"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • REXIÓNS

    Rexión industrial ao NO de Birmingham, en Inglaterra, Reino Unido. Comprende unha parte dos condados de Staffordshire e de Warwickshire. Recibe este nome a causa do ennegrecemento da rexión producido polos fumes derivados da explotación das minas de ferro e de carbón no s XIX. Co tempo, continúa a ser unha rexión esencialmente metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe da tribo india dos sauks, nos EE UU. En 1812 combateu ao lado dos ingleses; en 1831, á fronte das tribos síux e fox, fixo fronte aos colonos brancos establecidos nas terras de Illinois, onde foi derrotado e feito prisioneiro en 1832.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso dos EE UU, rama oriental do sistema montañoso das Rochosas. Situado nas Grandes Chairas, ocupa o SO de Dakota do Sur e o NL de Wyoming. O seu cumio é o Harney Peak, de 2.207 m de altitude. No seu interior hai xacementos de ouro, prata e chumbo. O principal atractivo turístico da rexión é a obra do escultor Gutzon Borglum que representa os bustos dos presidentes Washington, Jefferson, Lincoln e Theodore Roosevelt, esculpidos sobre a rocha da montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro estudo norteamericano para a rodaxe do cinetoscopio. Foi construído en 1894 en West Orange (Nova Jersey) por Thomas A. Edison. Consistía nunha especie de hangar totalmente pintado de negro, e no seu interior os actores, vestidos e maquillados de branco, producían sobre o fondo negro a sensación de recheo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social e político creado nos anos sesenta por algúns sectores da poboación negra dos EE UU como resposta á discriminación racial. As súas orixes están ligadas ao nacionalismo negro de comezos do s XX (Marcus A. Garvey e o programa da Universal Negro Improvement Association), continuado por Malcom X e os Black Muslims (Musulmáns Negros), que reivindicaban a autonomía económica e a constitución dunha nación negra. O seu desenvolvemento estivo estreitamente vinculado ás organizacións antirracistas e non violentas, ás accións contrarias á segregación (1960-1964) e ao labor de rexistro electoral dos negros en 1965. En 1964 o Student Non-violent Coordinating Commitee (SNCC), a Southern Christian Leadership Conference (SCLC) de Martin Luther King e outros grupos crearon o Mississippi Freedom Democratic Party, e en 1965 o SNCC sentou as bases dun novo partido, o Black Panther Party (Partido da Panteira Negra), e rompeu coas teorías de Martin Luther King sobre a non violencia e a integración....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Mauricio (259 km2;; 99.069 h [estim 1996]). A capital é Tamarin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade criptogámica que afecta a diversas especies vexetais, pero sobre todo á vide, na que se produce polo fungo Guignardia bidwelli. Maniféstase en forma de pequenas manchas circulares e ataca con intensidade os bagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente crítica que naceu nos EE UU a principios do s XX, parella ao movemento de concienciación da poboación negra. O seu principal promotor foi William Edward Burghardt Du Bois, fundador da Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor e un dos impulsores do grupo de escritores denominado Negro-Renaissance, constituído nos anos vinte e integrado entre outros por James Langston Hughes, Countee Cullen ou John Toomer. A corrente dos Black Studies segue dúas orientacións: por unha banda, a profundización teórica na produción literaria desenvolvida por negros, onde se situarían por exemplo Henry Louis Gates Jr. ou Houston Baker Jr.; e por outra, a crítica feminista afroamericana, na que destacan Barbara Smith ou Deborah MacDowell. Outra figura destacada neste movemento foi Marcus Garvey, impulsor de Come back to Africa, proxecto co que pretendía potenciar o regreso dos negros estadounidenses aos seus países de orixe. Na década dos setenta, a corrente crítica consolidouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ábaco de coordenadas cartesianas que permite representar a relación entre a ganancia e a fase dada pola transmitancia dun servosistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico escocés. Identificou o dióxido de carbono como un gas diferente do aire e estableceu a diferenza entre óxidos e carbonatos. Definiu a calor do cambio de estado e a calor específica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e farmacólogo escocés. En 1946 graduouse en Medicina pola Universidade de Saint Andrews. En 1981 recibiu o título de sir. A partir das súas investigacións desenvolvéronse substancias químicas con actividade farmacolóxica, como o betabloqueador propanolol e a cimetidina, que revolucionaron o tratamento das alteracións cardiovasculares e da úlcera péptica. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, compartido con G. H. Hitchings e G. B. Elion, pola metodoloxía empregada para descubrir medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • perca americana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte de Alasca (EE UU), nas montañas Wrangell. O seu cumio atópase a 5.036 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Lancashire, en Inglaterra, Reino Unido, situada nos contrafortes occidentais dos montes Pennines (139.491 h [1996]). A súa expansión comezou a finais do s XVIII como núcleo téxtil (tecido e fiado). Co tempo converteuse nun centro algodoeiro, elaborador de maquinaria e de aparatos de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou na Academia Naval e tomou parte na Primeira Guerra Mundial. Traballando no Cavendish Laboratory conseguiu (1925) fotografar transmutacións nucleares producidas por bombardeo de núcleos con partículas α. En 1932, de forma paralela a C. D. Anderson, detectou o positrón, anunciado teoricamente por Dirac. Estudiou a radiación cósmica e as consecuencias do uso da enerxía atómica. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1948 polo perfeccionamento da cámara de Wilson e polos descubrimentos relacionados coa Física nuclear e as radiacións cósmicas. Foi presidente da Royal Society (1965-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo indio dos blackfeet (pés negros) ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo indio dos blackfeet.

    3. Pobo algónquico composto de tres tribos que falan unha mesma lingua: os blackfeet propiamente ditos ou siksika, os piegans e os bloods. Na actualidade, teñen reducidos os seus movementos á reserva de Montana (EE UU) e ás reservas de blackfeet, bloods e piegans en Alberta (Canadá), onde manteñen a súa práctica económica tradicional: a cría de gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización relacionada coa compra, venda e comercialización de todo tipo de información nos seus múltiples aspectos. Compra e vende información utilizando criptosistemas de clave pública que ofrecen unha absoluta seguridade para os seus clientes. Non ten unha ideoloxía declarada, pero considera as leis de exportación e de patente como sistemas de control xa desfasados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Lancashire, en Inglaterra, Reino Unido, situada nunha chaira litoral, xunto ao mar de Irlanda (152.459 h [1996]). É un núcleo da industria aeronáutica, ademais de centro turístico e estación balnearia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Membro da Cámara dos Comúns en 1761 e en 1768, patrocinou a reforma do dereito penal inglés. Levou a fórmulas xurídicas as ideas de Locke e exerceu grande influencia nas colonias inglesas. A súa principal obra é Commentaries (Comentarios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das xencianáceas ao que pertence a centáurea amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO