"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

    1. Que ou quen confía a outro o coidado dos seus intereses.

    2. Que ou quen vende por medio dun comisionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil nacida en 1983 na Universidade de Santiago de Compostela, a máis antiga das que se manteñen en activo no conxunto de España. Constituídas ao abeiro da asociación Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA), axiña ampliaron a súa base organizativa con membros procedentes doutros grupos políticos de esquerda (Esquerda Galega, Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, etc), co que lograron ter presenza en todo o mapa universitario galego. Cun ideario nacionalista e de esquerdas, contan cunha longa traxectoria de loitas e reivindicacións na universidade e, conxuntamente, con outros movementos de tipo sectorial (antimilitaristas, ecoloxistas, feministas, etc). Aínda que asumen a constitución dunha organización única que represente a todos os estudiantes galegos, carece de coordinación real co ensino medio e contan coa oposición de numerosos colectivos estudiantís creados dende o reitorado (Colectivo de Independentes de Vigo, Grupo Múltiple de Santiago, etc)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos de estudiantes constituídos na Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1973, ao abeiro do Movimiento Comunista de España (MCE) e da Liga Comunista Revolucionaria (LCR). O seu obxectivo era dinamizar os estudiantes a través de asembleas, folgas ou manifestacións, en coordinación coa loita obreira e antifranquista. Malia que lograron unha destacada presenza no eido universitario, as diferentes escisións (Comités de Estudiantes en Lucha -CEL-, Comités de Estudantes Anticapitalistas -CEA-), os cambios políticos que viviu Galicia durante a transición levaron á súa disolución cara a 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter internacional xurdida despois da Revolución Sandinista de Nicaragua (1979). Entre as actividades que desenvolveu están a divulgación da situación dos países centroamericanos e a busca de apoios para as organizacións políticas ou sociais de Nicaragua, El Salvador e Guatemala, que procuraban a transformación das súas sociedades. Implicáronse posteriormente na denuncia das ditaduras chilena e arxentina e do bloqueo estadounidense sobre Cuba, ao tempo que enviaron grupos a Centroamérica para coñecer a súa realidade e colaborar materialmente en proxectos de cooperación desenvolvidos nas súas comunidades. Dende finais dos oitenta, emprenderon campañas de denuncia e mobilización sobre a inxusta orde mundial, e de apoio ás demandas de organizacións populares brasileiras, chiapanecas, timorenses, kurdas e saharauis, entre outras. No 1998 refundáronse como Comités de Solidariedade de Galiza-COSAL. Editan a revista Outrasvozes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que acompañan a un personaxe importante ou a unha autoridade.

    2. Conxunto de persoas reunidas para ir a algún lugar.

    3. Grupo de homes ligados a un xefe guerreiro, príncipe ou señor territorial por un vínculo de clientela militar. A comitiva alcanzou un gran desenvolvemento entre os pobos xermánicos; moitos homes libres uníronse a un xefe militar ou a un nobre a cambio de protección, armamento e víveres. Esta institución perviviu nos reinos xermánicos como precedente do réxime feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial dun navío, responsable técnico da navegación. Ata finais do s XVI tiña ao seu cargo comandar o navío, pero foi substituído polo capitán como xefe militar e polo patrón como responsable financeiro. As súas funcións quedaron reducidas á dirección da manobra, á propulsión do navío e ao goberno directo dos galeotes.

      2. cómitre maior

        Cómitre da capitanía nunha escuadra.

    1. Mestre ou patrón dun navío mercante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de acompañar un fenómeno a outro ou darse ao mesmo tempo.

    2. Existencia do corpo e do sangue de Cristo en cada un dos elementos da eucaristía, de xeito que se reciben os dous elementos ao comungar cunha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fenómeno que acompaña a outro, que se produce ao mesmo tempo ou que contribúe a que se produza o mesmo efecto.

    2. Causas que concorren cando se establece a proba dun feito.

    3. Gracia que o home recibe mentres obra.

    4. Son harmónico que acompaña a outro fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mitocondrias dispostas como as contas dun rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromato de ferro(III), de fórmula FeCr2O4. Pertence ao grupo das espinelas e é de cor negra agrisada. Ten dureza 5,5 e densidade 5,1. Localízase como mineral accesorio nas rochas ígneas ultrabásicas. É o único mineral importante do que se extrae o cromo e emprégase como metal de aliaxe para aceiros e como material refractario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anión de fórmula CrO 2- que se pode considerar derivado do ácido cromoso por perda do hidróxeno.

    2. Calquera sal do ácido cromoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico grego. Bispo de Corinto en 1921 e arcebispo de Atenas en 1938 e 1942. Foi desterrado polo goberno grego (1938-1941). Opúxose á ocupación alemá e protexeu os xudeus. O Rei Xurxo II nomeouno rexente de Grecia (1944-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode delimitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de delimitar.

      1. Conxunto de accións derivadas da facultade que teñen os propietarios para clarificar os límites dos seus terreos cos limítrofes dos seus veciños.

      2. delimitación administrativa

        Procedemento mediante o que a Administración pública determina os límites do dominio público ou privado. Esta actuación só establece estes límites, pero non resolve problemas de propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que delimita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer con exactitude os límites de algo.

    2. Indicar os límites dun lugar ou terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • delimitador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmitificar.

    2. Proceso que consiste en anular os mitos. O interese pola desmitificación dominou o pensamento filosófico-teolóxico de finais do s XIX e comezos do XX (desmitoloxización). Superada esta perspectiva, aceptouse que a verdadeira tarefa do pensamento non era desfacer os mitos, senón interpretalos correctamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen desmitifica.

    VER O DETALLE DO TERMO