"FERE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 120.

  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo húngaro. Comezou realizando relatos curtos e obtivo un grande éxito con Az ördög (O diaño, 1907). Satirizou a sociedade aristocrática húngara do seu tempo en obras dramáticas dun naturalismo decadente, como Liliom (1909) e A vörös malom (O muíño vermello, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. Comezou escribindo relatos para nenos, como Kincskeresö kisködmön (Abriguiño de peles para buscar tesouros, 1918) e publicou tamén as novelas Ének a búzamezökröl (Canto dos campos de trigo, 1927), Aranykoporsó (Ataúde de ouro, 1932) ou Daru utcától a Móra Ferenc utcáig (Da rúa Daru á rúa Móra, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conversas preliminares para poñer fin á Guerra dos Trinta Anos, celebradas en Münster e, simultaneamente en Osnabrück. Iniciáronse en 1643, pero non foron efectivas ata 1645. O resultado destas conversas foi a Paz de Münster, seguida dos tratados de Münster e de Osnabrück, un conxunto de acordos coñecido co nome de Paz de Westfalia (1648).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ofrece.

    2. Aplícase á escultura ou representación pitórica dunha persoa en actitude de facer unha ofrenda.

    3. Persoa de calquera confesión relixiosa que cumpre a función de ofrecer dádivas á divindade.

    4. Sacerdote que presenta as ofrendas do pan e do viño durante a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de solidariedade islámica creado en 1969 con sede en Ǧ idda (Arabia Saudí). Agrupa estados de África, Oriente Medio, Asia e Europa. Promove a cooperación entre os seus estados membros e busca a eliminación de todo tipo de colonialismo, o triunfo da causa palestina, a propagación da cultura musulmá en todo o mundo e a paz internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sesións celebradas, de xaneiro de 1919 e xaneiro de 1920, entre os representantes das potencias vitoriosas, e os seus asociados, e as vencidas na Primeira Guerra Mundial. Principalmente, aceptáronse os Catorce Puntos de Wilson, dos que se materializou a creación da Sociedade de Nacións e acordáronse os tratados de Versailles con Alemaña, Saint-Germain-en-Laye con Austria, Trianon con Hungría, Neuilly con Bulgaria e Sévres co Imperio Otomán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer plaquetas selectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción dunha cantidade de sangue e reinxección dos corpúsculos celulares separados do plasma por centrifugación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional celebrada polos aliados en Potsdam entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945, para tratar os problemas de paz tras a Segunda Guerra Mundial. Participaron nela os representantes de EE UU (Truman e Byrnes), a URSS (Stalin e Molotov) e Reino Unido (Churchill e Eden). Acordouse o futuro de Alemaña coa elaboración dos tratados de paz, a división de Alemaña e Berlín en catro zonas de ocupación militar (estadounidense ao SO, francesa ao O, británica ao NO e soviética ao L), o desarmamento e a desmilitarización do Terceiro Reich e a división de Prusia Oriental entre a URSS e Polonia, establecendo a liña do Oder-Neisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de preferir.

      2. Cousa que se escolle dentro dun grupo.

    1. Prioridade, vantaxe ou favor que se ten sobre algo ou alguén.

    2. Lugar preferente nunha sala de espectáculos ou nun estadio deportivo.

    3. Dereito concedido nunha compravenda a un dos compradores para adquirir unha cousa moble, sempre que non tomase posesión antes ca os outros compradores.

      1. Motivo que fai que o suxeito dunha decisión económica se incline pola adquisición ou conservación dun ben determinado comparando a súa utilidade coa doutros. A preferencia temporal fai referencia á elección duns bens determinados, independentemente do seu prezo. A preferencia revelada explica o comportamento da demanda e baséase na racionalidade do consumidor individual e na posibilidade de ordenar obxectivamente as súas preferencias.

      2. sistema xeneralizado de preferencias

        Réxime aduaneiro multilateral integrado na UNCTAC en 1970 polos estados desenvolvidos en favor dos produtos manufacturados importados dos países en vías de desenvolvemento, polo que se reducen ou mesmo suprimen os aranceis, pero con posibles restricións cuantitativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que goza de preferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferenza entre a anomalía media dun astro con respecto á anomalía verdadeira do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Nacionalizado español, foi vinte e catro veces internacional do seu país, ata que abandonou Hungría (1956) e fichou polo Real Madrid (1958). Destacado goleador, co equipo madridista gañou tres Copas de Europa (1959, 1960 e 1966), cinco ligas, unha Copa de España (1962) e unha Copa Intercontinental (1960), e foi campión olímpico con Hungría en Helsinqui (1952). Retirouse do fútbol en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tres reunións que se desenvolveron en Québec. Froito da primeira conferencia (1864) xurdiu a British North America Act (1867), polo que se creou o dominion do Canadá. Na segunda (1943) e terceira (1944), F. D. Roosevelt e W. Churchill discutiron a estratexia da guerra en Europa, pero non chegaron a ningún acordo definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olta dun tecido ou dunha parte diferenciada ao seu estado orixinal ou a unha condición semellante á orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de referir ou referirse.

    2. Relación que se establece entre varias cousas.

    3. Conxunto de datos dunha persoa ou cousa sobre as súas aptitudes ou calidades. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    4. Magnitude ou sinal que serve como elemento de comparación nun regulador automático.

    5. Home ou muller respecto aos que se calculan as necesidades enerxéticas dos diversos individuos. Segundo a FAO (1957), o home de referencia ou tipo ten 25 anos, pesa 65 kg e habita en zonas cunha temperatura media anual de 10°C. A muller tipo pesa 55 kg. As súas necesidades enerxéticas son, respectivamente, 3.200 e 2.300 Kcal. As necesidades enerxéticas doutros individuos calcúlanse introducindo as debidas variacións segundo a idade, o clima, o peso e a actividade. Estes criterios acéptanse universalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á referencia.

    2. Conxunto formado por un punto dun espazo afín e unha base do espazo vectorial asociado.

    3. sistema de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asinar un documento que xa redactou ou aprobou outra persoa para autorizalo.

    2. Aceptar unha proposta ou asegurar a súa validez.

    3. alidar algún asunto mediante referendo.

    VER O DETALLE DO TERMO