"ECU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en México a partir de 1965 e subtitulada “Revista de poesía universal”. Dirixida por Alexandre Finisterre, contou coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Xosé Neira Vilas, Ramón Rey Baltar, Vicente Risco, Victoriano Taibo, Castelao, Isaac Díaz Pardo e Álvaro Cunqueiro, entre outros. Incluíu unha antoloxía de escritores galegos contemporáneos e tentou presentar a realidade poética do momento. Inseriu numerosas fotografías de monumentos de Santiago de Compostela e de Galicia e reproducións de Arturo Baltar, Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Faílde e Alexandre Finisterre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ecualizar.
-
-
-
Circuíto electrónico destinado a igualar ou a facer constantes as características de amplitude ou de fase, en función da frecuencia, dun equipo ou aparato en que son necesarias estas variacións co fin de mellorar a súa calidade.
-
Calquera aparato ou circuíto que fai variar a amplitude e a fase coa frecuencia sen ter que facer constantes as variables amplitude e fase.
-
-
Aparato auxiliar dos sistemas de reprodución de son que permite modificar a tonalidade dos sons mediante unha serie de controis, que actúan cada un deles sobre unha parte do espectro. Hai ecualizadores monofónicos ou estereofónicos, segundo teñan unha ou dúas canles de sinal. No segundo caso, os controis poden estar, ou ben xuntos polas dúas canles, ou ben separados. Os ecualizadores gráficos teñen os controis dispostos verticalmente, de xeito que a súa posición dá aproximadamente a forma da curva de resposta do aparato. Cada control actúa sobre un filtro que acada unha parte do espectro de frecuencias; no caso dos ecualizadores gráficos, os controis varían a atenuación ou a ganancia do filtro. O número de controis e, xa que logo, o dos filtros pode ir de cinco ata doce ou máis. Os ecualizadores paramétricos teñen poucos filtros, normalmente cinco ou seis, pero en cambio teñen controis para variar as súas características, como a frecuencia central, a amplitude de banda e as pendentes do...
-
-
-
Modificar certas características dun sinal eléctrico mediante un ecualizador.
-
Mellorar unha imaxe de xeito que en cada nivel de intensidade haxa un número aproximadamente igual de píxels. Esta opción, presente en certas aplicacións de deseño ou retoque fotográfico, permite manipular os valores das luces e das sombras dunha fotografía ou dun deseño. Utilízase para corrixir fotos borrosas, aumentar o contraste entre as distintas zonas dunha fotografía e mesmo crear efectos artísticos. Nalgunhas aplicacións a mesma opción aparece dividida en dous controis, o de brillo e o de contraste.
-
-
-
Que non perde a tranquilidade nin a serenidade.
-
Que é imparcial e actúa conforme á razón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ecuánime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto imaxinario empregado nunha modificación do sistema ptolemaico que explica as anomalías que presentaban os movementos planetarios no modelo primitivo daquel sistema. A mellora consistía en considerar que un planeta percorre con velocidade uniforme unha circunferencia (epiciclo) da que o centro A percorre á súa vez unha circunferencia de centro C (deferente), pero o movemento angular de A non é uniforme respecto a C, senón respecto a un punto E, situado a unha distancia de C, igual á distancia que hai entre a posición T da Terra e C, aínda que na banda oposta. Este punto E é o ecuante.
-
-
Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.
-
-
-
-
Relativo ou pertecente ao ecuador.
-
clima ecuatorial
Clima húmido e caloroso, característico das terras proximas ao Ecuador. Caracterízase por rexistrar temperaturas elevadas, así como chuvias constantes todo o ano, sen matizacións estacionais.
-
-
Telescopio que ten unha montura especial que permite medir a ascensión e a declinación recta dos astros.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Ecuador ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ecuador.
-
Arte desenvolvida en Ecuador. As culturas precolombinas están pouco estudiadas. Entre as primeiras manifestacións prehistóricas destaca o asentamento de Inga, ao L de Quito, datado entre o 9000 e o 5000 a C, e do que se conservan puntas de proxectil. Cara ao 8000 a C, desenvolveuse unha industria lítica na costa e, entre o 3900 e o 2300 a C, a cultura valdivia, da que destacan os poboados de Valdivia, San Pedro, Loma Alta e Real Alto, onde se localizaron enterramentos baixo o chan das vivendas. Esta cultura foi unha das primeiras de América en posuír centros cerámicos e utensilios domésticos, mesmo creou unhas figuras femininas semellantes ás venus, caracterizadas polos seus tocados. Na mesma época xurdiu no S do país a cultura de Cerro Narrío (2800 a C), representada pola cerámica decorada con finas liñas vermellas e polo traballo, entre outros materiais, da pedra, dos ósos, das cunchas e dos metais. Do período comprendido entre o 2250 e o 1320 a C consérvanse pequenas figuriñas decoradas...
-
A obra fundamental da narrativa do s XIX é a produción de Juan Montalvo (1832-1899), con obras como Siete tratados, Las Catilinarias, Geometría moral ou Capítulos que se le olvidaron a Cervantes, nas que reflite unha preocupación política e moral. A novela do s XIX manifesta preocupacións costumistas e unha forte influencia francesa que desembocou na corrente realista. Destacan Alfredo Baquerizo Moreno (El señor Penco, 1895), J. León Mera (Cumandá o un drama entre salvajes, 1879) e Manuel J. Calle (Historia de un crimen, 1897). Coa obra Plata y bronce (1927), de Fernando Chávez, apareceu a primeira novela indixenista, corrente que seguiu posteriormente Jorge Icaza con obras como Huasipungo (1934). Esta influencia realista e indixenista tamén continuou no chamado Grupo de Guayaquil, representado, entre outros, por José de la Cuadra, Demetrio Aguilera Malta e Alfredo Pareja. Creador dunha obra exaltada e chea...
-
A música ecuatoriana está influída notablemente pola cultura indíxena, europea e africana. Polas referencias localizadas nas crónicas e documentos históricos, pode afirmarse que tanto a música popular europea como a música africana foron introducidos polos colonizadores e polos escravos africanos. Da música indíxena anterior á etapa colonial case non quedan manifestacións, debido ao feito de que carecían dun sistema de notación, e os instrumentos empregados eran basicamente de vento e percusión (bombo, caixa, xilófono, ocarina, frauta, etc). Entre os cantos e danzas típicas destacan a guaranda, o danzante, o pasacalle, o yaraví, o albazo, o pasillo, o sanjuanito e o yumbo. Durante a etapa colonial, a música era case na súa totalidade de carácter relixioso, xa que os músicos da época mantiñan unha forte relación coa Igrexa ao ser directores de coros ou mestres de capela. Coa República agromou a música de carácter popular,...
-
-
-
Relativo ou pertencente á equitación.
-
-
Relativo ou pertencente aos cabaleiros.
-
orde ecuestre
Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, a vella clase militar da que se nutría a cabalería romana dende Servio Tulio. No s III a C perderon as súas funcións militares pero conservaron a súa preeminencia social, que se incrementou no s II a C, xunto co seu peso económico. Dende o 129 a C definiuse unha nova categoría de cidadáns libres que acreditaban no censo a posesión dun millón de ases ou 400.000 sestercios e, fronte aos senadores, se dedicaban aos negocios, ao comercio a grande escala, á recadación de impostos e traballaban como contratistas das obras públicas. Integráronse nesta clase os publicani, ricos comerciantes e intermediarios. A súa presencia no poder político era escasa e os seus membros tiñan dereito a levar como distintivo o angusus clavus, dúas franxas de púrpura de dous dedos de ancho na túnica que simbolizaba a súa posición.
-
-
-
Aplícase ás obras de arte que representan unha persoa a cabalo.
-
estatua ecuestre
Escultura que representa unha figura humana sobre un cabalo. Este motivo iconográfico remóntase á antigüidade clásica, onde aparece no reverso das moedas, nalgúns relevos -entre os que destacan os frisos do Partenón de Atenas-, e nalgunhas esculturas exentas como o cabaleiro Rampin. Da época romana consérvase o bronce de Marco Aurelio (178-180 d C), que Michelangelo colocou no centro do Capitolio en Roma e que se converteu no paradigma das representacións ecuestres do Renacemento. Entre as representacións escultóricas renacentistas cómpre salientar Il Gatamelata, de Donatello, e Il Colleone, de Verrochio, e, entre as pitóricas, o fresco de John Hawkood de Paolo Ucello e Carlos V na batalla de Mühlberg de Tiziano. Dende o s XVII foi unha representación empregada polos soberanos, entre outras destacan as de Filipe III e Filipe IV en Madrid, e no s XIX foi a postura preferida nos monumentos dedicados a militares. Dos escultores contemporáneos que se interesaron...
-
-
Na época feudal, bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro.
-
-
-
Espacio habitado permanentemente por poboación humana.
-
Comunidade universal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ecuménico.
-
-
Que se estende a todo o Universo.
-
Que tiña relación co Imperio Romano, tomado no seu conxunto.
-
Pertencente ou relativo ao ecumenismo.
-
-
-
Movemento que procura, a través do diálogo, a unidade mundial entre as igrexas para acadar a vontade de Cristo de constituír a Igrexa de Deus. Os primeiros intentos de movemento ecuménico iniciáronse no s XIX por iniciativa das igrexas reformadas. En 1920 o cristianismo ortodoxo incorporouse ao movemento ecuménico protestante. Non obstante , o fenómeno ecuménico apenas tivo repercusión ata a celebración do Consello Mundial de Igrexas (1948). Anteriormente xa se celebraran algunhas convencións, como a Conferencia Universal Cristiá sobre a Vida e o Traballo (1925) ou a Primeira Conferencia Mundial da Fe e a Orde (1927), pero sen demasiado éxito. A Igrexa católica mantívose á marxe do movemento ata a celebración do Concilio Vaticano II (1962-1965). Nese concilio, convocado por Xoán XXIII, a Igrexa católica tiña como principais retos a renovación da vida eclesial e a definición do papel da Igrexa ante os grandes desafíos da vida moderna. Trala morte do papa (3.6.1963), Paulo VI, o seu sucesor,...
-
Condición de universal.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao ecumenismo.
-
Que implica ecumenismo.
-
Que ou quen é seguidor do ecumenismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa. A relación é E=mc2, onde c é a velocidade da luz no baleiro. A masa m do corpo á velocidade v é m(v)=m0/Ö1-(v/c)2, onde m0 é a masa en repouso. A ecuación de Einstein establece a equivalencia entre masa e enerxía e converteuse nunha lei física universal que permite considerar a masa como unha nova forma de enerxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio entre as cubertas dunha embarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á solución ou mestura que contén diversas substancias en iguais proporcións moleculares.
-
-
Pensamento creador que non só recibe os datos da experiencia senón que penetra a priori ata os seus fundamentos. Investiga a esencia íntima do experimentalmente captado ata chegar ao ser metafísico e facer visibles as leis absolutas da esencia e do ser. A especulación sérvese fundamentalmente do coñecemento esencial.
-
Opinión ou xuízo que se basea en certos indicios ou sinais que non se coñecen con seguridade.
-
Operación efectuada en previsión dunha modificación na estrutura dos prezos, co fin de obter ganancias extraordinarias. Este tipo de operación, que sempre leva consigo un risco, efectúase no proceso de distribución e distínguese das operacións ordinarias de compravenda porque non responde á satisfacción de ningunha necesidade concreta do suxeito.
-