"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • GALICIA

    Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do Océano Pacífico central, que en 1979 se integrou no estado independente de Kiribati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División xeocronolóxica baseada no paleomagnetismo. É a cuarta época magnetostratigráfica, de polaridade inversa, que comezou hai 5,3 e finalizou hai 3,4 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular norteamericano. Foi profesor na Universidade de Harvard e, xunto con outros científicos, fundou a empresa biotecnolóxica Biogen. No campo da xenética participou no desenvolvemento das técnicas de recombinación xenética; débenselle os nomes de exón e intrón e o método para determinar a secuencia de bases nos ácidos nucleicos. Compartiu o Premio Nobel de Química de 1980 con F. Sanger e con P. Berg, polos traballos que permiten establecer un método de identificación da secuencia de bases do ADN e do ARN, no que certos reactivos químicos non enzimáticos escinden as cadeas só polas posicións que ocupa un nucleótido determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e físico inglés. Foi un dos iniciadores do estudo experimental dos fenómenos magnéticos. Descubriu o magnetismo terrestre e ideou o primeiro electroscopio. A súa obra máis importante é Tractatus sive physiologia nova de magnete magneticisque corporibus et de magno magnete tellure (1600).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1946. Foi dirixida por Charles Vidor e interpretada por Rita Hayworth, Glenn Ford, George Macready, Steven Geray, Joseph Calleia e Joe Sawyer. A trama da película desenvólvese nos anos finais da Segunda Guerra Mundial, nun casino de variedades. Destacan as cancións que interpreta Rita Hayworth, e que a converteron nun dos mitos eróticos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista ucraíno. Discípulo de Heinrich Neuhaus en Moscova, formou un trío con Leonid Kogan e Mstislav Rostropovič. Especializouse na obra pianística de Beethoven e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da Estepa (3.840 h [1996]). A economía baséase na agricultura, con algunhas industrias derivadas, e na extracción de pedras calcarias e graníticas. Do seu patrimonio cultural destacan a sepultura calcolítica de Cueva Artificial, o xacemento romano de Los Argamazones e a igrexa da Inmaculada Concepción (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico. Membro da orde dos eremitas de santo Agostiño e xeneral da orde en 1292. Posiblemente foi discípulo de san Tomé de Aquino (1269-1272). Caracterizouse polos seus ataques aos pensadores árabes e xudeus e por afirmar que a alma individual tiña unha pluralidade de formas coñecidas. Das súas obras destacan De regimine principum e Errores Philosophorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista galés. Interesado polos estudios da relación entre lingua e psicoloxía social, organizou, con W. P. Robinson, as primeiras Conferencias Internacionais sobre Lingua e Psicoloxía Social (Bristol, 1979). Desta primeira iniciativa xurdiu a Association for Language and Social Psychology (1997), da que Giles foi presidente (2000). Tamén examinou as diferentes actitudes lingüísticas e formulou a “teoría da acomodación” (CAT). Publicou Speech Style and Social Evaluation (1975), Handbook of Language and Social Psychology (1990) e Language: Contexts and Consequences (1991). Membro da British Psychological Society, da American Psychological Society e da International Communication Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición épica mesopotámica, contida en doce táboas. Coñecida a través dunha recensión asiria (s VIII a C), conta a historia de Gilgameš (s XXVII a C), rei lendario de Uruk (Babilonia). Empeza cunha introdución de tipo histórico e desenvólvese en catro episodios; no terceiro deles, o heroe, aterrorizado pola morte do seu amigo Enkidu, inicia a busca da immortalidade, que finalmente perderá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e gramático. Pertenceu ao grupo de educadores que realizaron, cara ao 1920, a experiencia pedagóxica do Instituto-Escuela de Madrid. Traballou no Centro de Estudios Históricos baixo a dirección de Ramón Menéndez Pidal. Preparou edicións críticas de clásicos casteláns (Mateo Alemán, Vicente Espinel, Francisco de Moncada, Diego de San Pedro) e fixo numerosos traballos de investigación. É autor do Curso superior de sintaxis española (1943) e Tesoro lexicográfico 1492-1627 (1960), dicionario de dicionarios que abrangue desde o de Nebrija ao primeiro dicionario da Academia Española de 1726-1739. Coordinou a preparación do Dicionario general ilustrado de la lengua española Vox. Tamén estudiou a linguaxe infantil, sobre todo, a partir do bilingüismo de Puerto Rico, e distintos aspectos da lingüística e literatura catalanas. Foi membro da Academia Española e correspondente do Institut d’Estudis Catalans (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista escocés. Director do observatorio da Cidade do Cabo a partir de 1879, foi un dos primeiros en empregar o procedemento fotográfico para reproducir o aspecto do firmamento. Estableceu un sistema para calcular a distancia entre a Terra e o Sol e determinar a masa do planeta Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, gravador, tipógrafo e escritor. Formouse na Chichester Technical and Art School (1897-1900). Comezou como entallador de caracteres de imprenta e en 1910 iniciouse na escultura. Defensor da talla directa, foi autor do viacrucis da catedral de Westminster (1913) e do grupo Prospero e Ariel na Broadcasting House (1929-1931). Escribiu Christianity Art (1927) e Autobiography (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista, cantante, compositor e director de orquestra de jazz estadounidense. Coñecido co pseudónimo de John Birks, xunto con Charlie Parker foi un dos iniciadores do estilo renovador do bop e tocou nas orquestras de Teddy Hill, Cab Calloway e Earl Hines. Como instrumentista destacou polo virtuosismo das súas improvisacións e nos anos cincuenta foi un dos introdutores dos ritmos afrocubanos no jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista suízo. Catedrático de Dialectoloxía da École des Hautes Études de París (1883-1926), onde estudiou con Gaston Paris. Colaborou no Atlas Linguistique de la France (ALF, 1902-1910), obra dirixida por Edmond Edmont que supuxo o inicio dunha nova corrente metodolóxica dentro da lingüística: a xeografía lingüística ou xeolingüística, consistente no estudo cartográfico das falas vivas. Foi o primeiro profesor de linguas galorromanas e fundou, con Jean-Pierre Rousselot, a Revue des patois gallo-romans (1887-1892), para a publicación de monografías lingüísticas; ademais iniciou a xeografía lingüística. Cómpre destacar as súas obras Généalogie des mots qui désignent l’abeilly (1918), La faillite de l’étymologie phonétique (1919), Pathologie et thérapeutique verbales (1921) e La géographie linguistique (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Kent, en Inglaterra, Reino Unido, na desembocadura do Medway (95.200 h [1982]). Situada preto de Rochester e Chatham, constitúe, xunto con estas cidades, as tres Medway towns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caricaturista inglés. Consagrouse na sátira política contra o Rei Xurxo III e a súa corte e contra Francia, especialmente contra a Revolución Francesa e Napoleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Foi arquitecto maior da Pomerania e traballou en Berlín para a aristocracia. O seu fillo Friedrich Gilly (Altdamm 1772-Karlsbad 1800) foi un dos iniciadores do neoclasicismo e profesor na Academia de Arquitectura de Berlín. Das súas obras destaca o proxecto do monumento a Federico II o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO