"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Fillo de Roi Freire de Andrade e Inés González de Soutomaior. A el débeselle o prestixio inicial acadado pola casa dos Andrade. A súa actividade política e militar xira ao redor de Enrique de Trastámara: acolleuno na súa Torre de Pontedeume, facilitoulle unha nave en Ferrol e acompañouno á Corte do Rei de Francia cando este aínda era príncipe. Entre as actividades bélicas documentadas que protagonizou están: a loita contra Fernando de Castro, da casa de Lemos, en defensa do príncipe Enrique (1366); a súa participación na Batalla de Montiel, en 1369, segundo a tradición iniciada polo licenciado Molina (1550), quen engade que foi tamén o que matou a Pedro o Cruel. Enrique II dooulle os señoríos do Ferrol e Pontedeume, por privilexio do 19 de decembro de 1371, e o señorío de Vilalba, o 3 de agosto de 1373. Así mesmo, parece que conseguiu o privilexio de cuñar moeda, feito constatado pola presenza de moedas do s XIV da casa dos Andrade. Entre as obras que financiou nos seus dominios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático ganés. Graduose en Economía no seu país e completou a súa formación en EE UU e Xenebra. Ocupou diversos cargos de responsabilidade na administración do seu país e, posteriormente, na Organización Mundial da Saúde (OMS) e no Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Funcionario da ONU dende 1962, converteuse nun dos conselleiros e asistentes do secretario xeral (tanto de Javier Pérez de Cuéllar como de Butros-Gali). En 1995, actuou como representante persoal de Butros-Gali na antiga Iugoslavia, debido á súa categoría de subsecretario xeral en operacións de mantemento da paz, cargo que desempeñou cando, o 17 de decembro de 1996, foi elixido secretario xeral da ONU; iniciou o seu mandato o 1 de xaneiro de 1997 e en decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que evita a aniñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a detonación.

    2. Substancia que, engadida á gasolina, evita nos motores de explosión, a detonación espontánea mesmo a compresións elevadas. O máis utilizado é o tetretilchumbo, produto que actúa interrompendo as cadeas de reacción e ao cal se suman algúns hidrocarburos haloxenados para evitar a deposición do chumbo e do óxido de chumbo no motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás substancias utilizadas para reducir ou evitar a enérxica acción oxidante do ozono. Empréganse, sobre todo, para protexer o caucho natural ou sintético, e consisten en ceras de petróleo que actúan fisicamente formando unha película protectora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de máxima impedancia nun circuíto resonante paralelo, como por exemplo unha indutancia e un condensador conectados en paralelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Madagascar (43.046 km2; 942.410 h [1993]). A capital é Antsiranana (100.000 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que apaixona, entusiasma ou causa moito interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Montalto. Fillo natural de Fernando I de Nápoles e Diana Guardato. No 1497 recibe os feudos que pertenceran a Gian Francesco Sanseverino, perdidos no 1507 a favor de Roberto Sanseverino. Non obstante , foi sempre fiel á Casa Real de Nápoles. Casou con Castellana de Cardona, irmá do vicerrei de Nápoles Ramón de Cardona. En 1529, Carlos V nomeouno lugartenente xeral do Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui de 1721 a 1745. No seu pontificado destaca o dourado do retablo da Expectación así como a ampliación da Capela de San Telmo e a adquisición da campá grande da Catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en distintas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que cómpre salientar Yerma (1990) e Asi é, se vos parece (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre militar sublevado contra os Reis Católicos trala decapitación do mariscal Pardo de Cela, sogro seu, foi vencido polas tropas de López de Haro. Ao servizo dos Reis Católicos, participou na conquista de Granada. O bispo de Mondoñedo, de quen era sobriño, outorgoulle o morgado da súa casa de Baamonde e pasou a tomar o apelido e as armas desta liñaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Estudou piano, harmonía, contrapunto e fuga e composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. No 1971 entrou no mundo radiofónico, e dirixiu posteriormente Radio 3 e Radio 1, de RNE. Dende 1976 presentou o programa Clásicos Populares (Radio 1) do cal foi creador e director. Conferenciante e articulista, publicou en 1997 Clásicos Populares. La música clásica a través de sus genios. Recibiu o I Premio Internacional de Radio Jean Antoine Triomphe Varieté de Montecarlo e a Antena de Oro e o Tambor de Oro (Donostia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, autor teatral e guionista cinematográfico. Destaca polo tratamento, nos seus filmes, de asuntos insólitos. Na súa traxectoria cómpre destacar Mi querida señorita (1971), El nido (1980), protagonizada por Héctor Alterio, Stico (1984), coa interpretación de Fernando Fernán Gómez, Mi general (1987), Una gloria nacional (1991), Al otro lado del túnel (1994) e El palomo cojo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Especialista en cinematografía, secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Publicou diversos artigos sobre cine: O cine en Lugo no século XIXJosé Gil, pioneiro da cinematografía galega en Lugo ou O cinematógrafo na comarca chairega. En 1996 escribiu O cine en Lugo 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Xa no 2000 publica Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo (2001), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Guía do Museo Provincial de Lugo (2003), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín (2006) e O claustro franciscano do Museo Provincial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.

    VER O DETALLE DO TERMO