"Nau" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 146.
-
-
Deporte de navegación con embarcacións a motor. A federación internacional recoñece baixo este nome as competicións de motos acuáticas, off-shore, catamaráns S-550, lanchas pneumáticas PR-550 e embarcacións de radio control.
-
-
Arte de navegar a motor.
-
Utilización deportiva de lanchas motoras. Regulamentada internacionalmente pola Unión Mundial de Motonáutica, con sede en Gante, hai recoñecidas nove categorías segundo a cilindrada do motor (intraborda ou foraborda) e as características xerais da embarcación. As carreiras son de distancia variable (entre 8 e 26 km) e dispútanse en augas tranquilas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á motonáutica.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. Naturalizado estadounidense, a súa obra, de características expresionistas e realistas, amosou unha concepción pesimista da vida a través dun refinado sentido estético. Da súa filmografía destacan Sehnsucht (Desexo, 1921), Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (Nosferatu, unha sinfonía de terror, 1922), Der Letzte Mann (O derradeiro home, 1924), Faust (1926), Sunrise: A Song of Two Humans (1927, Oscar á mellor película, 1929) e Tabu (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización para a investigación aeronaútica creada en EE UU en 1915 por Willian Frederick Durand. Contribuíu ao desenvolvemento da técnica aeronaútica. En 1958 foi absorbida pola National Aeronautics and Space Administration.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Limia que nace na parroquia de Río Caldo e desemboca na parroquia de Manín, ambas as dúas no concello de Lobios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos naucóridos.
-
Insecto da familia dos naucóridos.
-
Familia de insectos cosmopolitas, da orde dos heterópteros, que inclúe especies acuáticas de corpo oval de 8 a 16 mm. As patas anteriores están adaptadas á natación. Habitan en augas estancadas con vexetación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga vila de Exipto, situada na beira esquerda do Nilo, a uns 80 km ao SL de Alexandría e preto de Sais. Corresponde ao actual Kawm al- Ǧ u’ayf. Fundárona os milesios cara a 650 a C, e non se desenvolveu plenamente ata o reinado de Amasis (570-526 a C) da dinastía XXVI, que concentrou alí o comercio grego de Exipto. Nectanebo I impuxo unha taxa sobre os mercadores que entraban na vila para favorecer o templo de Neith a Sais. Decaeu a raíz do apoxeo de Alexandría.
-
PERSOEIRO
Debuxante e gravador francés. Influído por Rembrandt e F. Goya, ilustrou, entre outras obras, Le Neuveu de Rameau de D. Diderot e Le Petit Testament e Le Grand Testament de F. Villon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico francés. Precursor de Darwin pola súa concepción da evolución orgánica, fixo numerosos experimentos de hibridación e chegou a unha serie de conclusións teóricas que achegan a súa obra á de Mendel, motivo polo que se considera un dos fundadores da xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ir unha embarcación ao fondo.
-
Sufrir alguén un naufraxio.
-
-
Non ter éxito nun negocio ou asunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sufriu un naufraxio.
-
-
-
Acción e efecto de naufragar.
-
Afundimento dunha embarcación, xeralmente pola aparición dunha ou máis vías de auga que non puideron ser reparadas. Desde o punto de vista do dereito marítimo, nestes accidentes as autoridades de mariña deben instruír sumario dentro do territorio da súa xurisdición, e se o naufraxio se produciu en augas estranxeiras, ha de ser iniciado polo cónsul correspondente. O comandante ten que manterse no barco ata perder as esperanzas de salvación e debe salvar todos os libros e a documentación.
-
-
Perda ou fracaso moi grandes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea Navagero.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Participou no movemento socialcristián e en 1896 fundou o Nationalsozialer Verein. Deputado desde 1907, foi un dos fundadores do Deutsche Demokratische Partei (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Mestre de capela da corte de Dresden, realizou óperas de estilo sentimental que presentan as características do romanticismo. Das súas composicións destacan Vater unser (Pai noso), Alessandro nelle Indie (1767) e La clemenza di Tito (1769).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Espectáculo que na Antigüidade clásica, sobre todo en Roma, reproducía un combate naval. Representados a partir de César (46 a C), foron moi frecuentes durante o s I, con Claudio, Nerón, Tito e Domiciano.
-
Edificio especialmente construído e adaptado para a celebración das naumaquias. Semellante ao anfiteatro, tiña a area máis ampla e as gradas máis baixas. Destacan as de Augusto, Domiciano e Filipo o Árabe.
-
-
PERSOEIRO
Aventureiro prusiano. Exerceu o oficio de reloxeiro no seu país, pero en 1830 compareceu en París e afirmou ser o herdeiro de Luís XVII. Foi expulsado de Francia en 1836.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do nomós de Etolia-Acarnania, Grecia, situada na costa setentrional do estreito que separa o golfo de Patras do de Corinto (8.200 h [estim 1980]). Antiga cidade da Locrida Ozolia, despois da Batalla de Egospótamos pasou a Lócrida (404 a C), aos etolios (338 a C) e, finalmente, aos romanos (191 a C). En época bizantina coñeceuse co nome de Épaklos. En 1407 pasou a poder dos venecianos, que a fortificaron, e os turcos apoderáronse dela en 1499. Nela librouse a batalla entre os otománs e a Liga Santa (Batalla de Lepanto).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do nomós de Argólida, situada en Peloponeso, Grecia (10.611 h [1981]). Situada no golfo homónimo, é un porto importante. Aliouse con Esparta durante as Guerras Mesenias e caeu en decadencia a partir do s II. Os croatas de Godofredo de Villehardouin apoderáronse dela coa axuda da frota veneciana en 1211. Os venecianos pasaron despois a ser os seus señores e fortificárona. Posesión turca (1540), reconquistárona os venecianos en 1686, e volveu a poder dos turcos en 1715. Liberada polos patriotas gregos en 1822, foi a primeira capital de Grecia independente (1822-1823) e aloxou o parlamento.
VER O DETALLE DO TERMO