"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
PERSOEIRO
Escritor, militar e político. Foi ministro da Mariña e Ultramar, deputado e presidente da Junta do Crédito Público. Escribiu, entre outras obras, Poema da mocidade (1865), Tristezas à beira mar (1866), A mantilha de Beatriz (1878) e unha História de Portugal (1869-1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cogomelo de fungos do xénero Agaricus, de consistencia carnosa, con sombreiro branco ou acastañado, convexo ou plano, e de superficie finamente fibrosa e escamosa con láminas rosas, que cando madurecen se volven negras, e cun anel na parte superior do pé. En Galicia son frecuentes os cogomelos das especies: A. arvensis, en prados, de cheiro anisado e carne que se volve amarela ao corte, bo comestible; A. campestris, en prados, con carne branca que vira lixeiramente a rosa ao cortala, excelente comestible; A. silvaticus, localizada fundamentalmente baixo dos piñeiros, con carne que avermella, comestible; e A. xanthodermus, baixo dos carballos, con carne tóxica e cheiro desagradable que amarelece. A maior parte dos champiñóns consumidos en Galicia proceden do cultivo en instalacións específicas aínda que se considera que os silvestres son máis saborosos. Consómese novo, xa que resulta de mellor dixestión, tanto cru (en ensaladas, por exemplo) como...
-
GALICIA
Escritor e presbítero. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu tamén como colaborador de prensa. Publicou, entre outras obras, Curso de lengua portuguesa (1936), Curso elemental de lengua latina (1941), Cien frases ante la muerte (1945) e Pastor Díaz dentro del Romanticismo (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou no teatro na compañía Abrente, inserida na asociación homónima, promotora das Mostras de Teatro en Galego Abrente de Ribadavia, e da que foi presidente. Entre 1969 e 1974 interpretou con este grupo obras de Alejandro Casona e Jorge Díaz. A partir de 1978 e ata 1985 pasou a formar parte de Teatro Artello, onde participou nas montaxes: Tarará chis-pum, a partir dunha creación colectiva; Pic-nic, de Fernando Arrabal; As nubes, de Aristófanes; A cantante calva, de Ionesco; Celtas sen filtro, de Méndez Ferrín; e Gulliver F.M., de Antón Reixa. Tamén traballou no Centro Dramático Galego, institución da que foi director en 1986 e 1987, e representou Agasallo de sombras, de Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao; As tres irmás, de Čekhov; As alegres casadas, de Shakespeare; O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro; Un soño de verán, de Shakespeare; e Valle-Inclán 98. No ano 1988 fundou a Compañía de Ernesto Chao coa que realizou unha soa obra: O coronel...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. De formación autodidacta, comezou a expoñer en Vigo no ano 1971. Na súa produción pitórica, en óleo ou acuarela, interesouse pola temática da vida cotiá: paisaxes campestres (Vista do delta do Miño), motivos mariñeiros (Mariscadoras na Ría), e a relixiosidade popular a través das escenas de romarías ou retratos de santos e de familiares (Tarde de merenda). No eido escultórico destaca o seu interese polo tratamento da figura humana en diferentes soportes como a madeira, o barro ou a pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado antigo usado polas mulleres, composto por unha sola grosa de cortiza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de chapinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltar un líquido ao movelo ou ao introducir nel algunha cousa.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Realizou estudios musicais con Wojciech Zywny e Jósef Elsner e posteriormente ingresou no conservatorio de Varsovia. Deu os seus primeiros concertos entre os anos 1829 e 1830, e instalouse definitivamente en París no 1831, no centro do romanticismo francés, onde desenvolveu unha intensa actividade como compositor, concertista e profesor da aristocracia; neste país relacionouse con Liszt, Berlioz, Bellini e Rossini, entre outros músicos. Nesta cidade coñeceu a George Sand, escritora coa que mantivo unha relación e coa que se trasladou a Mallorca en 1838 para realizar unha cura de repouso na cartuxa de Valldemossa. En 1848 realizou unha xira por Inglaterra e Escocia, e despois dalgúns meses de inactividade morreu en París. Considerado como un dos grandes compositores para piano, do que extraeu todas as posibilidades técnicas e expresivas, innovou a súa técnica, enriqueceu a dixitación (o terceiro dedo pasou para o quinto) e modificou o uso do pedal. Agás algunhas obras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Útil lítico realizado sobre coio que mostra sinais de tallado por dúas caras, unha aresta cortante na parte distal e conserva unha ampla superficie corticada. Xunto co chopper foi considerado o artefacto básico da pebble culture, aínda que aparece en xacementos posteriores.
-
-
Medida de capacidade para áridos que equivale a un ferrado. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia equivale a medio ferrado, como en Caldas de Reis, ou a tres ferrados, como en Verín. Ex: Levei tres choupíns de trigo para moer.
-
eiga de pequenas dimensións.
-
Artefacto pirotécnico composto dun cartucho cheo de pólvora e dunha vara que, ao prendelo, estoupa no aire cun forte balbordo.
-
Nome co que se coñece algúns cogomelos, especialmente os dos fungos do xénero Macrolepiota.
-
-
REPUBLICAS
Estado creado no N de Italia por Napoleón Bonaparte, o 29 de xuño de 1797, con territorios conquistados aos austríacos ou separados da República de Venecia. O 17 de xullo de 1797 incrementou o seu territorio coa incorporación da República Cispadana e as anexións de territorios pertencentes aos Estados Pontificios; nese momento comprendía a maior parte das actuais rexións da Lombardía e Emilia-Romaña (agás Parma) e a franxa occidental de Venecia. O novo estado recibiu o recoñecemento de Austria polo Tratado de Campoformio (17.10.1797), estableceu a súa capital en Milán, divididiuse en departamentos, dotouse dunha Constitución baseada no modelo francés e organizou un exército de tropas francesas. Para sufocar as loitas e enfrontamentos internos e trala Batalla de Marengo, Napoleón impuxo a súa hexemonía sobre a República Cisalpina, que pasou a denominarse República Italiana (25.1.1802). No 1805 converteuse en Reino de Italia, con Napoleón como xefe do estado. Despois da derrota napoleónica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte entre Roma e os Alpes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade comercial por accións, constituída en 1733 por iniciativa do comerciante gaditano Manuel de Arriaga, que monopolizou o comercio con Filipinas. En 1783, Carlos III autorizou o banqueiro Cabarrús a ampliar o capital e outorgoulle o privilexio de comerciar con África, as Indias e Filipinas. Trala Guerra da Independencia decaeu ata a súa disolución en 1834.
-
-
Que amosa complicidade.
-
-
Persoa que auxilia o delito que van perpetrar outros, aos que axuda con actos de preparación ou simultáneos, pero sen tomar parte directa nin necesaria na execución do mesmo.
-
Quen participa nalgunha cousa sen actuar directamente.
-
-
-
FAMILIAS
Familia de escultores, orixinaria dos Países Baixos, que estivo activa en Toledo no s XVI. Diego Copín de Holanda (?-1542?), traballou no retablo maior (1500) e no sepulcro dos Reyes Viejos (1507-1509) da catedral toledana. Na porta de Los Leones contou coa axuda do seu fillo Miguel Copín para o entallado das portas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir feminina, moi axustada ao corpo e xeralmente sen mangas, que cingue o tronco ata a cintura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro da parroquia e concello de Muxía; ao SL aséntase a vila homónima. De litoloxía granítica de época hercínica, o seu cumio acada os 68 m de altitude a 200 m da liña de costa.
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Camariñas, no litoral da parroquia de Moraime (concello de Muxía), situada ao L da vila de Muxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín). Segundo conta a lenda, no s VIII viviu no monte Carrio un ermitán que lles falaba aos campesiños do lugar da grandeza e das bondades da Virxe. Cando o ermitán morreu, os veciños soterraron o seu corpo na ermida de Santo Adrián, onde acudían a venerar a Virxe e o corpo incorrupto do ermitán, que comezou a ser coñecido como corpo santo, designación da que deriva o seu nome. Trala razzia de Almanzor, desapareceu a ermida. No s XII, uns pastores refuxiáronse dunha tormenta nas ruínas da ermida onde, cegados por unha luz, viron a imaxe da Virxe co Neno e cun ramo de flores. Os veciños non creron os rapaces e estes regresaron á ermida, onde volveu aparecer a Virxe. O pobo acudiu o 24 de xuño en procesión á ermida, a Virxe apareceu por derradeira vez e comezaron a sucederse os milagres. Dende entón celébrase a romaría da Virxe do Corpiño os días 23 e 24 de xuño, á que acudían os devotos para curarse dos meigallos e das enfermidades...