"Gallego" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 106.

  • Revista publicada en Bos Aires a partir de outubro de 1951 e que cesou ao ano seguinte. Subtitulouse “Revista de Galicia en América”, os seus fundadores foron Teodoro Campos, Xosé Conde Fernández e Eliseo Alonso, e dirixiuna este último. Saíron só catro números, cunha periodicidade irregular. Coas homenaxes a Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enríquez e Valle-Inclán cumpriu o seu obxectivo de promocionar a cultura galega. Incluíu seccións de deportes, cine, teatro ou reportaxes e un apartado literario onde integrou poesías e o humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1952, baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Madrid”, institución da que foi voceira. Sen periodicidade fixa, estivo dirixida por Manuel Fraga de Lis, que a orientou cara a unha postura oficialista, e ofreceu unha proxección cultural de Galicia sen ofrecer moita información sobre os problemas dos emigrantes galegos en Madrid. Incluíu poemas, contos, biografías de literatos galegos e artigos da historia e das tradicións de Galicia. En 1959 tivo a segunda época, a partir de 1968 comezou unha terceira, marcada por un cambio de deseño e unha redución do seu apartado literario, ata que en 1996 iniciou a súa cuarta época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Bos Aires a partir do 21 de agosto de 1980. Substituíu a Lugo, a publicación editada polo Centro Lucense de Bos Aires que desaparecera en maio dese ano. Foi o xornal oficial do Centro Galicia de Bos Aires e distribuíuse de balde. De periodicidade irregular, estivo dirixido por Óscar Gañete Blasco, Gabriel López Penelo e Manuel Caramelo Gómez. Roberto Luis Moskowich foi o seu correspondente en Galicia. De escasa calidade literaria, cabe destacar os artigos de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell ou Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires a partir de 1889. Dirixida por Manuel Lema, amosou unha fonda preocupación pola situación social, política e económica de Galicia. Publicou unha posible “Constitución Rexional para o futuro Estado de Galicia” e chegou a defender a necesidade da confrontación violenta para acadar os dereitos nacionais que Galicia non conseguía polas vías legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de febreiro de 1896. Non cesou antes de maio de 1943. Apareceu cos subtítulos “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”, “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español”, a partir de 1897, e “Revista de primera enseñanza”. Continuou coa numeración do seu predecesor, El Noticiario, e foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez. Tras o seu falecemento (1896), o seu fillo Bernardino López S. Cobián fíxose cargo do xornal que, despois da Guerra Civil Española, foi administrado por Eladio Portela Gómez. Editado nos obradoiros da Viúva e Fillos de Carragal, saíu todos os luns mantendo o mesmo tipo de contido ca os seus predecesores (doutrinais e disposicións lexislativas). A partir de agosto de 1897 convocou un Certame Pedagóxico e saíu os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e deportista. Como deportista, foi o primeiro xogador galego en debutar coa selección española de balonmán e presidiu o R. C. Celta de Vigo (1991-1995). Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Considerado un dos principais autores teatrais da posguerra en España, interrompeu a súa formación académica por mor da Guerra Civil Española e decidiu marchar a Madrid. Alí, como escritor autodidacta forzado polas circunstancias, cultivou inicialmente a poesía e a narración curta, que compaxinaba coas súas frecuentes visitas á biblioteca do Ateneo madrileño. Inserido na liña do realismo social, formou parte do grupo de autores que durante a década de 1960 deron un novo pulo ao teatro español, co obxectivo de conseguir coas súas obras unha sociedade máis solidaria. A súa obra dramática, popular e chea de elementos propios do sainete, tentaba cimentarse no máis profundo do ser humano solidario e social, onde se reflectiran os problemas dos emigrantes, da pobreza, da industrialización e as consecuencias dos males da sociedade española da posguerra. Da súa produción teatral, da que moitas son pezas breves de carácter cómico, con intercalación de escenas musicais e coreografías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de febreiro de 1888. Cesou o 11 de xuño de 1891. Subtitulado “Diario de intereses materiales” e “Diario de Santiago”, o seu fundador e director foi Enrique Labarta Pose. De carácter rexionalista moderado, foi defensor da política de U. Montero Ríos. Con motivo do 25 de xullo de 1888 publicou un suplemento de gran valor literario en que colaboraron os escritores máis destacados da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de xaneiro de 1927. Non cesou antes do 1 de agosto de 1931. Dirixido por Xoán Xesús González, funcionou como voceiro do Partido Socialista e incluíu colaboracións literarias de D. García-Sabell e M. Portela Valladares, recensións literarias e artigos de Florentino L. Cuevillas, A. Villar Ponte ou R. Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1933 a partir da Federación Agraria que xurdira o ano anterior no antigo concello de Valadares. Declarouse antiforista, progresista, de esquerdas, antiburgués e anticaciquil, e o seu programa tivo un marcado influxo galeguista. Limitaba o seu ámbito de actuación a Galicia e segundo as súas listas de afiliados, acadou unha importante implantación, especialmente entre os labregos da provincia de Pontevedra. Apoiou o proxecto da Autonomía de Galicia pero, despois do fracaso das eleccións de 1933, desapareceu como partido político para desenvolver un papel sindical. En 1936 decidiu apoiar o programa do Partido Galeguista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadernos editados en Vigo a partir de 1928 e dirixidos polo marqués de Quintanar, Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, propietario da editorial PPKO, encargada de publicar cada un dos volumes. O seu último caderno foi probablemente o nº7, editado en 1932. Como publicación de excelente calidade, incluía fotografías dos pazos máis importantes de Galicia, ademais dos artigos en que se explicaban as súas características e os escudos das casas propietarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 27 de agosto de 1894. Cesou en xaneiro de 1900. Subtitulado “Periódico dedicado a la primera enseñanza”, o seu propietario e director foi R. Tovar Méndez. Incluíu disposicións lexislativas sobre educación e artigos pedagóxicos. Editouse nos obradoiros de Xosé Eiras e logo nos da viúva de Antúnez, en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1997. Subtitulouse “Periódico mensual independiente de información general”. Dirixido por Alberto Alonso Gallego e coordinado por Víctor de las Heras, centra a maior parte dos seus contidos na cidade de Vigo e nos concellos da mancomunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Vigo a partir do 27 de xaneiro de 1924. Cesou o 17 de xuño de 1979 (nº 20.661). Fundado por Manuel Portela Valladares, o seu primeiro director foi Ramón Fernández Mato, quen cesou en 1927, cando pasou á dirección o seu fundador. Naceu por iniciativa da Liga de Defensores de Vigo, un grupo liberal que estaba ligado ao seu fundador. A propia Liga adquiriu os obradoiros de La Concordia, para editar os dous xornais. Distínguense dúas etapas na publicación. Durante a primeira, desde a súa fundación ata xullo de 1936, moveuse por distintas tendencias, desde o anticaciquismo ata os posicionamentos liberais achegados ao PSOE, o nacionalismo e o galeguismo próximo á Xeración Nós. Naqueles anos mantivo loitas co conservador Faro de Vigo e co liberal-galeguista Galicia. O xornal acadou gran prestixio popular, baseado na óptica política e cultural desde a que abordou os cambios sociais e do galeguismo, así como polo seu interese na galeguización do ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Montevideo a partir do 12 de outubro de 1917. Editada polo Centro Galego de Montevideo, inicialmente e ata agosto de 1925 levou a cabeceira de Centro Gallego. Subtitulada “Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay”, durante a década de 1920 foi dirixida por Constantino Sánchez Mosquera. Recolleu colaboracións de intelectuais galegos e mantivo unha sección permanente de información sobre Galicia, que incluíu colaboracións literarias e ensaios. A partir de agosto de 1929 cambiou a súa cabeceira por Galicia “Revista del Centro Gallego”, de periodicidade irregular. En 1944, dirixido por Xoán M. Castro e coa cabeceira orixinal, volveu publicarse un número especial con motivo do 65 aniversario do Centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio internacional de novela creado en 1964 polo presidente da República de Venezuela, Raúl Leoni, coa finalidade de perpetuar a obra do escritor Rómulo Gallegos (1884-1969) e fomentar o cultivo da literatura en castelán. Organizado polo CELARG (Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos), a primeira entrega tivo lugar en 1967. Está considerado como un dos máis destacados galardóns literarios en América e entre os seus gañadores figuran M. Vargas Llosa (1967), G. García Márquez (1972), Carlos Fuentes (1977), Javier Marías (1995) e Fernando Vallejo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N da capital e atravesado polo río Gállego (2.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na catedral de Lugo, onde realizou a representación da gloria con anxos e serafíns para o altar maior, e desde 1812 en Santiago de Compostela. Realizou diversas obras para Santa María do Camiño e San Bieito do Campo e as imaxes dos catro evanxelistas para a capela do Hospital Real.

    VER O DETALLE DO TERMO