemente iluminado, sobre unha pantalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración directa do esófago mediante o esofagoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento exploratorio que consta dun tubo cun sistema de iluminación e dun dispositivo óptico que permite observar a mucosa esofáxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectroscopio de alta resolución que se emprega para estudar por observación directa visual o espectro solar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da química física que ten por obxecto a análise das propiedades físicas e químicas da materia mediante o espectro das radiacións. A espectroscopia contribuíu de forma esencial ao coñecemento da natureza da luz e proporciona información sobre a estrutura dos átomos e dos seus núcleos. As súas principais aplicacións son na astrofísica e na química. O primeiro paso conseguiuno Newton en 1666 cando descubriu a dispersión da luz solar mediante un prisma. En 1859 Kirchhoff e Bunsen descubriron que en estado de luminescencia cada substancia química emite un espectro característico. A radiación infravermella foi descuberta por Herschel en 1800, a partir do seu efecto térmico. En 1801 Ritter descubriu a radiación ultravioleta. A aplicación da espectroscopia de emisión á análise química baséase na identificación dalgunhas raias características de cada elemento. A espectroscopia de resonancia magnética nuclear (NMR) é un tipo de espectroscopia en que, como resultado das propiedades magnéticas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao espectroscopio ou á espectroscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectrómetro que permite a observación visual, sobre unha pantalla óptica ou catódica, un monitor de TV ou outro tipo de soporte, do espectro da radiación que se estudia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir e determinar a magnitude de partículas alfa. Baséase na cuantificación das pequenas luces que provoca o choque das partículas contra unha pantalla fluorescente que posúe o aparato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega en navegación aérea para determinar os movementos de ascenso e descenso dun avión, que se basea nas variacións da presión exterior.
-
-
Conxunto de principios que rexen a observación binocular.
-
Visión de relevo mediante un estereoscopio.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao estereoscopio.
-
Que se pode observar co estereoscopio.
-
Relativo ou pertencente á estereoscopía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento óptico que, por medio de dúas imaxes planas dun mesmo obxecto tomadas desde puntos de vista separados, produce a sensación de relevo cando se miran ao mesmo tempo cada unha cun ollo.
-
-
Auscultación, mediante o estetoscopio, de diversas partes do corpo humano.
-
Conxunto de signos que se obteñen por auscultación co estetoscopio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza para a auscultación indirecta. Actualmente se emprega o tipo biauricular mixto, formado por unha campá e unha membrana intercambiables que se aplica sobre a zona que se quere explorar. As vibracións que se captan transmítense ao oído do explorador mediante dous tubos de goma. O antigo estetoscopio monoauricular emprégano só os tocólogos para auscultar os ruídos do feto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de observación e estudo de movementos periódicos moi rápidos, como vibracións ou rotacións. O seu fundamento, explicado por J. Plateau en 1836, baséase no feito de que o ollo pode apreciar unha serie de imaxes intermitentes dunha frecuencia determinada, pero non pode reter o movemento excesivamente rápido. Desta maneira, o obxecto en movemento aparece como se estivese parado. Estas series de imaxes obtéñense por medio do estroboscopio.
-
-
Relativo ou pertencente ao estroboscopio ou á estroboscopia.
-
Efecto que consiste nunha modificación aparente do movemento real dun obxecto cando se ilumina mediante unha luz intermitente de frecuencia apropiada. É o fundamento do estroboscopio e da estroboscopia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega en estroboscopia e que produce unha serie de imaxes intermitentes a partir dun movemento periódico, obstruíndo intermitentemente a visión do obxecto ou ben iluminándoo instantánea e periodicamente.