"ORGA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
PERSOEIRO
Bispo de Astorga (1061-1065). Foi monxe nun mosteiro de Sahagún. Fernando I confioulle a misión de traer de Sevilla a León as reliquias de santo Isidoro. Está soterrado na igrexa de Santa Marta de Astorga. A súa festividade celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Republicana Galega Autónoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón con ligamento de tafetá, moito máis fino e transparente ca a muselina de algodón, cunha gran rixidez e transparencia, que se emprega especialmente na confección de vestidos, blusas e cortinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica ou arranxa órganos musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera parte da célula que ten unha función determinada.
-
-
Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.
-
Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
-
Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.
-
Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao organicismo.
-
Partidario do organicismo.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos.
-
Relativo ou pertencente aos seres organizados.
-
-
Que está constituído por diferentes partes que desempeñan unha función coordinada en conxunto.
-
Relativo ou pertencente aos compostos do carbono.
-
Aplícase, por oposición a funcional, ao trastorno ou á síndrome que van acompañados de alteracións anatómicas.
-
-
Relativo ou pertencente aos órganos constitucionais e lexislativos dun estado ou entidade.
-
lei orgánica
lei orgánica.
-
-
Arquitectura que trata de organizar as partes dunha construción en consonancia co conxunto da obra e desta coa paisaxe e o contorno. Avar Aalto e Eric Gunnar Asplund, coas escolas finlandesa e sueca, tipificaron esta tendencia da arquitectura do s XX; pero a obra organicista máis importante é a realizada polo estadounidense Frank Lloyd Wright.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica e esquemática da organización dunha empresa ou institución. O seu obxectivo é identificar as relacións entre os diferentes elementos e a función específica de cada un deles. Para que sexa un elemento efectivo de racionalización na organización da empresa, o tipo de relación entre elementos establécese segundo a orde xerárquica e de subordinación e debe reflectir tamén a súa dependencia técnica por evidenciar as coordinacións necesarias e evitar as dobres competencias.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Padrón a partir de 1883. Subtitulouse “Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño” e logo “Periódico humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño”. Saíu dúas veces ao mes para logo aumentar a tres. Fundouno e dirixiuno Paulo Pérez Costanti, e incluíu artigos sarcásticos e poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar de europeos residentes en Alxeria, fundada para opoñerse á independencia da colonia. Cando o goberno francés e o Front de Libération Nationale asinaron o armisticio de marzo de 1962, intentou frear o éxodo de pieds-noir cara a Europa.
-
-
-
Entidade biolóxica unicelular ou pluricelular, animal ou vexetal, normalmente capaz de facer un ciclo vital completo, é dicir, nacer, crecer e reproducirse.
-
Conxunto de órganos que funcionan coordinadamente formando un todo individual con vida propia e diferenciado do resto do mundo exterior a el.
-
Corpo humano.
-
-
-
Conxunto de persoas organizado ou constituído dunha maneira conscientemente apta para unha finalidade social.
-
Conxunto de oficinas, dependencias ou empresas que forman un corpo ou unha institución de tipo social ou político.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o órgano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento medieval de corda que se toca dándolle voltas, coa axuda dunha manivela, a unha roda que fai vibrar as súas cordas. Este instrumento medieval presenta moitas interrogantes respecto da súa orixe, aínda que algúns autores afirman que pode ser unha derivación do monocordio pitagórico. No Códice Calixtino aparece mencionado co nome de rota britannica, un instrumento que estaba formado por unha caixa acústica en forma de oito e un mastro alongado en que se introducían as cordas. Debido á complexidade do seu sistema, o instrumento tiña que ser manipulado por dous músicos. Un deles era o encargado de mover a roda de forma continuada para conseguir un son uniforme e outro era o encargado de accionar as espadelas que producían a melodía. Evolucionou musicalmente cara a outros instrumentos, como a zanfona. En Galicia existen boas representacións iconográficas deste instrumento, todas de época medieval, entre elas, a representación que fixo o Mestre Mateo no Pórtico da...
-
VER O DETALLE DO TERMO
organizable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode organizar.
-
-
Acción e efecto de organizar ou organizarse.
-
-
Maneira de estar constituído un conxunto ou xeito como funciona.
-
Maneira de estar constituído un ser vivo.
-
-
Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.
-
Conxunto de órganos e dependencias en que se estrutura a Administracion Pública. As normas de organización determinan as competencias e os principios de relación entre os diferentes órganos.
-
Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, sistematizadas por F. W. Taylor no derradeiro decenio do s XIX. As súas características fundamentais son, en primeiro lugar, a análise sistemática, realizada por técnicos especializados, das diferentes operacións que han de realizar os traballadores, o que comporta unha gran separación entre o pensamento e a execución do traballo. En segundo lugar, a avaliación dos lugares de traballo e a súa asignación aos traballadores mellor dotados para cada un, a simplificación das tarefas que corresponden a cada lugar de traballo, que achegou, sobre todo nun primeiro momento, a creación dun gran número de especialistas en detrimento dos oficios clásicos e dos obreiros polivalentes. En terceiro lugar, a busca dunha cooperación entre a dirección e os traballadores na marcha da empresa, sen pór en cuestión a estrutura xerárquica. E, en cuarto e último lugar, o establecemento da remuneración dos traballadores en relación a uns...
-
Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, espazo urbano, espazo rural, infraestruturas ou parques.
-
Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son de tipo impersoal e indirectas, e o papel de cada individuo é escollido segundo a súa eficiencia e a súa efectividade.
-
Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa co fin de conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto fundado en Ferrol en 1951. O seu primeiro presidente foi Jaime López Pérez, e competiu como equipo xuvenil ata 1957. Ascendeu a Primeira División na tempada 1979-1980. Despois de sete anos na máxima categoría, descendeu a Primeira División B. Logrou de novo o ascenso á liga ACB na tempada 1987-1988, onde permaneceu ata 1993-1994. Participou en tres edicións da Copa Korac (1981-1982, 1982-1983 e 1984-1985) e en 1995 cedeu os seus dereitos deportivos ao C.B.Galicia de Ferrol.