"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘diaño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1868. De tendencia liberal, estaba dirixido por Esteban Quet. Saía todos os domingos. Trátase dunha publicación de carácter político que inclúe información xeral sobre a cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que se basea na crítica da experiencia pura para a eliminación dos supostos metafísicos. Desenvolvérona R. Avenarius e E. Mach.
-
-
Relativo ou pertencente ás secrecións internas das glándulas.
-
Glándula que carece de conduto excretor, polo que secreta directamente no medio interno do organismo, normalmente ao sangue, os produtos da súa secreción, para que actúen en diferentes partes do organismo. Nos mamíferos, as glándulas endócrinas son a pituitaria, a glándula adrenal, a tiroide e as glándulas paratiroides, o ovario, o testículo, a placenta e unha parte do páncreas.
-
Conxunto de órganos especializados que sintetizan hormonas e as secretan ao sangue. Os órganos principais que o compoñen son o hipotálamo, a hipófise, a tiroide, as paratiroides, o páncreas, as suprarrenais, as gónadas e a epífise. Cada un destes órganos elabora unhas hormonas determinadas, con accións específicas sobre un tecido ou outro. A regulación deste sistema realízana fundamentalmente o hipotálamo e a hipófise, mediante retroalimentación negativa; isto é, a liberación dunha hormona inhibe que esta se siga producindo. Entre outras funcións que realiza o sistema, cómpre destacar o crecemento corporal, a actividade metabólica celular, o aproveitamento das substancias nutritivas e o desenvolvemento das características sexuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en endocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a estrutura, normal e patolóxica, e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen. A súa orixe é tan antiga coma a humanidade, pero non se aceptou como ciencia ata finais do s XIX. Anatomicamente, a maioría das glándulas endócrinas xa eran coñecidas polos gregos e os romanos. As últimas en ser descubertas foron as glándulas suprarrenais (1563) e as paratiroides (1879), pero a función de todas era aínda descoñecida. No s XVIII, Albrecht von Haller describiu a tiroide, o bazo e o timo como glándulas que non tiñan condutos excretores, senón que vertían as súas substancias ao sangue. O impulso da endocrinoloxía moderna débese a Claude Bernard que, en 1855, formulou claramente o concepto de secrecións internas, definíndoas como uns produtos específicos de certos órganos que se difunden por todo o corpo e son indispensables para o mantemento das funcións vitais. Schafer sinalou que as secrecións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral para designar os transtornos das glándulas de secreción interna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que se empregaba para designar o Cretáceo Inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Eocretáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política demócrata cristiá que se presentou ás eleccións xerais de 1977. Nos inicios da transición política española, a democracia cristiá estivo dividida entre os partidarios de José María Gil Robles, membros da Federación Popular Democrática, e os de Joaquín Ruiz Giménez, vinculados á Izquierda Democrática. En xaneiro de 1976 celebrouse a primeira asemblea da formación en Madrid, xuntanza á que, xunto a estes dous partidos, acudiron representantes da Unión Democrática Galega, do Partido Nacionalista Vasco, da Unió Democrática do País Valencià e da Unió Democrática de Catalunya. O grupo contou co recoñecemento da Unión Europea Demócrata Cristiana. En marzo de 1977 produciuse a fusión definitiva dos grupos de Gil Robles e Ruiz Giménez e a consolidación do Equipo en todo o territorio estatal. En outubro dese mesmo ano incorporouse ao Partido Popular Galego (PPG). Posteriormente, a evolución do Equipo estivo caracterizada pola súa incapacidade para aceptar ás nacionalidades periféricas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de dous alcaloides illados do cornizó que compoñen a ergotoxina. Utilízase como vasoconstrictor ou oxitócico en medicina e veterinaria, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide illado do cornizó por Stoll e Burckhard en 1937, totalmente soluble en éter e insoluble en auga e éter de petróleo. Como a ergocornina, utilízase no tratamento das desordes vasculares periféricas.
-
-
Relativo ou pertencente aos eriocránidos.
-
Insecto da familia dos eriocránidos.
-
Familia de microlepidópteros. Presentan unha espiritrompa rudimentaria cunhas maxilas que non utilizan. As súas eirugas aliméntanse de follas e son ápodas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epopea nacional da Grecia sometida ao dominio turco. Composta por Vitzentzos Kornaros (citado ao final do poema) entre 1640 e 1665, consta de máis de dous mil versos e tomou como fonte de inspiración o Paris et Vienne, de Pierre de la Cypède, ademais doutras posibles influencias italianas. Describe a historia e as vicisitudes amorosas de Aretusa e Erotócrito, guerreiro continuador da tradición heroica dos gregos, que personalizou a defensa do sentimento nacional e das tradicións do pobo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1936 en Montevideo. Cesou a súa edición arredor de 1956 (nº817). A súa tendencia política era antifascista. Incluíu información sobre os exiliados e a situación do colectivo de emigrantes nos países americanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do esqueleto da cabeza que serve de soporte á parte cefálica do tubo dixestivo e, nos peixes, do aparato branquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das estruturas submicroscópicas incoloras que, por reflexión da luz, confiren cor ao organismo que as contén.