"Iglesias" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 90.
-
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte. Foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela e fundador da Asociación de Amigos da Arte de Ortigueira. Despois dunha primeira etapa figurativa, centrouse na representación de paisaxes e ambientes caracterizados polo tratamento impresionista e a desestruturación. A luz representa o papel protagonista nas súas obras e o seu efecto sobre as cores, -fundamentalmente verdes, azuis, violetas e brancos, que incrementan a súa intensidade cara aos extremos- conseguiu dar aos seus cadros unha aparencia de irrealidade, especialmente nas representacións de ceos e de masas de auga. Destacan, entre outros, Palleiros de Ouro (1980) e Mar-silencio (2002). Recibiu o Primeiro Premio nos XI Certame Xuvenil de Arte da Coruña (1969) e no II Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Santiago de Compostela (1970), así como a Medalla de Ouro do IV Salón de Arte da Coruña (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Director da Escola Normal de Maxisterio de Santiago de Compostela, trasladouse á Escola Normal de Madrid na segunda metade do s XIX. Como material pedagóxico escribiu Programa de sistemas y métodos de enseñanza y nociones de educación para uso de los aspirantes al título de maestro elemental (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía, foi creador, director e presentador dos programas En Familia (1975), Tiempo de vivir (1976-1982) en RNE, e Nuestros hijos (1980) e Vivir para vivir (1987-1989) en Radio Cadena Española. En televisión conduciu Escuela de Salud (1976-1979), Voces sin voz (1981-1982) e Usted por ejemplo (1983-1984), en TVE; e Boa Saúde e Meigas Fóra (1990-1995) na TVG. Desde 1997 dirixe e presenta Saber vivir, traballo polo que recibiu diversos premios. Colaborador habitual da prensa especializada, como Salud total e Natura, publicou Comida sana (1999). Membro fundador da Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, recibiu o Premio Ondas (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou na Guerra de Marrocos. Ascendeu a xeneral de brigada (1935), promoveu a participación dos carlistas contra a República e alzouse en Cádiz, cidade que ocupou (1936), así como Toledo. Foi ministro do exército (1939-1942), tenente xeneral (1941) e alto comisario de España en Marrocos (1945-51). En 1951 Franco concedeulle postumamente o título de marqués de Varela de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de Literatura Española na Universidad Complutense de Madrid, foi director da Casa-Museo de Zorrilla, secretario xeral e profesor do Instituto de España en Múnic, e vicepresidente do Instituto Cervantes. Colaborou en diversas publicacións, como Grial, Papeles de Son Armadans e Revista de Filología Española con artigos en que analiza o romanticismo e a súa influencia na literatura e o compromiso dos autores do Rexurdimento na literatura galega. Da súa obra destacan Vida y obra literaria de Gregorio Romero Larrañaga (1948), Poesía y restauración cultural de Galicia (1958), La transformación literaria (1970), La transfiguración literaria (1970), Larra y España (1983) e Tradición e innovación en Cunqueiro (1991). Foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Miguel de Unamuno (1979), coa Gran Cruz del Mérito Civil (1982) e coa Medalla de Galicia (1991). É membro correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, V conde de Pallares. Doutor en Filosofía e Letras, en 1930 ingresou no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Foi vicedirector (1952) e director en funcións (1966) do Museo Arqueológico Nacional, conservador da sección de manuscritos da Biblioteca Nacional (1967) e vicedirector da Escuela de Estudios Medievales do CSIC. Das súas obras destacan La división de Wamba (1943), Las peregrinaciones a Santiago de Compostela (1948), Las donaciones sobre las presuras del obispo Odoario de Lugo (1950) e El camino de Santiago (1965). Foi numerario e anticuario perpetuo da Real Academia de la Historia e membro do Instituto Arqueolóxico Alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e mestra, irmá de Dora Vázquez. Coñecida como Pura Vázquez, foi secretaria da Escuela de Periodismo da Universidad Central de Caracas e encargada do Archivo Fotográfico do Instituto Nacional de Cooperación Educativa. Colaborou en diversas publicacións periódicas, como ABC, Estafeta Literaria, La Noche, Posío, La Voz de Galicia e La Zarpa. A súa obra, fundamentalmente poética, caracterízase polo lirismo, a relixiosidade e o intimismo, con certas doses de preocupación social e o emprego dalgúns tópicos de carácter romántico. É autora de Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971), Verbas da edra no vento (1992) e Zodíaco, opúsculo (1992). No eido da literatura infantil, de trazos moralistas e clásicos, destacan os poemarios Versos pra os nenos da aldea (1968) e A música dos tempos (2002), ademais da narración “Segundo Pereira”, incluída no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e mestra, irmá de Pura Vázquez. Coñecida como Dora Vázquez, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Faro de Vigo, El Ideal Gallego, La Noche, Vida Gallega e La Voz de Galicia, participou nas emisións radiais do programa Siempre en Galicia e colaborou en RNE. A súa obra, dirixida especialmente ao público infantil e xuvenil, céntrase en cuestións morais, relixiosas e didácticas. Destacan os poemarios Un poemas cada mes (1969) e Oriolos neneiros (1975), en colaboración coa súa irmá; Tres cadros de teatro galego (1973), os dramas Monicreques (1974) e Campo e mar aberto (1975); Cascabel, o cabaliño de circo (1979, I Premio de contos O Facho 1976), a serie de artigos Soñando con Ourense (1995), Contos para nenos e nenas (1996), Galicia, cousas e xentes (1997), Regos de vida e longura (2000), O pai de nós (2000) e O agro: un mundo aberto (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e médico do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, especializouse en medicina interna e no aparato dixestivo. Foi presidente da Asociación Española de Endoscopia Digestiva, da Sociedad Española de Patología Digestiva e membro da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director e compositor. Estudou órgano con Rafael Tafall. En 1864 foi nomeado organista da colexiata da Coruña e escribiu gran parte das súas composicións relixiosas, como unha Misa de réquiem, un Te Deum e diversos motetes e vilancicos. Vicepresidente da sección de música do Liceo Brigantino, en 1877 obtivo o primeiro premio co Orfeón Brigantino nun certame organizado polo Círculo de Gimnasia y Esgrima. Neses anos musicou algunhas composicións escritas por Francisco María de la Iglesia, como Gallegos. A nosa terra! (1879), Os Ártabros. Escena orfeónica e As Artes, ademais dalgunhas alboradas, barcarolas, muiñeiras e serenatas. Abandonou o Orfeón Brigantino en 1878 e fundou o Orfeón Coruñés, co que conseguiu o primeiro premio do certame organizado polo Liceo Brigantino. Tamén nese ano publicou nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad a Aurora de Galicia. Almanaque literario para 1879. En 1880 estreou co Orfeón Brigantino a Alborada...
VER O DETALLE DO TERMO