"OIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 172.
-
PERSOEIRO
Bispo de Iria Flavia (920-924). Membro dunha familia nobre, foi cabaleiro e gobernou o conmisio de Pico Sacro. Recibiu as ordes sagradas e foi abade da canónica de Iria desde 912. Consagrado bispo de Iria, foi patrón do mosteiro de San Salvador de Cinissa e de Santa Comba de Bande.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Entrada ou principio dun escrito ou oración.
-
Canto inicial da misa. Consiste nunha antífona alternada cun ou máis versos de salmo.
-
-
Entrada dunha cavidade ou dun espazo anatómico.
-
introito esofáxico
cardia.
-
introito vaxinal
Orificio vaxinal, vulva.
-
-
-
-
-
Enfrontamento violento, con ou sen armas, entre dous ou máis individuos para impor cada un a súa forza física sobre os demais.
-
loita biolóxica
Control de poboacións de organismos prexudiciais que se basea na potenciación dos inimigos naturais da especie ou na interferencia do seu ciclo biolóxico. Destacan os insectos entomófagos, organismos parasitos (virus, fungos e bacterias) e a atracción mediante feromonas sexuais cara a unha trampa como mecanismos na loita contra pragas de insectos. OBS: Tamén se denomina control biolóxico.
-
loita integrada
Control de pragas e enfermidades mediante a combinación da loita biolóxica e da loita química. OBS: Tamén se denomina control integrado.
-
loita pola existencia
Proceso de selección natural que comporta unha contenda entre os individuos dunha determinada especie co fin de conseguir alimento, parella ou vivenda, de maneira que conduce á supervivencia dos máis aptos. Este concepto, introducido seguramente por A. R. Wallace, deixou de ter un significado evolutivo, dado que o medio natural selecciona aqueles individuos que teñen unha descendencia máis numerosa e non os gañadores dunha loita cruenta.
-
loita preventiva
Sistema de loita contra pragas e enfermidades das plantas. Fai uso das medidas de control antes da aparición dos parasitos ou de que estes acaden proporcións difíciles de combinar.
-
loita química
Sistema de control das pragas e enfermidades contaxiosas das plantas coa concorrencia exclusiva de praguicidas químicos.
-
-
-
Combate sen armas entre dous contendentes en que gaña aquel que derruba ao adversario segundo unhas regras determinadas.
-
loita grecorromana
loita grecorromana.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Sarria a partir de febreiro de 1933 baixo o subtítulo “Órgano do Centro Republicano de Sarria”. Fundado por Vicente Páramo, José Sánchez Arias e Antonio Páramo, acadou gran difusión entre a poboación campesiña, xa que defendía os intereses agrarios e os postulados de A. Castelao, A. Villar Ponte ou A. Bóveda.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade mensual editada en La Habana entre decembro de 1939 e agosto de 1940. Editada baixo o subtítulo “Órgano de Hermandad Gallega”, tivo como director a Xerardo Álvarez Gallego. De carácter galeguista, defendeu a democratización da Hermandad Gallega en Cuba. Incluíu contos, poemas e ilustracións de A. Castelao e M. Maside.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual de información xeral editada en México a partir de xaneiro de 1943. Cesou no mesmo ano. Impresa por F. Mendoza e dirixida por Luís Soto, subtitulouse “Segunda época do Boletín Galego de Informazón. Editado pola Comisión Galega do PC de Hespaña”. Tratouse do primeiro xornal de tendencia comunista escrito integramente en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Bos Aires a partir de 1959 baixo o subtítulo “Movimento Galego de Liberdade Nacional”. De tendencia nacionalista e escrito en galego, defendeu a necesidade dunha acción política encamiñada a facer desaparecer o réxime franquista, para poder construír o Estado Galego e acadar o pleno desenvolvemento xeográfico, histórico e económico de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña a comezos de 1974. De tendencia obreirista, subtitulouse “Periódico das Comisións Obreiras da Coruña” e foi unha publicación de carácter reivindicativo e informativo. Empregou maioritariamente o castelán excepto nas consignas, que se escribiron en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo de Comisións Obreiras editado na Coruña a finais de 1974. Incluíu contidos políticos, que tiñan como obxectivo a defensa do sector que simpatizaba co Movemento Comunista de Galicia dentro do sindicato. Ademais, facíase un chamamento para o agrupamento dos traballadores e a loita contra o poder franquista, co gallo da conmemoración do 1º de maio.
-
-
Que ou quen loita.
-
Que manifesta unha actitude de loita.
-
Persoa que practica a loita como deporte.
-
-
-
Enfrontarse dous ou máis individuos empregando a forza.
-
Enfrontarse dúas ou máis forzas ou tendencias contrarias por conseguir algo.
-
Esforzarse por conseguir ou superar algo.
-
-
-
Dor ou aflición que se sente pola morte de alguén.
-
-
Roupa ou símbolos que se levan como sinal de dor pola morte de alguén. A cor deste varía segundo as culturas, o negro é o máis frecuente nas occidentais e o branco nas orientais. Tradicionalmente, a duración do período de loito depende do grao de parentesco que se teña co defunto.
-
alivio de loito
Loito menos rigoroso que se reflicte na introdución de cores distintas á negra, normalmente o gris.
-
-
Panos de cor negra que se colocan durante as exequias. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tributo ou obriga que apareceu na época feudal do pagamento dun canon por cada morte que acontecía no núcleo familiar. Entregábaselle ao señor a mellor cabeza de gando como condición para que os fillos se constituísen en herdeiros dos pais á morte destes. O imposto prolongouse durante a Idade Moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta perenne de forte raiceira da que saen gran cantidade de follas lanceoladas e estreitas na base, polo que semellan sentadas. As flores son de cor amarela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario de Celso Emilio Ferreiro publicado en 1962 pola editorial Salnés, en Vigo. É, sen dúbida, o libro co que este autor se consolidou publicamente como poeta e o que maior fortuna tivo, xa que se converteu nun auténtico emblema da liña poética social-realista. O éxito acadado por esta obra explícase por ser un libro de poemas de reivindicación social nun tempo en que resultaba necesario e que o propio poeta entendía como manifestación solidaria co pobo e consonte cun proceso de denuncia e un desexo de xustiza que sempre o animou no acto da escrita. Celso Emilio, pois, tende a solidarizarse cun plural colectivo, abeirándose conscientemente á queixa amarga dunha Rosalía ou dun Curros, e mesmo á obra de autores que, desde unhas perspectivas distintas, perseguen cantar desde ou para unha realidade allea e castigada historicamente, concretada nunhas referencias temáticas moi precisas como serían, no seu caso, as que atinxen á Guerra Civil Española, ao relato da represión fascista, á expresión...
-
PERSOEIRO
Ideólogo socialista. Adherido á Primeira Internacional, foi membro do comité central da Comuna de París. Publicou Socialisme intégral (1891), en que defendeu un socialismo humanista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático polaco. Nacionalizado francés, trasladouse a EE UU, onde traballou na IBM, e foi profesor de matemáticas na Universidade de Harvard. Introduciu o concepto de fractal con obras como Les objets fractals, forn, hasard et dimension (1975) e The fractal geometry of nature (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María de Antioquía.