"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Llanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Pa-checo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Sa-rabia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arquivística.
-
-
Moldura ou conxunto de molduras esculpidas nas doelas dun arco seguindo a súa curvatura. Usouse de forma profusa nos estilos Románico e Gótico.
-
Cara frontal dun arco con doelas decoradas.
-
Conxunto de arcos inscritos uns nos noutros que forman unha portada abucinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.
-
-
Relativo ou pertencente a Argos, á Argólida ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Argos ou da Argólida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é afirmativo.
-
-
Que asevera.
-
Proposición afirmativa que enuncia unha conformidade obxectiva do suxeito co predicado como no exemplo Hoxe chegarei tarde.
-
-
-
Relativo ou pertencente á asimilación.
-
Que causa a asimilación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...
-
-
Que tende cara á asociación.
-
Propiedade en virtude da cal para operar tres números pódense asociar dous calquera e substituílos polo resultado da operación parcial deles e despois operar o resultado parcial co terceiro número sen que varíe o resultado final. A expresión formal da propiedade asociativa é: (a x b) x c = a x (b x c) multiplicación, (a + b) + c = a + (b + c) adición, (a * b) * c = a * (b * c) para unha operación abstracta representada co símbolo *.
-
Relacións, semánticas ou formais, que se producen entre os signos dunha lingua, de maneira que se enlazan formando grupos de representacións (Paul). Estas relacións contrapóñense a miúdo ás relacións sintagmáticas (Saussure) ou discursivas (Bally), que se producen entre os membros dunha mesma frase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a virtude de astrinxir.
-
-
Que ten o poder de atraer.
-
Aquilo que atrae, seduce, a alguén ou a algunha cousa.
-
-
-
Aplícase ao que serve para atribuír.
-
Relativo ou pertencente a un atributo.
-
-
adxectivo atributivo
Adxectivo que vai unido asindeticamente (mediante cópula) ao nome ao que se refire e do que explica unha calidade.
-
complemento atributivo/adxectivo atributivo-adverbial
Adxectivo que ten unha dobre función: a que lle corresponde como tal adxectivo, ou sexa, a de referirse a un substantivo como atributo do suxeito e adverbial, como complemento do verbo.
-
palabra atributiva
Palabra que se emprega en función de atributo.
-
Función atributiva
Aplícase a unha palabra, termo equívoco, xa que ás veces significa que funciona como adxunto asindético dun substantivo (“As árbores altas”), e outras, que funciona como membro do predicado nominal (“As árbores son altas”).
-
Oración atributiva/Proposición atributiva
Sintagma de predicado nominal, isto é, que posúe verbo copulativo.
-
adxectivo atributivo
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sentido do oído ou ao órgano da audición.
-
-
Que aumenta.
-
Que expresa aumento.
-
-
Palabras que teñen un significado con algún matiz que aumenta en determinado aspecto o das palabras de orixe.
-
sufixo aumentativo
Elemento que, aplicado á raíz dunha palabra, serve para engadir a idea de maior tamaño ou intensidade. Así, por exemplo, cando o sufixo -azo/-aza se une a un substantivo dálle un matiz de aumento: cochazo fronte a coche, casaza fronte a casa, etc. Tamén pode ter outros matices de significación como desprezo, afecto ou redución de intensidade ou tamaño; así por exemplo: cabezón, grandullón, toleirón ( sufixo).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do material que pode adherirse mediante un adhesivo non solidificado repartido por unha das súas superficies e xeralmente protexido por unha película que se arrinca decontado antes da adhesión.