"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

    1. Actividade do consultor ou dunha entidade consultora.

    2. Despacho do consultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficina onde se leva a contabilidade dun determinado establecemento ou empresa.

    2. Oficina que leva o control de gastos militares.

    3. Institución antecesora do rexistro da propiedade.

    4. Oficina que leva as contas e a administración das contribucións e rendas públicas na provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno destinado a administrar as finanzas do reino de Castela e a intervir as contas dos funcionarios públicos. A contadoría organizouse en 1476 e reformouse en 1523, 1544 e 1568. A creación do Consello de Facenda en 1523 limitou as súas funcións, ata que en 1602 as asimilou. Ao comezo do s XVIII foi substituída por outros organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de convocar.

    2. Anuncio ou aviso co que se convoca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado no val do río Alagón (11.900 h [1996]). É un centro comercial de produtos agrícolas (algodón, tabaco, cereais e hortalizas) e gandeiros (bovino e porcino). A maior parte das industrias derivan do sector primario. Capital dos vetóns, recibiu o nome de Caurium durante a época romana. Foi sé episcopal visigoda e, trala dominación romana, reconquistouna Afonso VII. A cidade conserva as murallas romanas reconstruídas na Idade Media. A catedral, do s XII, reformouse no s XVI baixo a dirección de Pedro de Ibarra, a quen se lle atribúe a portada principal de estilo plateresco. Destaca, tamén, o castelo do s XV de planta pentagonal e o palacio episcopal do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (23.362 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, oliveiras e froiteiras) e a gandería (vacúa, porcina e touros de lida). O sector industrial está representado por pequenas fábricas de material de construción, conxelados e plásticos. Da época romana consérvanse numerosos restos, entre os que destaca un cipo da ermida de Vera-Cruz ou de San Bautista, de planta mudéxar. Cómpre salientar tamén a igrexa de Nuestra Señora de la Iglesia, mudéxar, reformada nos ss XVII e XVIII, a torre árabe de los Cerveros e o xacemento arqueolóxico de Cerro de San Juan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudos no conservatorio de Madrid e, posteriormente, foi discípulo de A. Arias, Juan Hidalgo e Marchetti. Delegado xeral da Orquestra e coro de RTVE, é autor das pezas Falla Revisited (1973), Ancora una volta (1973), Música de septiembre (1975) e Una modesta proposición (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coiro.

    2. De textura semellante ao coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao verso no que se utilizan coriambos.

    2. Aplícase á composición poética escrita en coriambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé de catro sílabas, da métrica grecolatina, formado por un troqueo e un iambo; isto é, de dúas sílabas breves entre dúas longas. Era preferentemente un ritmo de danza. Empregárono sobre todo os tráxicos e os poetas da lírica coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da familia das coriariáceas. Ten como único representante en Europa a especie C. myrtifolia, un arbusto de ata 3 m de altura, glabro, con pólas tetrágonas, follas xeralmente opostas, ovadas enteiras, flores pequenas verdosas e dispostas en pólas axilares e terminais, e froito formado por cinco núculas negras e brillantes envoltas polos pétalos e os sépalos que se volven carnosos e de cor púrpura escura. É propia da rexión mediterránea oriental, onde, os froitos se empregaron como medicinais malia provocar intoxicacións por mor da presenza da coriamirtina. As follas, unha vez secas e moídas, utilízanse para curtir peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás coriariáceas.

    2. Herba ou arbusto da familia das coriariáceas.

    3. Familia de herbas ou arbustos da orde das ranunculais, integrada por media ducia de especies de follas simples, enteiras, opostas ou verticiladas, con flores actinomorfas, unisexuais ou hermafroditas, pentámeras e solitarias ou dispostas en acios, e froitos en drupa. Propia de zonas temperadas ou cálidas, comprende só o xénero Coriaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorio de xurisdición do corrixidor. Xurdiu como demarcación territorial a partir dos Reis Católicos. Cada unha estaba constituída por unha cidade, que actuaba como capital, e a súa correspondente tierra ou alfoz. Este sistema aplicouse exclusivamente ao reguengo, polo que quedaron excluídos os señoríos. Xa en tempos dos Reis Católicos houbo unha rede de corrixidorías en Castela, especialmente ao N do Tajo, onde se localizaban os municipios máis poderosos. Pola contra, é significativa a súa escaseza en Galicia e nas rexións murciana e estremeña. Non constituíron un modelo eficaz de división administrativa, por mor da cantidade de señoríos e vilas libres que quedaron fóra da súa xurisdición. En 1610, o Consello de Castela agrupounas en cinco partidos e a superintendencia destas asignóuselle á Sala de Gobernación do Consello de Castela. O Decreto de Nueva Planta estendeu o sistema aos reinos da Coroa de Aragón, polo que aumentaron a dez o número de partidos. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento onde se vende carne.

    2. Lugar onde se mata o gando para o consumo humano. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde irás boi, que non aras, senón a cortadoría?”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto galego do s XIV que se conserva no manuscrito 10.233 da Biblioteca Nacional de Madrid, ao que lle falta o primeiro caderno (con 8 folios). É unha tradución da Crónica Troyana castelá de Afonso XI e foi mandada traducir polo conde Fernán Pérez de Andrade o Bo. Fíxose en Betanzos ou Pontedeume, no escritorio de Fernán Martís, capelán do conde, e concluíuse o 20 de xaneiro de 1373; no proceso de copia interviñeron, amais do crego, outros escribas. Entre 1155 e 1165 Benoît de Sainte-Maure escribiu en Francia o Roman de Troie, obra en verso que comeza coa conquista do vélaro de ouro e remata coa morte de Ulises, seguindo textos latinos que contiñan refundicións dos textos épicos gregos e adaptando a historia ao gusto medieval. Do texto en verso fixéronse versións en prosa, que chegaron á Península, pero, xunto a elas, o poema de Sainte-Maure tamén circulou por Castela (utilizouse, por exemplo, na General Estoria de Afonso X) e por Portugal (ou Galicia), onde se fixo unha versión,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Historia narrada segundo a orde estritamente cronolóxica dos feitos e dos personaxes.

    2. Narración oral ordenada dos acontecementos recentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista científica dedicada ao estudo da historia medieval da Península Ibérica, fundada en Bos Aires en 1944 por Claudio Sánchez Albornoz. Cesou a súa publicación en 1981. Editada polo Instituto de Historia de España, impulsou de maneira decisiva os estudios -especialmente de historia política e institucionais- dos reinos de Asturias, Castela e León na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de curador.

    2. Institución xurídica que ten por obxecto a protección dos intereses dos menores emancipados en situación de orfandade absoluta, dos incapacitados e dos declarados pródigos pola autoridade xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO