"Obre" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 296.
-
MUNICIPIOS
Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontellas (Betanzos). Realizada en cachotería de granito, a súa planta achégase á forma dun L e conserva unha torre que sobresae en altura, remodelada a principios do s XX. Está rodeado por un muro e conserva construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten nobreza nin dignidade moral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica aparecida en xaneiro de 1983, editada polo departamento de Psicoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu artigos en que analizaba actitudes e comportamentos sociais, teorías da aprendizaxe, métodos de avaliación, bibliografía e cadros estatísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno grupo político español fundado en 1973 por elementos separados do grupo Comunismo. Como sección española do Comité Internacional da IV Internacional e trotskista, defendía un programa ultrarradical, baseado nunha república soviética de campesiños e obreiros.
-
RIOS
Río de Catalunya que nace no Pireneo Oriental e desemboca no Mar Mediterráneo, no Prat de Llobregat, 5 kms ao S de Barcelona, logo dun percorrido de 170 km en dirección N-S. Rega unha conca de 5.110 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é escuro ou sombrizo, polo que provoca tristura ou mesmo medo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo de Comisións Obreiras editado na Coruña a finais de 1974. Incluíu contidos políticos, que tiñan como obxectivo a defensa do sector que simpatizaba co Movemento Comunista de Galicia dentro do sindicato. Ademais, facíase un chamamento para o agrupamento dos traballadores e a loita contra o poder franquista, co gallo da conmemoración do 1º de maio.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de xullo de 1883, e que cesou en 1887. De tendencia anarquista, estivo dirixida por Pedro Barreiro. Aínda que se presentaba como semanario, a súa aparición foi irregular. Tivo dúas etapas; na primeira, ata 1884, exerceu como voceiro da “Sociedade de Carpinteiros”, mentres que na segunda, entre maio de 1886 e xaneiro de 1887, representou a Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi a primeira publicación galega claramente anarquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oceiro do grupo libertario ferrolán “13 de Octubre”, imprentado na cidade departamental durante a primavera de 1912. Publicáronse sete números e foi substituído ese mesmo ano polo periódico quincenal Cultura Libertaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parella de raios lumínicos que aparecen na difusión da luz que atravesa un gas sometido a flutuacións de presión.
-
-
Que manobra con facilidade, xeralmente o barco e as tropas militares.
-
Que manobra con malicia para conseguir algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Episodio da conquista do poder por B. Mussolini en Italia. Co apoio tácito das forzas armadas, 40.000 camisas negras converxeron a partir do 28 de outubro de 1922 sobre Roma. O goberno de Luigi Facta presentou a dimisión e Mussolini recibiu o mandato do monarca Víctor Manuel III de Italia de formar goberno.
-
GALICIA
Escritora e profesora. Doutora en Filosofía e militante feminista, é membro do consello de redacción da revista Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas, do Seminario de Estudos Galegos, cofundadora da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo e membro da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía. Escribiu A cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (1982), Debates ideolóxicos na Compostela do s XIX (1995), O Kraussismo en Galicia e Portugal (1995), A cuestión de xénero e a marxinación (1997) e Luce Irigaray (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recurso estilístico da lírica galega-portuguesa medieval que consiste na repetición, tanto en posición de rima como en posición interna, dunha palabra con variación morfolóxica en todas as cobras da cantiga e na fiinda. Existe mordobre imperfecto cando este procedemento non se verifica en todas as estrofas ou se presenta a distinta altura estrutural.
-
DIARIOS
Diario e órgano informativo do Partido Comunista de España. Fundado como publicación independente en agosto de 1930, converteuse en diario e órgano oficial do PCE en novembro de 1931. Foi suspendido despois dos acontecementos de outubro de 1934 e reapareceu en xaneiro de 1936. Continuou coa publicación clandestina ata finais de 1978, e desde entón ten periodicidade mensual.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que posúe unhas calidades morais que o definen como unha persoa íntegra que actúa segundo os principios da honradez, a honestidade e a distinción.
-
Que é propio da persoa ou o animal nobre.
-
-
-
Que ou quen por nacenza ou graza do soberano, pertence a unha clase social considerada distinta dos simples cidadáns e que goza de preeminencias hereditarias.
-
Membro da nobreza.
-
Tratamento honorífico que se lles dá aos magnates, baróns ou títulos, e aos seus fillos e descendentes e, en xeral, a todos os que gozaban de privilexio de nobre.
-
Membro da nobreza non titulada, a partir da fin do s XIV, nunha situación intermedia entre os magnates ou baróns e os cabaleiros. Denomináronse tamén, na Idade Moderna, dons.
-
-
Que é superior aos outros membros da súa mesma clase ou especie polas súas calidades excepcionais.
-
-
...
-
-