"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos de firmas mercantís chinesas autorizadas polo goberno para intercambiar produtos cos comerciantes procedentes de Occidente desde finais do s XVII e ata a primeira Guerra do Opio, na cidade de Cantón. O dereito de comercio exclusivo confirmouse oficialmente no 1720 e, a partir de 1740, o goberno chinés obrigou a cada barco estranxeiro que chegaba a Cantón a contar coa garantía dun hong. Ao converterse Cantón no único porto chinés aberto ao comercio estranxeiro (1760), os comerciantes hong monopolizaron as vendas de té e de seda. Asociáronse (kung-hang) baixo a dirección de Hoppo, xefe da aduana marítima de Cantón, coa finalidade de fixar colectivamente os prezos. O monopolio real desapareceu en 1771 pero mantívose formalmente ata a firma do Tratado de Nanquín (1842) cando, despois da primeira Guerra do Opio, se lles ampliou aos comerciantes estranxeiros a posibilidade de comerciar con China.
-
PERSOEIRO
Escritor chinés. Comezou a súa traxectoria literaria no 1954 coa recompilación de contos Unha mañá soleada; posteriormente publicou A mañá rompe sobre o río do sur (1955) e A magnolia manchada de sangue (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Baile orixinario de Cuba no que os executantes, en filas dobres, levantan alternativamente cada tres pasos unha perna e bailan ao compás dun tambor.
-
Música deste tipo de baile.
-
-
Tipo de tambor co que se executa esta danza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cóngridos ao que pertence o congro.
-
-
Acción e efecto de conglobar ou conglobarse.
-
Figura retórica vinculada aos procesos de acumulación e enumeración que consiste na presentación dun asunto non formulado explicitamente a partir dunha sucesión de detalles, enfocados sempre desde o mesmo punto de vista. É habitual no medio xudicial como sucesión de argumentos persuasivos de índole oposta aos formulados polo interlocutor.
-
-
-
Reunir diversos corpos ou partes dun todo ata formar unha masa comprimida e redondeada.
-
Reunirse diversos corpos ou partes dun todo ata formar unha masa comprimida e redondeada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de conglomerar ou conglomerarse.
-
-
de conglomerar.
-
Masa formada por fragmentos de diversos minerais e rochas, cimentadas por algunha substancia aglomerante natural ou artificial.
-
Rocha sedimentaria detrítica constituída por fragmentos que teñen a súa orixe noutras rochas preexistentes, arrincados pola acción dos axentes erosivos e, posteriormente, sedimentados (proceso de diaxénese). O tamaño e número de grans que forman os conglomerados poden ser moi diversos; a masa que une os diferentes grans que integran a rocha denomínase matriz.
-
Reunión ou conxunto informe de cousas inmateriais.
-
-
-
Reunir diversos corpos ou fragmentos dun corpo formando unha masa compacta.
-
Agruparse fragmentos ou corpúsculos dunha mesma ou de diversas substancias, de xeito que resulte unha masa compacta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de conglutinar ou conglutinarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen conglutina.
-
-
Xuntar os fragmentos dun órgano, xeralmente mediante unha substancia glutinosa.
-
Unirse entre si os fragmentos dun órgano, xeralmente mediante unha substancia glutinosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
kongo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Zaire Río da África ecuatorial que desemboca no Océano Atlántico logo dun percorrido de 4.371 km. Discorre principalmente pola República Democrática do Congo, na zona intertropical, drenando a cubeta á que lle dá nome. Ten moita regularidade e un gran caudal, por mor da elevada pluviosidade e alimentación que lle proporcionan os seus afluentes (Ubangui, Aruwimi e Kasai). É o segundo río máis caudaloso do mundo, despois do Amazonas. Nace nos contrafortes dos montes Kundelungu, ao S de Shaba, e segue a dirección S-N ata chegar aproximadamente ao Ecuador, onde cambia a súa dirección cara ao O; aquí toma o nome de Lualaba. Finalmente desemboca en Boma. Diogo Cão foi o primeiro en descubrir (1482-1484) o esteiro do Congo. No 1870, David Livingstone explorou as fontes do Congo e chegou ata o río Lualaba; entre 1874 e 1877 Henry M. Stanley navegou por el ata chegar á súa desembocadura. O feito de ser un río navegable ata o interior, fixo do Congo un elemento importante na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que a partir de 1908 recibiu o Estado Libre do Congo ao ser anexionado a Bélxica. Permaneceu así ata 1960, ano no que accedeu á independencia co nome de República Democrática do Congo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión tectónica de África ecuatorial drenada polo río Congo e polos seus afluentes e dividida politicamente entre a República Democrática do Congo e a República do Congo. Ocupa unha superficie aproximada de 3.500.000 km2. Tectonicamente é un bloque fundido de zócolo cristalino, cuberto por unha serie de estratos sedimentarios, no centro do que destacan as terrazas fluviais do río Congo. A súa conca está separada das rexións circundantes por unha serie de altiplanos e macizos graduados. O clima, que é ecuatorial, propicia unha vexetación de selva, especialmente na súa parte central, mentres que a sabana e o bosque en galería esténdense ás areas periféricas. A súa fauna tamén responde a esta sectorialización: así, a selva é rica en simios antropomorfos e paxaros; nas rexións máis abertas habitan os grandes hervíboros. Os principais grupos étnicos que poboan esta rexión son os bantús e os pigmeos, que se organizan en pequenas comunidades. Coa colonización europea desenvolvéronse...
-
REINOS
Antigo estado que se estendía aproximadamente pola cidade de Loango, na actual República do Congo, e o lago Pool Malébo ao N; o río Cuango ao L, e a cidade angolana de Luanda ao S. Fundouse a comezos do s XIV. No s XV entrou en contacto con Portugal, que exerceu alí unha intensa influencia. En 1490, o seu monarca converteuse ao cristianismo. Nos comezos do s XVI, o reino constituía un importante mercado de escravos, feito que orixinou repetidas tentativas por parte da monarquía congolesa para fuxir do influxo colonial. En 1668, porén, o rei foi derrotado polos portugueses e o seu reino quedou dentro da órbita política portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África ecuatorial, que limita ao N coa República Centroafricana, ao NL con Sudán, ao L con Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania, ao S con Zambia e Angola, ao SO con Cabinda e ao O cunha estreita franxa do Océano Atlántico e a República do Congo (2.344.858 km2; 43.139.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 5°N-13°S de latitude e os 12°-31° de lonxitude L. A capital é Kinshasa.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O territorio ocupa a maior parte da depresión tectónica da Cubeta do Congo. O centro está constituído por unha chaira de máis de 700.000 km2, cuberta de capas sedimentarias antigas e recentes; estas últimas localízanse sobre todo ao longo dos ríos. A altitude media da chaira é de 600 m, e o punto máis baixo é o lago Tumba (350 m). Circundan a depresión unha serie de altiplanos e dorsais periféricas formadas por rochas cristalinas e xistosas do antigo zócolo, cubertas de arxilas nas zonas dos altiplanos,... -
ENTRADA LARGA
Estado de África ecuatorial que limita ao N con Camerún e a República Centroafricana, ao L e ao S coa República Democrática do Congo, ao SO con Cabinda (Angola), ao S con Angola e ao O con Gabón e o Océano Atlántico (342.000 km2; 2.758.000 h [1998]). Esténdense entre os 4° N 5° S de latitude e os 11° 18° de lonxitude L. A súa capital é Brazzaville.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
A estreita fachada atlántica da República do Congo comprende unha chaira litoral de materiais aluviais dun centenar de quilómetros de longo, que se eleva lentamente cara aos macizos precámbricos de Chaillou e Mayombe, cunha altura media de 550 m. Este sector de pregamento transfórmase nun conxunto de altiplanos que separan as concas dos ríos Congo e Ogooué. A rexión central está ocupada polo val do río Niari. Cara ao N esténdese unha rexión de terras altas, coa meseta de Batéké atravesada por numerosos afluentes dos ríos Congo e Ubangui. No resto do... -
-
Relativo ou pertencente ao Congo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Congo.
-